Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A., con nº de código 3602622, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, en data 3-11-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

Capítulo I

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S.A. e os seus traballadores adscritos ó centro de traballo, sito en Chapela-Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo abrange a todo o persoal do cadro nas súas diferentes categorías profesionais existente no momento da súa sinatura nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002 cun período de duración ata o 31-12-2002, e será denunciado por escrito, polo menos cun mes de anticipación á data do seu vencemento. En caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan.

Este convenio colectivo concértase entre Pescanova Chapela, S.A., representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera, José Fafián Seijo, Francisco Taboada Costas e o comité de empresa da mesma, como representación legal dos traballadores, composto polos membros abaixo asinantes.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia do convenio e por disposicións legais puidesen establecerse.

Agás o especificado no artigo 23º deste convenio, no relativo á prima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ó convenio viñese disfrutando dalgún ou algunhas condicións máis beneficiosas, deberán conservalas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, o secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

No caso de existiren discrepancias entre as partes e non lograr chegarse a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respetando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da dirección da empresa e, por delegación, dos seus mandos ou representantes legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicarase ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Contratación temporal.

Poderanse efectuar contratacións temporais segundo as modalidades contempladas no artigo 15 ET e disposicións de carácter xeral, cumprindo os requisitos e formalidades contidas nesa normativa.

Polo que se refire ó contrato temporal derivado das circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, será de aplicación o disposto no convenio colectivo de ámbito estatal para á industria de conservas, no que se refire á súa duración máxima, que será de 9 meses nun período de 12.

En canto ós contratos temporais para a realización dunha obra ou servicios determinados, consideraranse como traballos que poidan cubrirse con contratos desta natureza, entre outros, os seguintes:

* Construcción, ampliación, rehabilitación e reparación de obras en xeral.

* Montaxe, posta en marcha e reparación de maquinaria e equipamento; instalación.

* Actividades relativas a procesos organizativos industriais, comerciais, administrativos e de servicios, tales como:

-Centralización, agrupación de tarefas dispersas.

-Control de calidade.

-Investigación e desenvolvemento.

-Novo producto ou servicio.

-Apertura de novos mercados.

-Implantación, modificación ou substitución de sistemas informáticos, contables, administrativos e de xestión.

-Outras actividades que por analoxía sexan equiparables ás anteriores.

-A duración deste contrato será a das obras ou servicios que o xustifiquen pero, se transcorridos dous anos, se tivese consolidado o traballador por calquera das causas descritas, transformarase o seu contrato en indefinido.

A subcontratación de obras e servicios poderá realizarse nos termos previstos no artigo 42 ET pero sempre que teña plena ocupación todo o persoal fixo da empresa.

Artigo 10º.-Contratos formativos.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ó contrato para a formación, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente, obxectivo ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato para a formación:

* Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

* Prórroga: mínima de 6 meses.

* Idade: de 16 a 21 anos.

* Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

* Titor: cada dous traballadores, como máximo, terán un titor que teña, como mínimo, o nivel de cualificación que debe adquiri-lo traballador.

* Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio. e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número destes traballadores non superá o 5% do persoal fixo.

Artigo 11º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal a que se refire o artigo 14 deste convenio, en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndo-lle o emprego, en todo caso se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, darase difusión nos taboleiros de anuncios.

O comité de empresa participará, conforme o establecido no artigo 6º, no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

Artigo 12º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, conforme a seguinte escala:

* Técnicos titulados: seis meses.

* Titulados grao superior, contrato prácticas: dous meses.

* Titulados grao medio, contratos prácticas: un mes.

* Contratos de aprendizaxe: quince días.

* Resto do persoal: quince días.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador como a empresa poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen aviso previo nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador teña xa desempeñado as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará, durante o período de proba, da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 13º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectural diminuída por causa da idade ou outros inconvenientes ocurridos antes da súa xubilación en destinos axeitados ás súas condicións reais, no caso de que existiren estes postos. Igual criterio se seguirá con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Para isto terán en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: oficinas de sección industrial, almacén de sección industrial, control de calidade, aseos e vestiarios, podendo cubri-la empresa, entrementres, provisionalmente os ditos postos durante un período máximo de quince días.

Artigo 14º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Pescanova Chapela, S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respeten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de enderezo, e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberá comunicarse ós afectados e ó comité de empresa cunha anticipación de 30 días naturais, agás acordo noutro senso.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova, S.A.

O seu réxime económico será o vixente na empresa de novo destino, pero conservará, en todo caso, como garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

En todo caso, e como condicións beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no artigo 26º sobre complemento de IT do convenio de Pescanova Chapela, S.A. de 1994.

O horario será en réxime de quendas (xornada continuada). O persoal trasladado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaranse a un réxime horario similar ó de Frinova, S.A. ou Pescanova Chapela, S.A.

No caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S.A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicará na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S.A.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos debidamente acreditado, a empresa deberá de compensalo por isto. En ningún caso poderán alegarse gastos compensables imputables ó transporte, se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que na actualidade, aínda que se cambie o horario.

A aplicación deste artigo estará condicionada á existencia de excedente de man de obra na empresa debidamente acreditado. En caso contrario, deberá pactarse ou ben individualmente ou ben co comité de empresa.

A empresa comprométese a non utilizar este artigo cando o número de traballadores a incorporar ás outras empresas do grupo sexa inferior a cinco, nin na quenda de noite, excepto acordo individual con traballador/es afectado.

Este artigo terá carácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partir do 31-12-2003.

Artigo 15º.-Categorías.

Crease a categoría profesional de operario de 2ª en producción, cámaras, cunha retribución de 10.273 euros/ano, distribuídos nas 16 pagas habituais e a bolsa de vacacións. Percibirán, ademais, o complemento de presencia que se crea neste convenio na contía de 224,89 euros/ano nos termos previstos.

Integrarán esta categoría os que, sen chegaren á perfección esixida ós operarios e especialistas, executen os oficios propios da industria da alimentación con suficiente corrección e eficacia.

Os operarios de 2ª que teñan a condición de persoal fixo (contratos por tempo indefinido) ascenderán á categoría de operario/a transcorrido un ano desde a súa condición de fixo.

Artigo 16º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado por este convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

A empresa queda obrigada para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando éstes a cursasen, polo menos, con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Capítulo III

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 17º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito:

-Persoal de fábrica e mantemento:

* Factoría e mantemento (quenda de mañá).

De luns a venres, de 6.45 horas a 14.45 horas, con descanso de quince minutos.

* Factoría e mantemento (quenda de tarde).

De luns a venres, de 14.45 horas a 22.45 horas, con descanso de quince minutos.

* Factoría e mantemento (quenda de noite-limpeza).

De luns a venres, de 22.45 horas a 6.45 horas, con descanso de quince minutos.

-Persoal de oficinas:

* Primeira quenda.

Horario de inverno: de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres; de 8.00 a 13.00 horas os sábados.

Horario de verán: de 8.00 a 14.30 horas de luns a venres; de 8.00 a 13.00 horas os sábados.

* Segunda quenda.

Horario de inverno: de 8.00 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas. Horario de verán: de 8.00 a 14.30 horas.

O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 16 de xuño ó 30 de setembro para o ano 2002.

Traballo nas cámaras:

Nas cámaras que teñan que estar a -18ºC ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3ºC, a permanencia no interior delas será de 6 horas. Cada 45 minutos de traballo ininterrumpido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carretilleiros), concederáselle un descanso de recuperación de 15 minutos. Completarán a xornada normal en traballos que se realizarán no exterior das cámaras.

Calendario laboral:

De mutuo acordo entre a empresa e o comité realizarase o calendario anual, que abranguerá a relación de días non laborables e período de vacacións, efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables.

Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaranse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, respetando o número de horas efectivas anuais (1.749).

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fose necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.

Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencia nas quendas de traballo provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista do substituto no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias.

-Peches de exercicio contable e confección de orzamentos.

As horas extraodinarias estructurais pactaranse co comité de empresa.

Artigo 19º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se aboarán as mesmas coa retribución do salario da táboa anexa máis a antigüidade. O xeito da súa realización para o persoal da sección industrial será, como o pasado ano, en dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións, estableceranse de mutuo acordo, de xeito que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

Canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo deben cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que ós que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixa, ó ano seguinte corresponderanlle as datas alternativas.

Todas aquelas persoas que estean en situación de IT durante o período de vacacións poderán desfrutalas en calquera outra época dentro do ano.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo co mesmo criterio que ata a data, ben que de forma preferente entre os meses de xuño e setembro.

Artigo 20º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Casamento: 15 días naturais.

b) Maternidade da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós, fillos e fillos políticos: 3 días naturais (será preciso xustificante médico acreditativo).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns, pais e fillos políticos: 4 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia, e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.

g) Por intervención cirúrxica sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, nos que se inclúe a Casa do Mar, con xustificante médico: 1 día.

j) Nacemento dun neto: 1 día.

Nos casos que se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: 3 días; e cando esta saída fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Domaio, Cangas e O Meixoeiro: o tempo total da consulta, así como o

tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.

Concédenselle os mesmos dereitos á compañeira/o cá esposa/o, tanto nos casos de maternidade como enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente consideraranse días naturais.

Capítulo IV

Réxime económico

Artigo 21º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 2002 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 3%. O incremento porcentual, é dicir, o 3%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, agás no seguro de accidentes que, neste caso, será o 4%.

Artigo 22º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran neste convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese corresponder por aplicación legal.

Artigo 23º.-Conceptos retributivos.

Salario base.

Complementos salariais:

* Complemento convenio.

* Antigüidade.

* Complemento de asistencia.

* Complemento de tarde.

* Complemento de noite.

* Complemento de traballos especiais.

* Complemento sección corte de peixe.

* Prima por traballo a baixa temperatura.

* Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.

* Complemento de controlista.

* Pagas extraordinarias.

* Bolsa de vacacións.

* Complemento de distancia.

* Axudas de custo.

* Complemento de presencia.

Salario base.

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio e que figura na táboa salarial.

Complementos salariais.

Complemento convenio.

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo inter

profesional ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 223,40 euros.

b) Bienios que se cumpran a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas alíneas a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano no que se cumpra o bienio.

Complemento de asistencia.

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

Prima de tarde.

Establécese unha prima por traballar na quenda de tarde que consistirá na cantidade de 48,34 euros mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa quenda, que supoñen 2,30 euros/tarde.

Esta prima devengarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e pola prima de tarde.

Respetaranse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos, no seu conxunto global.

Complemento de noite.

Incrementarase o complemento actual nun 3%. Este complemento aboarase nas pagas extras.

Complemento de traballos especiais.

Percibiranse segundo consta na táboa salarial anexa.

Complemento sección corte de peixe.

Establécese un complemento por traballar na sección corte de peixe de 64,01 euros mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa sección, que supoñen 2,82 euros/día. Tamén percibirán o dito complemento o persoal que non sexa do equipo e que voluntariamente se incorporen a el.

Prima por traballo a baixa temperatura.

Establécese esta prima para quen desenvolva o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18º C. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada convenio, non afectándolle a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respectaranse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos desfrutan os conductores de carretillas elevadoras, que, de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 3,55 euros.

Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Estes traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan de realizar traballos desta natureza percibiran un plus do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións e mentres realicen o dito traballo.

Complemento de controlista.

Establécese un plus de 1,59 euros por día traballado.

Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará de catro pagas extraordinarias, aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento de convenio, complemento de distancia, prima de tarde, complemento de traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis a antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Bolsa de vacacións.

Recoñécese, a todo o persoal afectado polo convenio, unha bolsa de vacacións de 590,91 euros que se fará efectiva coa paga de xullo.

Complemento de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de complemento de distancia a cantidade que figura na táboa anexa.

Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de xantar

de 11,37 euros. Deberá entonces partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder realiza-lo xantar. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

Nos casos especiais, co consentimento do xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autoriza-lo pagamento da axuda de custos sen a partición da xornada laboral establecida.

Complemento de presencia.

Créase neste convenio o complemento de presencia. Percibirase, sumado á paga de outubro, por día de traballo efectivamente traballado e seguindo ás súas mesmas normas. A contía deste complemento será de 1,013 euros por día de traballo efectivo 224,89 euros/ano.

Capítulo V

Beneficios sociais

Artigo 24º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade para todo o persoal da empresa, sempre que se reúnan os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social española.

Ó se produci-la xubilación consonte o disposto no parágrafo anterior, reconoceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.

d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificarase con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 25º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantirá ós seus traballadores ou, se é o caso, ó seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 52.591,08 euros.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 52.591,08 euros para os primeiros casos, 105.182,14 euros para os segundos e 210.364,31 euros para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de cantidade de 52.591,08 euros.

1.2.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 52.591,08 euros para os primeiros casos, 105.182,14 euros para os segundos e 210.364,31 para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de xeito permanente para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de xeito permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e entregarase ó comité de empresa unha copia oficial.

Artigo 26º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando. Incluirase dentro deste complemento o de distancia. O complemento de presencia só se percibirá se a IT derivase de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Artigo 27º.-Utilización de servicios de comedor.

Todo o persoal da empresa ten dereito ó servicio de cociña e comedores, de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto.

Artigo 28º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente ó cadro de persoal de Pescanova Chapela, S.A., ou pensionistas dela, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

A) Pagamento a crédito.

1) Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 5%.

2) Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 0,12 euros/kg.

3) Peixe enteiro/filetes/producto a granel: prezo de tarifa oficial de Pescanova.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

B) Pagamento ó contado.

1) Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 7,5%.

2) Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 0,18 euros/kg.

3) Peixe enteiro/filete/producto a granel: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 0,02 euros/kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Artigo 29º.-Fondo de pensións.

A empresa estudiará un plan de pensións para todo o persoal dela que, no seu momento, terá carácter voluntario para os traballadores.

Capítulo VI

Seguridade e saúde laboral

Artigo 30º.-Principio xeral.

As partes asinantes deste convenio comprométense a adoptaren as medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 31º.-Recoñecementos médicos.

Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que será efectuado polo servicio médico da empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente, e en todo caso, sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

Artigo 32º.-Roupas e medios de protección persoal.

A empresa proporcionarálles ós traballadores os medios e roupas de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco, e faralles entrega das seguintes pezas de roupa:

* Operarios/as e encargados/as:

Par de zocos: 1.

Batas: 2.

Xerseis: 1.

Par de calcetíns: 4.

Mandís de plástico: 2.

* Cámaras:

Par de botas illantes: 1.

Pasamontañas: 1.

Xerseis: 1.

Fundas: 2.

Traxe de frío: 1.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

* Mantemento:

Par de botas: 1.

Conxuntos: 3.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

Xerseis: 1.

Anorak: 1.

* Mozos e peóns:

Par de botas: 1.

Fundas: 2.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

Xerseis: 1.

* Resto do persoal:

Batas: 2.

Par de zocos: 1.

A todo o persoal que entre nás cámaras proporcionaráselle a roupa de frío adecuada.

Artigo 33º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiario axeitado ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa

calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requerimentos especiais de traballo e do estudio técnico-sanitario do mesmo, oído o comité de saúde da empresa. O dito vestiario será de dous equipos anuais e farase entrega del na primeira quincena do mes de xaneiro.

Debido á mobilidade funcional, a tódolos traballadores que teñan de ocupar postos de traballo a baixa temperatura (paella, filete, etc.) incorporaráselles nos equipos anuais un xersei e uns quentadores.

Capítulo VII

Dereitos sindicais

Artigo 34º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá o exercicio de tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 35º.-Asembleas.

Os traballadortes de Pescanova Chapela, S.A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á celebración dentro da xornada laboral dun máximo de 3 asembleas ó ano cunha duración non superior a 30 minutos cada unha. A convocatoria e desenvolvemento destas asembleas regularase polo disposto no Estatuto dos traballadores.

Asínase en Chapela o tres de novembro de 2002.

Pola empresa Polo comité

Táboa salarial 2002

Categorías

Salario

base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total

mes

Bolsa

vacacións

Total

ano

I. Técnicos titulados

Grao sup. e asimilados519,3595,10896,7371,991.583,18590,9125.541,42

Técnicos489,2786,08741,7471,001.388,09590,9122.456,06

Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano519,350,00474,180,00993,53590,9116.487,43

b) Segundo ano519,350,00691,820,001.211,18590,9119.969,71

Titulado g. medio en prácticas

a) Primeiro ano489,270,00272,110,00761,38590,9112.772,97

b) Segundo ano489,270,00431,710,00920,98590,9115.326,60

Xefe métodos e tempos489,2785,11664,8970,311.309,58590,9121.203,74

II. Técnicos non titulados

Encargados producción489,2745,96533,5163,151.131,89590,9118.517,39

Xefe de equipo489,2744,72276,0959,9597,85967,89590,9115.898,29

Encargado/xefe equipo taller489,2744,87449,9463,1144,861.092,05590,9117.884,28

Técnico mantemento489,2744,87446,1763,1144,871.088,30590,9117.824,24

Encargado mantemento489,2744,88453,1063,141.050,40590,9117.217,75

Encargado frigorista489,2745,12405,1163,1597,851.100,52590,9118.018,66

Categorías

Salario

base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total

mes

Bolsa

vacacións

Total

ano

Encargado maior489,2745,43407,4763,1597,851.103,18590,9118.060,02

Encargado oficios varios489,2748,84289,5158,5897,85984,05590,9116.140,34

III. Administrativos

Xefe de 1ª A489,2757,98818,8363,121.429,20590,9123.226,22

Xefe de 1ª B489,2751,21668,3763,121.271,98590,9120.737,70

Xefe de 2ª A489,2749,15582,1063,121.183,64590,9119.332,57

Xefe de 2ª B489,2749,13533,6463,121.135,16590,9118.557,01

Xefe de 3ª489,2749,13506,8263,121.108,34590,9118.127,84

Operador489,2747,71429,5963,151.029,73590,9116.875,71

Oficial 1ª A489,2737,50451,7065,921.044,38590,9117.151,01

Oficial 1ª B489,2735,37424,9363,121.012,70590,9116.652,59

Oficial 2ª A489,2733,56403,4163,12989,37590,9116.286,51

Oficial 2ª B489,2729,83350,1963,12932,41590,9115.390,21

Auxiliar489,2726,22260,2663,12838,88590,9113.908,07

Auxiliar de entrada489,2719,38180,0963,12751,86590,9112.543,21

Axudante de laboratorio489,2726,22279,4163,12858,02590,9114.214,43

IV. Mantemento

Oficial 1ª489,2744,88410,5363,141.007,83590,9116.536,60

Oficial 2ª489,2744,53334,7763,14931,71590,9115.320,23

Oficial 3ª489,2744,53297,3363,1448,93943,20590,9115.503,96

Albanel oficial489,2744,53289,8063,14886,74590,9114.600,66

Electricista 1ª489,2744,53409,4863,1448,931.055,35590,9117.298,40

Electricista 2ª489,2744,53338,1863,1448,93984,05590,9116.157,67

Especialista taller mecánico489,2744,44304,8163,11901,64590,9114.839,31

Especialista albanel489,2744,44289,7963,11886,62590,9114.599,02

Oficial 1ª axustador489,2744,87410,5363,111.007,78590,9116.535,96

Oficial 2ª axustador489,2744,53334,7763,11931,68590,9115.319,74

Oficial 1ª torneiro489,2744,88410,5263,111.007,79590,9116.536,01

Oficial 2ª torneiro489,2744,53326,3963,11923,30590,9115.185,63

Oficial 2ª soldador489,2744,53326,3963,11923,30590,9115.185,63

V. Sala de máquinas

Frigorista489,2744,72303,0063,1148,93949,03590,9115.596,50

Axudante frigorista489,2744,72245,7763,1148,9348,93940,73590,9115.463,68

Mecánico frigorista489,2741,18399,0063,11992,57590,9116.307,23

VI. Factoría oficios varios

Especialista fabricación489,2754,80192,9457,6920,78815,48590,9113.419,45

Oficial 1ª operario489,2748,24192,9444,7719,92795,14590,9113.120,13

Oficial 2ª operario489,2725,0063,2725,009,00611,54590,9110.275,63

Especialista oficios varios489,2744,46199,5258,2797,85889,37590,9114.643,03

Especialista cámaras489,2744,44199,5263,1197,85894,19590,9114.720,26

Mozo489,2744,32184,4958,5897,85874,52590,9114.405,86

Peón489,2737,06245,9363,14835,40590,9113.809,05

Cociñeiro maior489,2747,20469,9563,1197,851.167,38590,9119.080,27

Cociñeiro comedor489,2744,66316,1463,1148,93962,11590,9115.806,03

2º cociñeiro489,2746,44289,6963,1448,93937,48590,9115.404,79