Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se convocan dous cursos de formación en materia de consumo.

No uso das atribucións outorgadas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, os cursos e xornadas indicados no anexo I desta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que correspondan, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso que se solicita, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no ano seguinte.

O prazo de presentación de instancias rematará segundo se indica no anexo para cada curso.

As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo recollido no anexo II desta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no Rexistro da EGAP, pero poderanse utilizar, así mesmo, os sistemas previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada actividade do referido anexo I.

Terceira.-Selección.

Os criterios selectivos que se utilizarán serán os recollidos no anexo I para cada unha das actividades programadas.

As relacións de seleccionados para participar nos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento das actividades anunciadas co fin de adaptalas ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso de mediación en consumo.

1. Obxectivos.

Desenvolver habilidades negociadoras entre o persoal receptor das reclamacións en consumo, co fin

de promove-lo ánimo de acordo e contribuír á resolución das situacións conflictivas.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ó consumidor.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 8 horas por edición.

3.2. Lugares: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

3.3. Datas: 22, 23, 24 e 25 de setembro.

3.4. Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

3.5. Nº de prazas: 25 por edición.

4. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 8 de setembro.

5. Contido.

A comunicación; definición de conflicto; perfil e papel do mediador. O procedemento da mediación; a negociación; técnicas e estratexias. Concepto xurídico da mediación. A mediación nos conflictos de consumo: características de seu. Experiencias de mediación noutras comunidades autónomas. Análise e discusión de casos prácticos.

Curso de garantías e publicidade.

1. Obxectivos.

Revisa-la normativa aplicable. Analiza-las características do sector e actualiza-los coñecementos nestas materias.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo e das oficinas municipais de información ó consumidor.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 16 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela (EGAP).

3.3. Datas de realización: 28 de outubro e 4, 11 e 18 de novembro.

3.4. Horario: de 10.00 a 14.00 horas.

3.5. Nº de prazas: 25.

4. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de outubro.

5. Contido.

Normativas autonómica, nacional e europea a aplicar na materia. Mencións obrigatorias do documento de garantía. Prexuízos de demora na reparación en garantía. Interrupción do prazo de garantía durante a reparación. Publicidade enganosa. Promocións e ofertas: dereitos dos consumidores. Publicidade televisiva: inspección e sanción. Garantía legal e comercial. Garantías especiais (talleres, servicio de asistencia técnica, vivenda, etc.).

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA