Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Remolcadores Marracoi, S.A. (Remarsa).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Remolcadores Marracoi, S.A. (Remarsa) (código convenio 1504030) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-2003, complementado o 8-5-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o día 13-3-2003, complementado o 30-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primero.-Ordena-la súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Segundo convenio colectivo de Remarsa

Capítulo I

Extensión

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria e regula as condicións de traballo de todo o persoal de flota que presta os seus servicios a bordo dos buques remolcadores da empresa Remarsa que realizan servicios de remolque no porto e na ría de Ferrol.

Capítulo II

Vixencia, duración, prórroga e denuncia

Artigo 2º.-Entrada en vigor.

O presente convenio entra en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2003.

Artigo 3º.-Duración.

A vixencia ou duración deste convenio fíxase a partir da data indicada no artigo 2º, e terá efectos ata o 31 de decembro de 2007.

Artigo 4º.-Prórroga.

O convenio enténdese prorrogado por períodos anuais sucesivos, a partir do 31 de decembro de 2007, se con tres meses de antelación, polo menos, ó seu vencemento inicial ou prórroga en curso, non o denunciase calquera das partes contratantes. Se as conversas ou negociacións encamiñadas á elaboración dun novo convenio ou modificación deste se prolongasen por un período que excedese ó prazo de vixencia do que se encontre en vigor, entenderase este prorrogado ata a entrada en vigor do novo convenio.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio deberá formalizarse por escrito polo menos con tres meses de antelación ó seu termo ou prórroga en curso, e comunicárllela a tódolos representantes sindicais e empresariais que o subscribiron, ou os que os substitúan, debendo quedar constancia da recepción da comunicación efectuada.

Capítulo III

Globalidade, compensación e absorción

Artigo 6º.-Globalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas absorberán e compensarán en cómputo anual, tanto as que anteriormente rexesen como as que no futuro se poidan establecer por disposición legal, de carácter xeral ou específico,

para o sector, ou de calquera outro modo, subsistindo este convenio nos seus propios termos e sen modificación no seu concepto, condicións e retribucións.

Capítulo IV

Lexislación aplicable e condición máis beneficiosa

Artigo 8º.-Condicións máis beneficiosas.

En todo momento se respectarán as condicións particulares máis beneficiosas que viñese desfrutando cada traballador e puidesen afectar ás normas e condicións deste convenio.

Artigo 9º.-Lexislación aplicable.

No non regulado por este convenio aplicarase o previsto nos respectivos contratos de traballo e será de aplicación supletoria o Estatuto dos traballadores e as demais disposicións legais vixentes.

Mentres non sexa substituído o seu texto por adecuada norma legal, e en todo o que non se encontre regulado no presente convenio, será de aplicación, así mesmo, o contido da derrogada ordenanza de traballo nas embarcacións de tráfico interior de portos.

Capítulo V

Organización do traballo

Artigo 10º

A organización dos servicios e traballos en terra e a bordo, de conformidade cos preceptos deste convenio e demais normas xurídicas de aplicación, correspóndelle ó empresario ou armador, e no seu nome, como máxima autoridade, no que afecta ó persoal embarcado, ó que exerza o mando da embarcación.

Artigo 11º

O persoal de a bordo, calquera que sexa a categoría e departamento a que estea adscrito, deberá cumprir cantas ordes e servicios lle sexan dados polo armador e os seus lexítimos representantes, relativos ás faenas relacionadas coa navegación ou cometido asignado a cada departamento ou servicio, sen se que poida invocar ningunha circunstancia como motivo de escusa para o cumprimento daquela, tales como as de ter realizado a xornada legal ou corresponder quenda de descanso; todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan levar a cabo as accións e reclamacións que correspondan ante o armador ou autoridades competentes.

Capítulo VI

Clasificación e definicións do persoal

Artigo 12º

A enumeración do persoal é meramente enunciativa e non supón a obriga de ter provistas tódalas prazas que se mencionan se a necesidade e o volume do tráfico non o require ou non aparecen impostas por disposicións emanadas da autoridade competente.

Sen embargo, cando se utilice a un traballador para que realice as funcións específicas dunha categoría profesional determinada, deberá ser remunerado coa retribución que a esta lle asigna este convenio, tendo en conta, no que se refire ó persoal titulado, que deberán observarse as disposicións en vigor dictadas polas autoridades marítimas, podendo asignarse o salario correspondente ó título profesional esixido para cada embarcación, mesmo cando a persoa que desempeñe o cargo posúa título de superior categoría, ou sendo de inferior, o exerza circunstancialmente, coas debidas autorizacións.

Naqueles casos en que as invocadas disposicións prevexan a posibilidade de que un determinado cargo poida ser exercido indistintamente polo persoal que posúa título de distinta categoría, o salario que percibirá será o correspondente ó do título de inferior categoría.

Artigo 13º

Sempre que un traballador realice habitualmente funcións atribuídas a distintas categorías, e estea en posesión da titulación adecuada, será clasificado na superior.

Consideraranse como funcións habituais as que se efectúen durante máis de cento oitenta días ó ano.

Artigo 14º

O persoal afectado polo presente convenio comprende:

A) Persoal titulado-oficiais.

Capitán. É quen, designado pola empresa e en posesión dos títulos correspondentes, exerce o mando, dirixe, coordina e controla tódalas actividades que se realizan a bordo, sendo responsable da seguridade do buque ou embarcación, tripulación, cargamento e navegación, así como da súa conservación e operatividade, adoptando as medidas legais co obxecto de que a bordo se observe o grao de conducta requirido, e se cumpran as leis, os regulamentos, e normas existentes, sendo representante do armador fronte a terceiros.

Informará o xefe de máquinas das ordes que reciba da compañía, autoridades, etc. que lle poidan afectar, e notificaralle a situación do buque.

Terá no seu poder os fondos do buque.

Atenderá a todas aquelas cuestións que permitan o perfecto funcionamento dos equipos, benestar dos tripulantes, etc.

Será responsable de cubrir persoalmente os diarios de navegación e levará control dos certificados de buque.

Dirixirá persoalmente a navegación, tódalas manobras, recaladas, etc.

Naquelas ocasións que por carácter de necesaria urxencia ou perigo for preciso o concurso de tripulantes para realizar traballos noutros departamentos, requirirá esta cooperación.

En virtude de todo canto antecede, o capitán designado polo armador ten consideración de persoal de confianza.

Patrón. É o que, en posesión do título de patrón nos seus diversos graos, exerce o mando do buque ou embarcación de acordo co que dispón o cadro indicador coas atribucións que para cada caso dispoñen as disposicións vixentes.

Inspector. O que en nome do armador exerce funcións inspectoras en relación coa totalidade da flota dunha empresa ou dos departamentos ou servicios dos buques daquela que para o efecto lle fosen confiados, así como respecto ó persoal que constitúe as súas tripulacións, sen prexuízo de que o armador designe persoal que non estea baixo a súa supervisión e/ou, se é o caso, exerza igualmente as súas funcións.

Xefe de máquinas. Designado polo empresario ou armador, en posesión do título nos seus diversos graos que lle permita, coa normativa de aplicación, exerce-la dirección, o control e o mantemento dos equipos propulsores principais e auxiliares e dos demais servicios asignados ó departamento de máquinas, sendo responsable ante o que exerce o mando do buque do bo funcionamento dos servicios asignados ó departamento de máquinas, tanto estean os equipos de máquinas correspondentes no interior como na cuberta do buque. Poderán exercer este cargo, de acordo co cadro indicador, aqueles que se encontren en posesión do adecuado título profesional.

Oficial de ponte (ou cuberta). É o que, con título de capitán, piloto da mariña mercante ou patrón nos seus diversos graos, está ás ordes do capitán ou patrón que vai ó mando, exercendo as funcións ou cometidos de carácter técnico inherentes á súa categoría. De acordo co cadro indicador, poderano exercer aqueles profesionais que se encontran en posesión do adecuado título profesional. Para estes efectos os oficiais de ponte clasíficanse en primeiro, segundo e terceiros.

Oficial de máquinas. É o que, con título de maquinista naval ou mecánico naval, está ás ordes do xefe de máquinas, exercendo as funcións ou cometidos de carácter técnico inherentes á súa categoría. Poderá ser exercido, de acordo co cadro indicador, por aqueles profesionais que se encontren en posesión do adecuado título profesional. Para estes efectos os oficiais de máquinas clasifícanse en primeiro, segundo e terceiro.

Oficial radiotelegrafista. É o que estando en posesión de tal título exerce a bordo dos buques as funcións propias da profesión, e cando este posto de traballo sexa obrigatorio e en virtude de disposicións legais.

B) Persoal non titulado.

Mestranza.

A) Contramestre. É o home de mar hábil e experimentado nas faenas mariñeiras, que baixo as ordes

do capitán ou patrón ou oficial de ponte, é o xefe directo e inmediato da mariñeiría e como tal dispón, consonte as instruccións recibidas, os pormenores para practica-los labores e traballos, repartindo equitativamente as faenas e vixiando persoalmente a rápida e exacta execución das ordes ó persoal que del dependa.

B) Caldeireteiro. É o que, ás ordes do xefe de máquinas ou oficial de máquinas dirixe o persoal destes servicios, vixiando toda clase de traballos que nel se efectúen, tanto de limpeza como de conservación; distribuirá o traballo equitativamente e vixiará a súa máis exacta execución, de acordo coas ordes recibidas.

C) Cociñeiro. É o encargado da preparación, condimentación e conservación dos alimentos da dotación do barco; deberá subministrar e conseguírlle-lo seu adecuado rendemento ós víveres e demais artigos que se entreguen ou adquiran para tal fin.

Subalternos.

A) Mariñeiro (mecamar)-cociñeiro. É o que ocasionalmente puidese desempeña-las funcións que normalmente realiza o cociñeiro.

B) Mecamar. É o especialista en posesión do certificado de competencia correspondente que estea en condicións de desempeñar indistinta e simultaneamente tódolos servicios de cuberta e máquinas e leva a cabo os que como tal se lle ordenen.

C) Mariñeiro. É o que desempeña a execución das faenas de cuberta, como son, entre outras, o enganche e desenganche dos cabos de remolque, así como as súas diferentes actividades de mantemento como, a título meramente enunciativo e sen carácter de exclusividade, o miniado e pintado, limpeza, atranque e peche de zapóns, manexo da máquina de remolque, atraque, desatraque, etc. Durante a navegación poderá monta-las gardas de timón e retén de ponte e en porto a garda de portalón.

D) Engraxador. É o que efectúa as faenas de engraxamento de máquinas e motores e as demais operacións complementarias ou auxiliares, tales como o entretemento e a conservación do equipo propulsor que lle ordenen os seus superiores respecto ó departamento de máquinas e caldeiras. Durante a navegación poderá monta-las gardas de máquinas, e en porto o traballo que corresponda.

E) Mariñeiro-mergullador. É o que ademais de realiza-los labores de mariñeiro ou mecamar, segundo o certificado que posúa, está capacitado para realizar servicios de mergullo, traballos subacuáticos relativos ó buque, como limpeza ou recoñecemento da obra viva, hélices taponamento de vías de auga etc., en virtude do título oficial correspondentes.

F) Gabarreiro. É o que, formando parte do cadro de persoal da empresa, está dedicado ó manexo das embarcacións e artefactos de tráfico interior de porto

menores de 50 toneladas de rexistro bruto sen propulsión propia, sendo necesario posuír autorización da autoridade local de mariña para o desempeño da súa profesión.

A empresa conta coas seguintes categorías profesionais: patrón maior de cabotaxe ou patrón de altura, patrón de cabotaxe ou patrón de litoral, mecánico naval maior ou mecánico maior naval e mecamar.

Artigo 15º

O contido das definicións que no artigo anterior se consignan pretenden tan só recolle-los trazos máis fundamentais das categorías definidas sen esgotar nin especifica-las funcións asignadas a cada una delas, que en todo caso serán as atribuídas de acordo coas disposicións vixentes ou as establecidas por usos e costumes tradicionais en cada porto.

Capítulo VII

Réxime de traballo

Artigo 16º.-Dotacións.

As tripulacións das embarcacións comprendidas dentro do ámbito de aplicación do presente convenio, serán as que permitan o seu perfecto funcionamento, e coincidirán coas fixadas como mínimas en cada momento pola autoridade marítima. Determinadas as dotacións dos buques, estas terán a consideración de fixas, comprometéndose os traballadores a desempeña-las súas funcións en calquera buque da empresa que desenvolva a súa actividade no mesmo porto, considerándose todos eles, para tales efectos, como unha unidade ou centro de traballo.

Artigo 17º.-Xornada de traballo, vacacións e descansos.

Dadas as especiais características do sector e a natureza do traballo que se realizará, de conformidade coa normativa en vigor e en aplicación da xornada semanal de corenta horas de traballo, acórdase unha xornada ordinaria anual de 1.826 horas de traballo efectivo.

Para o cumprimento desta xornada, réxime de descansos e vacacións, confórmase un sistema de quendas das dúas tripulacións da empresa, de tal forma que, comezando estas quendas os xoves, unha tripulación atenderá os servicios previstos durante 14 días consecutivos permanecendo no centro de traballo, independentemente de que existan servicios previstos ou non, desde as 8.00 horas ás 13.00 horas de cada día.

A outra tripulación permanecerá, entrementres, de descanso, tendo que acudir ó centro de traballo tan só cando sexa necesaria a realización de manobras ou prestación de servicios con ámbolos remolcadores á vez. Non obstante o anterior, as tripulacións permanecerán de descanso as fins de semana (sábados e domingos) e festivos, salvo que se atope previsto algún servicio ou efectivamente se produza este, caso no que terán obrigatoriamente que prestar tales servicios.

A tripulación que se encontre de servicio encargarase do mantemento de ámbolos buques

O período de descanso así convido engloba tanto o descanso semanal que legalmente lles corresponde desfrutar ós traballadores como o período vacacional. Non obstante, co obxecto de compensa-lo tempo en que a tripulación de descanso se vexa obrigada a prestar servicios, establécese un período adicional de vacacións anual de quince días consecutivos que será fixado para cada tripulante logo de acordo entre a patronal e a representación dos traballadores.

Os traballadores comprométense a acudir ó posto de traballo cando se produzan circunstancias excepcionais que fagan necesaria a prestación urxente de servicios. Para tales efectos consideraranse circunstancias excepcionais todas aquelas que impliquen a realización de manobras que non se puideron prever cunha antelación mínima de 48 horas, así como todas aquelas necesidades causadas por forza maior para a seguridade e integridade tanto das embarcacións como das tripulacións, e para substituír traballadores por motivos de enfermidade. Neste último suposto o traballador enfermo deberá ser substituído por outro da súa mesma categoría.

Artigo 18º.-Período de proba.

1. O período de proba para as distintas categorías que integran o persoal das empresas, indistintamente do número de traballadores que a compoñan, será:

* Para titulados superiores, seis meses.

* Para titulados de formación profesional náutico-pesqueira, tres meses.

* Para o resto do persoal, un mes.

2. A incapacidade laboral transitoria derivada de accidente ou enfermidade, común ou laboral, interromperá este período de proba.

Artigo 19º.-Traballos de categoría superior.

Todo o persoal, en caso de necesidade, se reúne as condicións para iso, poderá ser destinado a traballos de categoría superior cos haberes que correspondan.

Este cambio de categoría non deberá ser de duración superior a tres meses ininterrompidos, debendo o interesado, ó cabo dese tempo, reintegrarse ó seu antigo posto.

No suposto de que o traballo de categoría superior que se teña que realizar esixise un período de tempo maior có sinalado, deberá proverse definitivamente o cargo superior.

Artigo 20º.-Traballos de categoría inferior.

Se por circunstancias eventuais da empresa se destina un traballador, de modo circunstancial, a traballos inferiores ós propios da súa categoría, sen que por isto teña que efectuar funcións que impliquen vexación ou menoscabo do seu cometido laboral, conservaranse os haberes correspondentes ó seu cargo. Non suporá menoscabo nin vexación efectuar

traballos accidentais de categoría inferior intimamente relacionados coa súa función.

Se o cambio de destino á categoría inferior tivese a súa orixe en petición propia, a remuneración será a que corresponda ó novo cargo que se lle asigne.

Artigo 21º.-Cesamentos.

O persoal poderá rescindir unilateralmente o seu contrato en calquera momento sen máis obriga que a de avisar cun mes de antelación. A empresa neste caso terá dereito a prescindir dos seus servicios antes de que finalice o expresado prazo sen estar obrigada a satisfacer outra remuneración que a debida ata a data en que efectivamente se produza o cesamento no traballo.

Capítulo VIII

Licencias e excedencias

Sección primeira

Licencias

Artigo 22º

1. Con independencia do período regulamentario de vacacións e descansos, logo de aviso e xustificación do traballador, establécense os seguintes períodos de permiso retribuídos e de concesión obrigatoria por parte da empresa:

* 15 días por matrimonio do traballador.

* 3 días por nacemento de fillo, ou por enfermidade grave ou falecemento de esposa ou fillo a cargo.

* 2 días por enfermidade grave ou falecrmento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

* 1 día por matrimonio de fillos ou irmáns.

* 1 día por cambio de domicilio.

Estes períodos de permiso gozan das seguintes particularidades:

a) Os días de permiso e licencia entenderanse como días naturais.

b) Os permisos retribuídos non son acumulables a períodos de descanso, excepto os de matrimonio e natalidade. Tódolos demais permisos só producirán os seus efectos no momento do feito que orixine o permiso.

c) Os gastos de viaxe e manutención que orixinen estes permisos, son por conta exclusiva do traballador.

d) Cando un ou varios traballadores estean desfrutando de permiso ou licencia, a empresa á cal pertenza poderá substituílo por algún traballador presente na flota propia, sempre e cando esta substitución sexa posible e non vulnere as demais disposicións contidas neste convenio.

2. Os traballadores poderán solicitar licencia por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora xustificada, caso no que lles será concedida pola empresa se o permiten as

necesidades do servicio, por un período dun a dez días, sen o interesado devengar haberes.

Tamén poderá o persoal fixo que leve un mínimo de dous anos ó servicio da empresa solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a quince días nin superior a seis meses, sendo potestade do empresario concedela ou denegala en atención ós fundamentos que expoña o solicitante, expediente persoal deste e necesidades do servicio.

Estes permisos serán improrrogables, e son causa de suspensión temporal do contrato de traballo, debendo pedi-lo pase á situación de excedencia voluntaria os que desexen un prazo superior ó indicado no parágrafo precedente, e non se poderán solicitar, nin polo tanto outorgarse, máis dunha vez ó ano.

Sección segunda

Excedencias

Artigo 23º

Recoñécense dúas clases de excedencia, voluntaria e forzosa, pero ningunha delas dará dereito a salario mentres o excedente non se reincorpore ó servicio.

Artigo 24º.-Excedencia voluntaria.

Poderá solicita-la excedencia voluntaria o persoal que leve polo menos dous anos de antigüidade na empresa.

As peticións de excedencia resolveranse dentro do mes seguinte á súa presentación, e serán atendidas sempre que o consintan as necesidades do servicio.

A excedencia voluntaria concederase unha soa vez por un prazo non inferior a seis meses nin superior a cinco anos, e sen dereito a prórroga.

De non solicitarse o reingreso antes da terminación do prazo sinalado, perderá o dereito ó seu posto na empresa.

O traballador que dentro dos límites fixados solicite o seu reingreso terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza da súa categoría profesional se non houbese persoal en situación de excedencia forzosa que a solicite, e se a vacante producida fora de categoría inferior poderá optar entre ocupala co salario que a ela corresponde ou esperar a que se produza unha vacante das da súa categoría.

Para ningún efecto se computará o tempo que se permaneza en situación de excedencia voluntaria.

Artigo 25º.-Excedencia forzosa.

Dará lugar á situación de excedencia forzosa o nomeamento para cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. A excedencia comprenderá todo o tempo que dure o cargo que a determina, e outorgará o dereito a ocupa-la mesma praza que desempeñara anteriormente, computándose o tempo de excedencia como en activo para efectos de antigüidade. O reingreso deberá solicitalo o interesado den

tro do mes seguinte ó seu cesamento no cargo público que desempeñase.

Capítulo IX

Condicións económicas

Artigo 26º.-Salario base.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá este salario base, de acordo coa categoría para a que foi contratado, independentemente da súa titulación académica ou profesional, actual ou futura, e segundo os niveis, que para as distintas categorías se establecen nas táboas retributivas dos anexos a este convenio. O actual salario base engloba, na maioría dos casos, a parte salarial recollida anteriormente como gratificación voluntaria.

Durante o ano 2003 os traballadores percibirán o salario base recollido na táboa do anexo, o cal, durante a vixencia do convenio, experimentará un incremento igual ó IPC que resulte a data 31 de decembro de cada ano máis 0,5 puntos. O IPC que se aplicará para o ano 2004 é o referente ó ano 2003, e así sucesivamente.

Artigo 27º.-Complemento provisional de adaptación ó convenio.

Co obxecto de equilibrar progresivamente os niveis retributivos dos distintos traballadores do cadro e mellora-las condicións do persoal de novo ingreso, establécese o presente complemento, que será provisional e percibido polos traballadores de novo ingreso así como polos traballadores existentes que, neste último caso, resulten máis prexudicados economicamente. Este complemento percibirase de conformidade co establecido nas táboas retributivas dos anexos a este convenio e sufrirá o incremento anual seguinte: para o ano 2004, aplicarase o IPC que resulte a data 31 de decembro de 2003, máis 5 puntos; para o ano 2005, aplicarase o IPC que resulte a data 31 de decembro de 2004, máis 10 puntos; sobre o correspondente ó ano 2004: para o ano 2006, aplicarase o IPC que resulte a data 31 de decembro de 2005, máis 15 puntos; sobre o correspondente ano 2005, e para o ano 2007, aplicarase o IPC que resulte a data 31 de decembro de 2006, máis 20 puntos; sobre o correspondente ó ano 2006. O 31

de decembro de 2007, extinguirase definitivamente este complemento pasando a integrarse o seu valor económico no valor consolidado.

Artigo 28º.-Valor consolidado e segunda actividade.

Estes conceptos retributivos non se consideran como prestacións salariais de convenio. Non obstante, tendo en conta a súa existencia como condicións particulares máis beneficiosas adquiridas polos que as viñan percibindo, manteranse en vigor nas condicións pactadas individualmente, sen que poidan sufrir ningunha variación na súa contía no futuro. Estas retribucións engloban, se é o caso, e ata que non sexan absorbidas por este, o complemento de convenio.

Para o sucesivo, e independentemente das condicións particulares máis beneficiosas adquiridas, os valores económicos de convenio serán exclusivamente os recollidos como salario base e complemento de convenio, actualmente complemento de adaptación ó convenio.

Artigo 29º.-Gratificacións extraordinarias de verán e Nadal.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán dúas pagas extraordinarias anuais, a razón de salario base, que se devengarán o 30 de xuño e o 15 de decembro, respectivamente.

Durante o ano 2003 os traballadores percibirán as pagas extraordinarias recollidas na táboa do anexo, as cales, durante a vixencia do convenio, experimentarán un incremento igual ó IPC que resulte a data 31 de decembro de cada ano máis 0,5 puntos. O IPC que se aplicará para o ano 2004 é o resultante do ano 2003, e así sucesivamente.

Artigo 30º.-Complemento de salvamento.

Para os actos de auxilio ou salvamento aplicarase o disposto na lexislación vixente. Os traballadores comprometeranse a non impugna-la cualificación que a empresa razoablemente faga do servicio prestado e a actuar conxuntamente con esta, baixo unha mesma representación letrada, nomeada de mutuo acordo, con independencia de que poidan utilizar pola súa conta toda clase de asesores, en todas aquelas actuacións que sexan necesarias ou convenientes para a obtención da remuneración.

O premio será o resultado de deducir da remuneración total as indemnizacións que correspondan ó armador e os gastos en que se incorrese como consecuencia de tal auxilio ou salvamento.

Esta remuneración seralle entregada ó persoal que forme parte (no momento da sinatura do presente convenio) do chamado cadro de persoal operativo a bordo do remolcador actuante, para que logo este persoal a reparta entre si, de conformidade co que para cada un dos compoñentes entre eles mesmos se pactase. Quedarán excluídos os que non formen parte do cadro de persoal operativo a bordo do remolcador.

Cadro de persoal operativo no momento da sinatura deste convenio.

Patrón: José Valiño Leiro (32377941-J).

Patrón: José J. Galdo Sierra (32660325-A).

Ofic. máquinas: Fernando España Vizoso (50294434-N).

Mecánico naval: Francisco J. Martínez Novo (76413772-K).

Mecamar: José Castro Fontán (32628952-W).

Mecamar: Rafael A. Caramés Fernández (76517274-T).

Artigo 31º.-Perda de equipaxe.

En caso de perda de equipaxe da dotación dun remolcador por naufraxio, incendio ou calquera outra causa non imputable ó prexudicado, a empresa aboaralle ó afectado, como compensación, a cantidade de 361,00 euros, pola perda total, e na proporción que resulte se a perda fose parcial.

Artigo 32º.-Incapacidade temporal.

As prestacións motivadas por situacións de I.T. derivadas de enfermidade común serán complementadas pola empresa ata o 85% da base de cotización do mes anterior e as derivadas de accidentes de traballo ata o 100%.

Artigo 33º.-Seguro complementario de accidentes.

A empresa obrígase a concertar e contratar pola súa conta, e a prol de cada un dos traballadores, un seguro de accidentes coa seguinte cobertura:

* Por morte: tres millóns de pesetas.

* Por invalidez permanente absoluta: cinco millóns de pesetas.

* Por invalidez permanente total ou parcial: segundo baremo de póliza.

Todo isto sen prexuízo das pensións ou indemnizacións que por estas continxencias se acrediten con cargo á Seguridade Social ou entidades colaboradoras.

Capítulo X

Faltas e sancións

Sección primeira

Das faltas en que poden incorre-los traballadores

Artigo 34º

Consideraranse faltas para efectos laborais as accións ou omisións en que poidan incorre-los traballadores comprendidos neste convenio en relación cos traballos que teñan que realizar, ou os servicios que deben prestar, ou con ocasión ou a consecuencia deles.

Por razón da súa gravidade, atendendo á importancia e malicia das faltas, clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Artigo 35º.-Faltas leves.

Son faltas leves:

a) A demora ou neglixencia na execución de calquera traballo que non produza perturbación no servicio encomendado.

b) As de puntualidade inferior a quince minutos, sempre que do atraso non se derive, pola función especial do tripulante, prexuízo para o servicio que teña que prestar.

c) Abandonar, sen motivo xustificado, o traballo, aínda que sexa por breve tempo, sempre que do abandono non derive, pola función especial do tripulante, prexuízo para o servicio que teña que prestar, caso no que terá consideración de falta grave.

d) Descoidos na conservación dos materiais, útiles e ferramentas que o tripulante teña ó seu cargo.

Artigo 36º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves:

a) Máis de tres faltas de puntualidade na presentación no posto de traballo non xustificadas e cometidas no período de tres meses.

b) Neglixencia ou descoido no traballo que afecte á boa marcha deste.

c) A imprudencia en actos de servicio, se implicase risco de accidente para el ou para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións do buque, poderá ser considerada como falta moi grave.

d) Ausentarse do centro de traballo sen permiso do xefe correspondente, ou ben, en situación de stand-by, non encontrarse localizable o tripulante para acudir ó buque ou centro de traballo, non estando de servicio pero en stand-by, sen llo comunicar ó xefe correspondente, sempre e cando se provexa o tripulante dos medios de comunicación adecuados (busca persoas, walkie talkie, etc).

e) A desobediencia ós seus superiores en calquera materia do servicio; se implicase quebranto na organización do traballo ou se dela derivase prexuízo para a empresa ou para os compañeiros de traballo, poderá ser considerada como moi grave.

f) A repetición de faltas leves dentro dun semestre, aínda que sexan de distinta natureza.

g) A falta de asistencia ó centro de traballo sen causa que o xustifique, por un ou dous días.

Artigo 37º.-Faltas moi graves.

Son faltas moi graves:

a) A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como no trato cos compañeiros de traballo, ou calquera outra persoa ó servicio da empresa ou en relación de traballo con esta.

b) Facer negociacións de comercio ou industria relacionadas co tráfico marítimo por conta propia ou doutra persoa sen a expresa autorización do empresario, así como, a realización de calquera actividade que poida constituír competencia desleal.

c) Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materiais útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, mercadorías que se transporten, enxoval e documentos da empresa.

d) A embriaguez e o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo, sempre que se proben ámbolos casos.

e) Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa, así como revelar a elementos estraños ó empresario datos de reserva obrigada.

f) Proporcionar, usar ou dar información, declaración ou documentos falsos, adulterados ou a sabendas defectuosos.

g) A ocultación maliciosa de erros propios que causen prexuízo ó buque, empresario ou compañeiros e a ocultación ó xefe respectivo dos atrasos producidos no traballo, causantes de danos graves.

h) A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo así como alongar indebida e inxustificadamente unha manobra.

i) A simulación de enfermidade ou accidente.

j) Solicitar permisos ou licencias alegando causas non existentes.

k) A ausencia de a bordo, non estando franco do servicio sen permiso do xefe respectivo.

l) Non cumpri-la orde de embarque sen causa grave que o xustifique, así como quedar en terra inxustificadamente ó saí-lo buque para o mar ou en manobra no interior ou ría.

m) Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inescusable.

n) A repetición de faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan dentro do período dun ano desde a primeira.

o) A falta de puntualidade da que derive un prexuízo grave para o servicio, ou un prexuízo para a empresa.

p) O contrabando de mercadorías, productos intervidos ou tráfico de drogas ou estupefacientes durante o tempo de traballo ou cos medios deste, cando cheguen a constituír delicto segundo a lexislación vixente sobre a materia.

Igualmente, son faltas moi graves, sancionables unicamente co despedimento.

a) Malos tratos de palabra e obra e a falta grave de respecto e consideración ós xefes, así como ós compañeiros de traballo e subordinados ou calquera outra persoa coa que, por razón profesional, deba relacionarse a dotación.

b) A reincidencia en faltas de subordinación, disciplina ou incumprimento do servicio considerándose como tal a negativa a efectua-lo traballo ordenado, calquera que sexa a natureza deste e a hora en que deba realizarse.

c) O abuso de autoridade por parte dos xefes ou superiores respecto ós tripulantes que lles estean subordinados.

d) O abandono do servicio de garda.

e) A comisión de calquera infracción penal cometida fóra ou dentro do buque que poida ser motivo de desconfianza respecto ó seu autor.

f) O contrabando de mercadorías, divisas ou productos intervidos.

g) Igualmente considerarase como falta moi grave, obviamente, calquera das tipificadas no artigo 54 do vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 38º -Sancións ós traballadores.

Normas xerais. Poderánselles impor ós traballadores as sancións que nos puntos seguintes se determinan, observándose ó propio tempo as normas xerais que a continuación se indican:

1. Non se seguirá ningunha orde de prelación; poderase impor indistintamente calquera sanción das que segundo a cualificación da falta, se sinalan, debendo aplicarse a de maior importancia en todos aqueles casos que poidan afectar á disciplina.

2. As sancións que na orde laboral se poidan impor entenderanse sen menoscabo da indemnización de danos e perdas que proceder.

Por faltas leves. As sancións que se poidan impor por faltas leves serán as seguintes:

* Amoestación verbal. Amoestación por escrito.

Por faltas graves. Por faltas graves poderase impor algunha das seguintes sancións:

* Suspensión de emprego e soldo de 1 día a 3 meses.

Por faltas moi graves. Por faltas moi graves poderase impor algunha das seguintes sancións:

* Suspensión de emprego e soldo de tres meses e un día a seis meses.

* Despedimento.

Para a imposición das sancións aquí previstas aplicarase o establecido na lexislación vixente en cada momento.

Capítulo XI

Seguridade e hixiene no traballo

Sección primeira

Medidas de carácter xeral

Artigo 39º

Nos remolcadores deberán adoptarse as medidas necesarias para garanti-la seguridade do persoal das dotacións, evitando os accidentes de mar e de traballo. Estas medidas comprenderán tanto os mecanismos e aparellos preventivos das máquinas como os medios de protección persoal.

Artigo 40º

Observaranse as disposicións vixentes da OIT, así como as previsións contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, regulamento de aplicación e demais normas de desenvolvemento, e calquera regulamento de seguridade e hixiene no traballo vixente, e sen prexuízo do cumprimento de tales normas xerais e das dictadas ou que poida dicta-la Dirección Xeral da Mariña Mercante se terá en conta:

a) Sen excepción deben levar tódalas embarcacións unha caixa de urxencias con todo o material esixido polas disposicións de Sanidade.

b) As embarcacións e particularmente os aloxamentos e servicios do persoal estarán sempre en perfectas condicións hixiénicas, realizándose as desinfeccións e desinsectacións precisas e debendo reuni-las necesarias esixencias de limpeza.

c) A empresa facilitaralles ós traballadores os medios e tipos de protección persoal adecuados ós traballos que realicen. En todo caso facilitaranse dous equipos de roupa de traballo o de inverno e verán, cada ano.

-2 faenas de traballo. (Funda con anagrama).

-2 camisetas.

-1 casco.

-1 botas de seguridade.

-1 traxe de augas.

-2 toallas.

-2 guantes.

Os traballadores deberán, necesariamente, utilizar durante a xornada, a roupa de traballo e os medios de protección que se lles faciliten, conforme os acordos do delegado de prevención e empresa que será competente para establecer tipos de pezas de roupa, períodos de entrega e renovación destes.

Sección segunda

Delegados de seguridade e hixiene e prevención

Artigo 41º

Co fin de velar para que a normativa en canto á seguridade e hixiene no traballo contida na Lei de prevención de riscos laborais e nas súas normas de desenvolvemento, e a elaborada pola OIT e ratificada polo Estado español, sexan observadas pola empresa, nomearanse nesta os delegados de preven

ción que estableza a normativa vixente e cuns compoñentes que serán nomeados polos traballadores ou polos seus representantes por proposta da empresa.

Estes delegados velarán para que tódolos traballos se realicen nas mellores condicións de seguridade e hixiene, redactando de común acordo co empresario a normativa que deberá observa-la tripulación nesta materia.

Cando exista risco grave de accidente de traballo, estes delegados poderanlle propor ó capitán, patrón ou persoa responsable, a adopción de medidas para evitalo, debendo figurar esta proposta no diario de navegación do buque que legalmente sexa preceptivo.

Artigo 42º.-Comisión paritaria.

1. Para interpretar e vixia-la aplicación deste convenio créase unha comisión paritaria composta por dous membros, un nomeado pola parte social e outro pola parte económica. En concreto quedan designados: pola parte social Fernando España Vizoso, delegado de persoal e membro de CC.OO., e pola parte económica Ángel Porto Fernández, xerente de Remarsa.

2. As partes someterán cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos puidesen derivar da interpretación ou aplicación do convenio a esta comisión, que resolverá o que proceda no prazo máis breve posible, debendo reunirse non máis tarde de 7 días laborables despois de cada requirimento das partes.

3. A comisión paritaria utilizará, se é o caso, como último recurso e sempre que non se chegase a acordo no prazo de 30 días contados desde a primeira reunión, o procedemento arbitral a través do servicio da consellería correspondente.

Anexo convenio colectivo

Ano 2003

Salarios convenio

CategoríaSalario baseComp. convenioSalario mesPaga extra xulloPaga extra decembroTotal anual

Patrón maior de cabotaxe

Patrón de altura

1.254,23108,181.362,411.254,231.254,2318.857,38 A

Mecánico naval maior1.118,00108,181.226,181.118,001.118,0016.950,22 A

Mecamar994,6078,131.072,73994,60994,6014.861,96 A

Salarios persoal actual

NomeSalario base +

gratif. vol.

Valor consolidadoSegunda

actividade

Adaptación

convenio

Salario mesPaga extra xulloPaga extra

decembro

Total anual euros

José Valiño1.254,23140,32485,271.879,821.254,231.254,2325.066,23

Javier Galdo1.254,2321,6493,49210,351.579,721.254,231.254,2321.465,09

Fernando España1.203,0097,61626,461.927,071.203,001.203,0025.530,80

Francisco Martínez1.118,00108,181.226,181.118,001.118,0016.950,22

José Castro994,60107,05204,031.305,69994,60994,6017.657,45

Rafael caramés994,6089,3578,131.162,09994,60994,6015.934,25

-Pola representación social, o delegado de persoal. Tamén voluntariamente, por si mesmos, tódolos traballadores de Remarsa (flota):

Fernando España Vizoso (50294434-N), José Valiño Leiro (32377941-J), José J. Galdo Sierra (32660325-A),

Francisco J. Martínez Novo (76413772-K), Rafael A. Caramés Fernández (76517274-T).

-Pola representación empresarial:

Asdo.: Ángel Porto Fernández (32593995-M).

Ferrol, 13 de marzo de 2003

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA