Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-5-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do devandito convenio o día 30-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 21 de maio de 2003.
Elisa Madarro González
Delegada provincial da Coruña
Acta de revisión da táboa salarial 2002 e táboa salarial do ano 2003.
Empresa:
José Ignacio Lago Sánchez.
Manuel Batallán Casas.
Asesor:
Roberto Veira López-UGT.
Traballadores:
Francisco M. Sueiro Vila.
J. Ángel Vázquez Fernández.
J. Antonio Zamarra Juncal.
En Arteixo, o 30 de abril de 2003, ás 17.30 horas, reúnense nos locais da empresa Árbabra, S.A. as partes que á marxe se relacionan, membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Ártabra, S.A., os que, en aplicación do establecido nos artigos 3 e 6 do vixente convenio colectivo, adoptan os seguintes acordos:
1. Revisión da táboa salarial do ano 2002: efectua-la revisión salarial, do 1%, segundo a fórmula establecida no artigo 3 do convenio (anexo I).
2. Táboa salarial para o ano 2003: aplicar un incremento salarial do 2,5% sobre a táboa de salarios do ano 2002, unha vez realizada a revisión indicada no punto anterior (anexo II).
3. Desígnase a Roberto Veira López para efectua-los trámites de entrega do texto na Consellería de Xustiza.
Sen máis asuntos que tratar, levántese a sesión, ás 18.30 horas do día arriba indicado, asinando esta acta os presentes.
ANEXO I
Táboa de salarios definitiva ano 2002.
base convenio bruto anual
Categoría Salario
Complemento
Salario
Salario
Peón 557,70 172,89 730,59 10.958,85
Axudante 559,93 180,20 740,13 11.101,95
Ofic. 3ª 560,12 187,94 748,06 11.220,90
Ofic. 2ª 562,16 195,73 757,89 11.368,35
Ofic. 1ª 564,39 210,63 775,02 11.625,30
Encargado 566,61 221,85 788,46 11.826,90
Aux.Admin 562,16 195,73 757,89 11.368,35
Ofi.Admin 564,39 210,63 775,02 11.625,30
Vixilante 557,70 175,52 733,22 10.998,30
*Nota: o salario anual está composto por 15 pagas de 30 días incluídas as pagas do 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.
Cálculo valor hora extraordinaria
As horas extraordinarias para cada categoría calcularanse de acordo co seguinte módulo e recarga:
Recarga= 75x100 do módulo
salario anual
Módulo=
1.792 horas
Valor hora extraordinaria= 1,75xmódulo
ANEXO II
Táboa de salarios ano 2003
base convenio bruto anual
Categoría Salario
Complemento
Salario
Salario
Peón 571,64 177.21 748,85 11.232,75
Axudante 573,93 184,70 758,63 11.379,45
Ofic. 3ª 574,12 192,64 766,76 11.501,40
Ofic. 2ª 576,21 200,62 776,83 11.652,45
Ofic. 1ª 578,50 215,90 794,40 11.916,00
Encargado 580,78 227,40 808,18 12.122,70
Aux.Admin 576,21 200,62 776,83 11.652,45
Ofi.Admin 578,50 215,90 794,40 11.916,00
Vixilante 571,65 179,91 751,56 11.273,40
*Nota: o salario anual está composto por 15 pagas de 30 días incluídas as pagas do 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.
Cálculo valor hora extraordinaria.
As horas extraordinarias para cada categoría calcularanse de acordo co seguinte módulo e recarga:
Recarga= 75x100 do módulo
salario anual
Módulo=
1.792 horas