Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.337

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de xuño de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionario, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Advertido erro, na devandita orde, publicada no DOG nº 119, do venres, 20 de xuño de 2003, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 8.141, despois do DISPÓN, onde di: «..., os aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de acceso libre, e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destino provisional, o que figura no anexo», debe dicir: «..., os aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de promoción interna e acceso libre, e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destino definitivo ou provisional, segundo corresponda, o que figura no anexo».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA