Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.197

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 14 de maio de 2003 para a convocatoria de catro prazas de persoal laboral fixo para esta sociedade.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

a) Posto: profesor adxunto do Departamento de Marketing. Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Referencia: MK-0103.

1. Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa área (incluíndo elabora

ción do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como colaborar en tarefas relacionadas coas áreas de marketing, comercial e relacións públicas.

2. Prazas: 1-Xornada completa.

3. Requisitos:

-Titulación universitaria con validez en todo o territorio nacional ou título propio de universidades españolas relacionado coa xestión hostaleira.

-Experiencia profesional na área de 18 meses.

-Experiencia docente.

-Inglés, falado e escrito.

-Galego.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Coñecementos da área.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que hai que realizar:

-Exame eliminatorio de coñecementos de:

-Definición de marketing. Problemática do marketing de servicios.

-Análise da situación: o mercado, a competencia, o consumidor. Investigación comercial.

-Producto: análise da gama e ciclo de vida.

-Prezo: factores determinantes, estratexia xeral de prezos, secuencia de fixación.

-Distribución: sistemas de distribución, canles propias do sector hostaleiro, a franquía.

-Comunicación: venda persoal, promoción, publicidade, marketing directo e relacións públicas.

-Marketing e planificación estratéxica: estratexias de diferenciación e posicionamento, estratexias competitivas e implementación de estratexias.

-Lanzamento de novos productos.

-Sistemas de xestión e certificación da calidade aplicados ó sector hostaleiro.

-Proba de galego. No caso de acreditar coñecemento da lingua galega, estará exento da dita proba.

-Probas prácticas de ofimática (Microsoft Word, Excel e Access).

-Proba de inglés oral e escrito.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

b) Posto: profesor de idiomas. Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Referencia: ING-0203.

1. Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas co idioma inglés (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1-Tempo parcial.

3. Requisitos:

-Titulación universitaria con validez en todo o territorio nacional ou título propio de universidades españolas relacionado coa xestión hostaleira.

-Dominio oral e escrito do idioma inglés.

-Galego.

-Experiencia docente de 6 meses.

-Estadía de 6 meses en país onde o idioma inglés sexa idioma oficial.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Francés e alemán.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que hai que realizar:

-Exame oral e escrito de inglés (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Probas prácticas de Microsoft Word.

-Exame oral e escrito de francés e alemán.

-Proba de galego. No caso de acreditar coñecemento da lingua galega, estará exento da dita proba.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

c) Posto: profesor de idiomas. Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Referencia: AL-0303.

1. Funcións principais: baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas co idioma alemán (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

2. Prazas: 1-Tempo parcial.

3. Requisitos:

-Titulación universitaria con validez en todo o territorio nacional ou título propio de universidades españolas relacionado coa xestión hostaleira.

-Dominio oral e escrito do idioma alemán.

-Galego.

-Experiencia docente de 6 meses.

-Estadía de 6 meses en páis onde o idioma alemán sexa idioma oficial.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Inglés e francés.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que hai que realizar:

-Exame oral e escrito de alemán (eliminatorio).

-Impartición dunha clase.

-Planificación docente.

-Probas prácticas de Microsoft Word.

-Exame oral e escrito de francés e inglés.

-Proba de galego. En caso de acreditar coñecemento da lingua galega, estará exento da dita proba.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

d) Posto: consultor. Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Referencia: PPEE-0403.

1. Funcións principais: colaborar na análise das necesidades do cliente, deseño da intervención e, chegado o caso, implementación e seguimento desta.

2. Prazas: 1-Xornada completa.

3. Requisitos:

-Formación específica en xestión hostaleira.

-Experiencia profesional no sector hostaleiro de 9 meses.

-Inglés e/ou francés oral e escrito.

-Galego.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Coñecementos da operativa e da xestión de establecementos hostaleiros.

-Capacidade comercial.

-Ofimática.

-Francés e alemán.

-Capacidade de integración en equipos de traballo.

5. Probas que hai que realizar:

-Exame oral e escrito de inglés e/ou francés (eliminatorio).

-Exame eliminatorio de coñecementos de:

-Estructura e organización de empresas hostaleiras.

-Operativa nas áreas de alimentos, bebidas e aloxamento.

-Marketing estratéxico e operativo.

-Xestión financeira.

-Sistemas de calidade no sector hostaleiro.

-Probas prácticas de ofimática (Microsoft Word, Excel e Access).

-Proba de galego. En caso de acreditar coñecemento da lingua galega, estará exento da dita proba.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

e) Documentación que hai que presentar:

-Currículum vitae.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os requisitos esixidos, así como a formación complementaria (os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España) e/ou experiencia que se desexe xuntar para ser valorada, xunto co certificado de vida laboral.

-Para as prazas de profesor, certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

f) Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes, dirixidas ó director do Centro Superior de Hostalería de Galicia, faranse chegar ó enderezo seguinte: estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación do solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

g) Comisión de selección:

A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

h) Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, publicaranse as listas previas de admitidos e excluídos no proceso de selección.

O mecanismo de selección consistirá en:

Para as prazas con referencia MK-0103, ING-0203 e AL-0303: realización das probas especificadas, cunha puntuación máxima do 44% sobre o total posible e valoración de méritos cunha puntuación máxima do 56%.

Para a praza con referencia PPEE-0403: realización das probas especificadas, cunha puntuación máxima do 60% sobre o total posible e valoración de méritos cunha puntuación máxima do 40%.

i) Elaboración de listas para a cobertura de prazas temporais.

A lista de prazas convocadas, ordenada pola suma das puntuacións de cada un dos exercicios superados polos candidatos, con todos aqueles que aprobasen alomenos dúas probas do proceso de selección, utilizarase para a cobertura de prazas temporais da mesma categoría, que poidan ir xurdindo na sociedade, conforme o establecido no artigo 7.2º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Para a contratación de persoal laboral da lista mencionada no parágrafo anterior, Turgalicia instará ó primeiro da lista, mediante telegrama, para que compareza nas súas dependencias, e, se é o caso, acepte a praza ofertada. No caso de non presentarse, entenderase que renuncia a ela, procedéndose por parte da sociedade ó chamamento do seguinte da lista, decaendo o candidato que renunciou á praza en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste proceso.

Os candidatos que sexan chamados para unha contratación serán excluídos das listas durante o tempo de duración do contrato, e unha vez finalizado este, pasarán a ocupa-lo mesmo lugar que tiñan na lista no caso de contratos de duración inferior a seis meses, e pasarán ó derradeiro lugar da lista no caso de contratos superiores a seis meses.

En tódolos contratos temporais superiores a seis meses, establecerase un período de proba.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2003.

Pedro Juan Capó Martínez

Director-xerente de Turgalicia