Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.197

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso:

Nº de expediente: 30644C.

Obxecto: contratación, en réxime de arrendamento, do servicio de bar, cafetería-comedor e máquinas automáticas da CRTVG e as súas sociedades, TVG, S.A. e RTG, S.A., nas instalacións sitas en San Marcos, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións de contratación será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG, das 8.00 ás 14.00 horas, en días laborables.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en días e horas de oficina (das 8.00 ás 14.00 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55) sito no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitalas no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA

DE GALICIA, S.A.