Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra E.P. Merza-Bascuas (Vila de Cruces) (POL 2003).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da dita obra por importe de 161.591,65 A, IVE incluído.

Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.00 horas do segundo día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de xuño de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado