Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.117

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Metalships & Docks, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Metalships & Docks, S.A., con nº de código 3603382, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 21-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta

delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

II Convenio colectivo de traballo de Metalships & Docks, S.A.

Anos 2003-2004

Capítulo I

Ámbito, vixencia e estructura

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as condicións a que se deberán axusta-las relacións económicas e laborais de Metalships & Docks, S.A.

Afecta o persoal que actualmente presta servicios na referida empresa, así como aquel que ingrese no futuro, quedando excluído deste artigo o persoal a que fai referencia o artigo 1.3º c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio colectivo terá unha vixencia de dous anos, entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2003 e finalizará o 31 de decembro de 2004.

Artigo 3º.-Prórroga e vixencia.

Entenderase prorrogado de ano en ano, a non ser que calquera das partes solicite en forma legal a súa revisión ou rescisión cunha anticipación mínima de 3 meses á data de expiración do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Emprego e contratación

Artigo 6º.-Vacantes e postos de nova creación.

A provisión para cubrir vacantes, así como para postos de prazas de nova creación, axustarase ás normas legais e ó desenvolvido neste convenio.

A dirección da empresa determinará os criterios e/ou probas selectivas que se realizarán para a provisión e a documentación que se debe presentar.

A empresa comunicará ó comité de empresa o posto que se vai cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección. O comité de empresa velará pola súa aplicación obxectiva.

Terán dereito preferente para a provisión, en igualdade de méritos, os traballadores fixos da empresa e familiares.

En todo caso, a provisión de prazas que se refiran a postos de traballo que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas serán cubertas directa e discrecionalmente pola dirección da empresa.

Artigo 7º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo será subscrito entre empresa e traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes á súa incorporación, consonte calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser inscrito na oficina de emprego.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que queda encadrado o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Entregarase unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores.

A empresa notificará ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo a copia básicados cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

Técnicos titulados: 6 meses.

Técnicos non titulados: 2 meses.

Resto do persoal: 1 mes.

No non regulado aplicarase o disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Contratación eventual.

Contratos formativos.

1. Contrato en prácticas.

Requisitos: titulados, diplomados ou persoal con títulos oficiais equivalentes recoñecidos e que non transcorresen máis de catro anos desde a terminación dos estudios.

A duración non será inferior a 6 meses nin superior a 24.

O período de proba será dun mes para os traballadores en posesión do título de grao medio e 2 meses para os de grao superior.

Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por tempo superior a 24 meses en virtude da mesma titulación.

A retribución mínima dos traballadores contratados baixo esta modalidade será do 70% durante o primeiro ano e do 80% durante o segundo, do salario fixado en convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

A contía máxima de contratos en prácticas será a que recolle a normativa vixente.

2. Contrato de formación.

Requisitos: traballadores maiores de 16 e menores de 21 anos (que non teñan titulación para realiza-lo de prácticas).

A duración non será inferior a 6 meses nin superior a 24.

O traballador disporá do 15% da súa xornada para a formación teórica.

O período de proba non será superior a 2 meses.

A retribución será o SMI para o primeiro ano. Para o segundo, será o SMI máis o 10% do dito salario, sempre en proporción ó tempo de traballo efectivo.

A contía máxima para a celebración destes contratos será a mesma que para os contratos en prácticas.

Para o non recollido neste artigo, observarase o disposto na lexislación vixente.

Contratos de duración determinada.

3. Contratos eventuais por circunstancias da producción.

A duración non será superior a 6 meses dentro dun período de 12 meses.

Previsto para atender esixencias das circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

4. Contrato por obra ou servicio determinado.

Previsto para realización de obras ou servicios con autonomía e substantividade propias dentro da actividade da empresa, e a execución dos cales, aínda que limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

Para o non recollido neste artigo, observarase o disposto na lexislación vixente.

5. Contrato a tempo parcial.

Tódolos contratos a tempo parcial terán unha prestación efectiva superior a 12 horas e inferior ó 77% da xornada semanal. Estes traballadores non poderán efectuar horas extraordinarias, excepto as motivadas por forza maior de acordo co artigo 35.5 do Estatuto dos traballadores e gozarán dos mesmos dereitos que os traballadores a tempo completo.

Para o resto dos contratos non descritos, observarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 9º.-Empresas de traballo temporal.

Os contratos de posta á disposición celebrados con empresas de traballo temporal servirán para cubrir

actividades ocasionais de acordo co establecido legal e convencionalmente.

A realización de actividades e traballos especialmente perigosos para a seguranza ou saúde dos traballadores, determinados regulamentariamente e concretados na empresam non poderá ser cuberta por E.T.T. En tales supostos poderán utilizarse contratacións de duración determinada ou subcontratacións de empresas especializadas, garantíndose en todo caso a formación previa necesaria.

A empresa dará a coñecer ós representantes dos traballadores os contratos de posta á disposición e os contratos laborais dos traballadores afectados no prazo máximo de 10 días, a fin de aqueles poderen realiza-las funcións de tutela das condicións de traballo, formación e saúde laboral dos traballadores das E.T.T. entendéndose por tutela o dereito a presentar a través dos representantes dos traballadores da empresa usuaria reclamacións en relación coas condicións de execución da actividade laboral.

A partir da entrada en vigor deste convenio, os traballadores de E.T.T. que presten servicios na empresa percibirán polo menos, en xornada ordinaria e para actividade normal e segundo o sinalado no artigo 44º, os salarios mínimos garantidos do grupo profesional correspondente á actividade que realizan.

Artigo 10º.-Avisos previos de final de contrato.

Ó finaliza-lo contrato de traballo a empresa estará obrigada a notifica-lo cesamento ó traballador, por escrito e con 15 días de anticipación á data de finalización ou extinción dos contratos de duración igual ou superior a seis meses.

A empresa entregará ó traballador copia da liquidación cun prazo máximo de 5 días laborais posterior ó cesamento.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa están obrigados a pólo en coñecemento dela cumprindo os prazos de aviso previo:

Técnicos titulados e non titulados: 2 meses.

Resto do persoal: 15 días.

Artigo 11º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52 c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, alén da comunicación prevista na norma e, simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa da extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados como á representación dos traballadores da empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e cumprimento do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido

na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de 4 días hábiles.

3. Dos informes ós que fai referencia o número anterior darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

4. O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Pluriemprego.

De acordo co presente convenio colectivo, a empresa non poderá contratar en réxime de pluriemprego ou xornada reducida aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa.

Capítulo III

Organización do traballo, clasificación profesional e cadro de persoal

Artigo 13º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, conforme o prescrito neste convenio e na lexislación vixente, é facultade e responsabilidade exclusiva da dirección da empresa.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo anterior, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes, etc. no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 14º.-Clasificacións profesionais.

En canto non se aprobe o novo sistema de clasificacións profesionais que actualmente está sendo desenvolvido por Aclunaga, manterase a actual clasificación que figura no anexo I deste convenio.

Artigo 15º.-Ascensos.

1. Os ascensos dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza, tales como os que realizan os traballadores dos grupos profesionais do 01 ó 05, ambos inclusive, e secretaria de dirección serán de libre designación pola empresa.

2. Para o ascenso do resto dos traballadores, a empresa establecerá un concurso - oposición baseado nun sistema de carácter obxectivo, tomando como referencia a titulación adecuada, valoración académica, coñecemento do posto de traballo, historial profesional, ter desempeñado función de superior grupo profesional, formación específica por parte da empresa e superar satisfactoriamente as probas que para o efecto se establezan, así como calquera outro criterio que resulte do estudio de valoración de postos de traballo.

En idénticas condicións de idoneidade atribuirase o ascenso ó mais antigo.

O sistema confeccionado pola dirección será presentado ó comité de empresa.

Para os efectos de asegura-la representación do comité de empresa nos procedementos a través dos cales se produzan os ascensos, este designará un representante que participará no tribunal de concurso - oposición, con voz e sen voto. Así mesmo, fará constar en acta, levantada para o efecto, as súas excepcións.

Artigo 16º.-Cadro de persoal.

A empresa entregará cada ano ó comité de empresa o cadro de persoal do seu persoal fixo e noutras condicións laborais, sinalando o número de traballadores que comprende cada grupo.

Capítulo IV

Mobilidade xeográfica e funcional

Artigo 17º.-Concepto e principios xerais.

Considérase mobilidade funcional calquera cambio de funcións e tarefas previamente encomendadas e realizadas polo traballador, dentro do centro de traballo ó que está adscrito. Estará limitada pola necesidade de titulación académica ou profesional, así como calquera outro permiso, licencia ou habilitación esixido pola lexislación para o exercicio dunha determinada profesión ou función, e sempre salvagardando o principio xeral de boa fe contractual, así como o principio específico de igualdade e non discriminación nas relacións laborais.

Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo sobrevindas por falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

Sendo a mobilidade funcional materia esencial das condicións de prestación do traballo, para a súa correcta aplicación faise necesaria en todo momento a participación dos representantes legais dos traballadores, nos termos que se indican neste convenio.

Artigo 18º.-Clases de mobilidade funcional.

A mobilidade funcional pode ser de tres clases:

1. Mobilidade funcional vertical. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas traspasan os límites do grupo profesional de pertenza do traballador, pero non así a división funcional ó que está adscrito.

Dentro desta hai dúas variantes:

* Mobilidade vertical ascendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel superior, sen altera-la división funcional de pertenza.

* Mobilidade vertical descendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel inferior, sen altera-la división funcional de pertenza.

2. Mobilidade funcional horizontal. É aquela que implica cambio de división funcional de adscrición previa do traballador.

3. Mobilidade funcional ordinaria. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas se producen dentro dos límites do encadramento profesional do traballador; isto é, a súa pertenza a un grupo profesional e unha división funcional determinados.

Artigo 19º.-Mobilidade funcional vertical.

1. No caso de mobilidade funcional vertical ascendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal entendéndose por tales non superiores a 6 meses, a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de tarefas dun grupo profesional de nivel superior dentro da mesma división funcional; notificándose os cambios simultaneamente ós traballadores afectados e á súa representación legal.

No caso de que o cambio de posto supere os seis meses nun ano ou os oito meses en dous anos salvo que estea fundado en motivos de substitución por IT ou excedencia - o traballador poderá, por vontade propia, continuar realizando estes traballos ou volver ó posto que ocupaba con anterioridade. No primeiro suposto ascenderá automaticamente.

Se o cambio de grupo profesional implica retribucións superiores, os traballadores afectados percibirán as do posto de destino.

Sexa cal for o tempo de duración da mobilidade e a causa que a xerou, recoñecerase e valorarase, para efectos de promoción profesional e nos termos que se acorde, o mérito que supón a ocupación de funcións de tarefas de grupos profesionais de nivel superior.

2. En caso de mobilidade funcional vertical descendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas -xustificadas en razóns perentorias ou imprevisibles da actividade productiva- a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dun grupo profesional de nivel inferior.

A adscrición a este tipo de funcións e tarefas farase polo tempo imprescindible para a súa atención que, en todo caso, non deberá exceder dos tres meses.

Transcorrido este período de tempo, o traballador será incorporado ó posto de orixe.

Será necesaria a comunicación coa representación legal e cos traballadores afectados.

Tentarase establecer un reparto equitativo entre os distintos traballadores cando xurda o requirimento deste tipo de mobilidade.

Os traballadores afectados por esta clase de mobilidade funcional percibirán as retribucións propias do posto e grupo profesional de orixe.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional horizontal.

Por xustificadas razóns organizativas, técnicas ou productivas perentorias ou imprevisibles a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dunha división funcional distinta á de pertenza previa, sen variación do grupo profesional.

Tratándose dunha modificación substancial das condicións de traballo (artigo 41 ET), sempre que a dirección da empresa encontre e xustifique necesario facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional, será preceptiva a comunicación á representación legal dos traballadores.

Será, así mesmo, neste proceso de negociación e acordo onde se fixará o alcance temporal (indefinido ou limitado) dos cambios propostos e as consecuencias que isto entrañe.

Igualmente, estableceranse a reciclaxe ou formación necesaria e os períodos de adaptación ás novas funcións e tarefas.

En calquera caso, garantirase o mantemento das retribucións que as persoas afectadas viñesen percibindo nos seus anteriores postos, en caso de que estas fosen superiores ás do posto de destino. Se as retribucións do posto de destino fosen superiores, os traballadores afectados percibirán as do novo posto.

No caso de que o cambio de área funcional leve emparellado un cambio de grupo profesional (mobilidade vertical), para estes últimos rexerán, ademais, as normas previstas neste convenio para estes supostos.

Artigo 21º.-Mobilidade funcional ordinaria.

Aínda cando, dun modo xeral e atendéndose ó previsto neste acordo, os casos de mobilidade funcional ordinaria non terán que ser necesaria e preceptivamente acordados coa representación legal dos traballadores - salvo no caso de implicaren algunha modificación substancial das condicións de traballo - si se fai necesario que a dita representación estea sempre puntualmente informada dos cambios, podendo intervir naqueles casos en que considere necesario facelo.

Unha excepción a isto constitúeo a posibilidade de aplica-la mobilidade funcional ordinaria naqueles casos en que os cambios propostos superen o precepto ó que indirectamente se refire o artigo 22.1º ET cando define o concepto de categoría profesional

equivalente, isto é, cando os cambios de funcións e tarefas que impliquen a aplicación da mobilidade funcional ordinaria exceda do concepto de equivalencia. En tal suposto, a aplicación da mobilidade funcional ordinaria estará suxeita á comunicación coa representación legal dos traballadores.

Artigo 22º.-Mobilidade xeográfica.

A mobilidade xeográfica no ámbito deste convenio atinxe os seguintes casos:

a) Desprazamentos.

b) Traslados.

Artigo 23º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento o destino temporal dun traballador a un lugar de destino distinto do seu centro habitual de traballo.

A empresa poderá despraza-los seus traballadores ata o límite máximo dun ano.

A empresa designará libremente os traballadores que se deban desprazar cando o destino non esixa pernoitar fóra de casa ou cando, existindo esta circunstancia, non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos en que o desprazamento esixa pernoitar fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, a empresa proporá o desprazamento ós traballadores que considere idóneos para realiza-lo traballo e procederá á súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocuparen as prazas, observando as seguintes preferencias para non ser desprazado:

a) Representantes legais dos traballadores.

b) Diminuídos físicos e psíquicos.

c) Embarazadas.

A empresa que desexe realizar algún dos desprazamentos superiores a tres meses que obriguen o traballador a pernoitar fóra do seu domicilio, deberá avisa-los afectados con, polo menos, 5 días laborables de anticipación.

En calquera caso, os avisos previos deberanse realizar por escrito.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non permitan ó traballador pernoitar no seu domicilio, a empresa e os afectados convirán libremente nas fórmulas para que os traballadores poidan regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención de viaxes de ida e regreso en todos ou parte dos fins de semana, adecuación ás xornadas de traballo para facilitar visitas periódicas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención de desprazamento dos seus familiares, etc.

Nos supostos de non chegarse a acordo nesta materia, observarase disposto nos artigos 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de 4 días laborables de estadía no seu domicilio

de orixe por cada 3 meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos da cal correrán a cargo do empresario.

Por acordo individual, poderase pacta-la acumulación destes días engadíndose, mesmo, ás vacacións anuais.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais de á totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñese percibindo, ás axudas de custo e gastos de viaxe que proceda.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa tivese o traballador de desprazarse a presta-lo seu labor noutros centros de traballo que puidesen existir ou noutras empresas, o tempo investido no desprazamento deberá estar dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desprazamento tivese que inicia-la viaxe antes de dar comezo á súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez excedida a hora oficial de terminación da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

Artigo 24º.-Traslados.

Coa finalidade de poder cubrir necesidades de producción noutros centros de traballo que puidese te-la empresa, recóllese no presente convenio o concepto de traslado.

Considerarase como tal a adscrición definitiva dun traballador a un centro de traballo da empresa distinto daquel en que viña prestando os seus servicios e que requira cambio da súa residencia habitual.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou productivas que o xustifiquen, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá, de acordo co traballador, proceder ó traslado a un centro de traballo distinto da mesma con carácter definitivo.

No suposto de traslado, o traballador será avisado con, polo menos, 30 días de anticipación por escrito.

Neste suposto devengaranse os gastos de viaxe do traballador e a súa familia, os gastos de traslado de mobles e útiles e cinco axudas de custo por cada persoa que viaxa dos que compoñan a familia e convivan co desprazado.

Capítulo V

Tempo de traballo

Artigo 25º.-Xornada anual de traballo.

A xornada laboral anual será de 1.745 horas para o ano 2003. Para aqueles traballadores cun nivel de absentismo non superior ó 5% durante o período desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 30 de novembro do mesmo ano, será de 1.740 horas.

A xornada laboral anual será de 1.740 horas para o ano 2004.

Artigo 26º.-Horario.

O horario de traballo establécese, con carácter xeral, para a totalidade do persoal, coa exclusiva excepción de persoal con contratos que recollan horarios diferentes, e durante os doce meses do ano, como a seguir se indica:

De luns a venres de 8.00 a 13.00 horas e de 14.00 a 17.15 horas.

As horas que se citan son indicativas do efectivo comezo e terminación do traballo, polo que a non presentación no posto de traballo á hora de comezo indicada ou o abandono do mesmo antes da finalización terá a consideración de infracción por incumprimento do convenio.

O exceso de xornada semanal sobre a establecida legalmente destínase ó desfrute de pontes e outros descansos.

Establecerase de común acordo o calendario laboral para os anos 2003 e 2004.

Artigo 27º.-Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal afectado polo presente convenio será de 30 días naturais para tódolos traballadores.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico, sendo o seu desfrute obrigatorio.

A empresa poderá organizar quendas de vacacións en función da carga e urxencia dos traballos en curso por realizar.

Todo o persoal será informado cun mínimo de dous meses antes do comezo das súas vacacións, do período que lle corresponde.

O período de vacacións estará recollido nos calendarios laborais. Para o ano 2003 serán 30 días naturais comprendidos entre o 30 de xuño e o 14 de setembro, ambos inclusive.

Capítulo VI

Licencias, exdecencias e xubilación

Artigo 28º.-Licencias, excedencias e xubilacións.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

1. Quince días naturais en caso de matrimonio.

2. Tres días naturais por nacemento de fillo legalmente recoñecido, que poderán ser prorrogados por un día máis en caso de enfermidade xustificada, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, garantíndose que destes tres días dous serán laborables.

3. Cinco días naturais por falecemento de cónxuxe ou fillos.

4. Catro días naturais por falecemento de pais, sogros e irmáns, que poderán ampliarse a un día

máis, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

5. Dous días naturais por falecemento de avós, avós políticos, fillos políticos, netos e cuñados, que poderán ampliarse a catro días naturais, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

6. Tres horas en caso de falecemento de tío en 3º grao de consanguinidade.

7. Tres días naturais en caso de enfermidade grave dos familiares comprendidos nos números 3 e 4, así como fillos políticos.

8. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

9. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

10. Falecemento por accidente durante a xornada laboral dun compañeiro de traballo: todo o persoal o resto da xornada laboral.

11. Por enterro dun traballador de Metalships & Docks, S.A.: unha representación dos traballadores ata un máximo de cinco, polo tempo necesario para a asistencia ó enterro.

12. Un día natural por matrimonio de pais, irmáns, fillos e netos.

Artigo 29º.-Licencias sen soldo.

Avisando coa debida anticipación e aceptado pola empresa, de non supor unha alteración importante dos medios productivos, o traballador poderá solicitar licencia sen soldo por causa xustificada ou ampliación das do artigo 28º.

A duración desta licencia será a necesaria e determinarase entre empresa e traballador.

Artigo 30º.-Asistencia e consultas médicas.

O traballador, logo de aviso e con xustificación posterior do facultativo, poderá faltar ó traballo ou ausentarse del con dereito a toda a súa remuneración por un máximo de tres horas/día para a asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social; e polo tempo imprescindible, no caso de asistencia a consulta de especialista da Seguridade Social.

No caso de consulta ó médico de cabeceira, terá unha limitación de 25 horas anuais.

Tamén poderán faltar ó traballo para asistir a consultas de médicos privados, logo de aviso e xustificación posterior, cun máximo de 3 horas/día.

Artigo 31º.-Suspensión con reserva do posto de traballo.

A suspensión abranguerá, en aplicación do número 1 d) do ET, os seguintes supostos:

Maternidade: risco durante o embarazo da muller traballadora e adopción ou acollemento preadoptivo ou permanente de menores de seis anos.

Será de aplicación o establecido no número 4º do artigo 48 do ET para suspensións por nacementos, adopción ou acollemento e o establecido no número 5º do artigo 48 do ET para suspensións por riscos durante o embarazo. Neste caso a empresa complementará ata o 100% da base reguladora da prestación.

Artigo 32º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

a) Permiso por lactación dun fillo menor de nove meses.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai no caso de ambos traballaren.

b) Reducción da xornada por garda legal de menores e outros supostos:

En aplicación do artigo 37.5º do ET quen por razóns de guarda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, ó menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela .

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción da xornada contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do período de lactación e da reducción de xornada previstos nos parágrafos anteriores corresponderá ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisa-lo empresario con 15 días de anticipación da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 33º.-Excedencia por oidado de fillos e familiares.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situárense en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se trans

correron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contando desde a data do nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano os traballadores para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

Esta excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante der dereito a un novo período de excedencia, o inicio da mesma dará fin ó que, se é o caso, se viñese disfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Artigo 34º.-Excedencias.

1. Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

2. Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade na empresa de ó menos un ano terá dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de anticipación como mínimo á data en que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de finalización do disfrute da excedencia.

A notificación farase por escrito e a empresa estará obrigada a avisar da recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 35º.-Plan de axuste laboral.

A aplicación do plan de axuste laboral para o ano 2003 estará regulado polos acordos asinados entre a empresa e a representación dos traballadores.

Artigo 36º.-Xubilacións.

Para o ano 2004, a empresa e os traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ou prexubilacións.

Artigo 37º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e independentemente do previsto no artigo anterior, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Capítulo VII

Seguranza e hixiene, saúde laboral

Artigo 38º.-Seguranza e hixiene no traballo.

A protección da saúde dos traballadores constitúe un obxectivo básico e prioritario das partes asinantes e consideran que para alcanzalo se require o establecemento e planificación dunha acción preventiva no centro de traballo e na empresa que teñan por fin a eliminación ou reducción dos riscos na súa orixe, a partir da súa avaliación, adoptando as medidas necesarias, tanto na corrección da situación existente como na evolución técnica e organizativa da empresa, para adapta-lo traballo á persoa e protexe-la súa saúde.

No que atinxe designación dos servicios de prevención, delegados de prevención, comité de seguranza e saúde, e en cantas materias afecten a prevención da saúde e a seguranza dos traballadores, serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e normativa concordante.

Artigo 39º.-Recoñecemento.

A empresa estará obrigada a realizar un recoñecemento médico anual como mínimo para todo o persoal, dentro da xornada laboral.

Este recoñecemento médico será coordinado polo departamento de recursos humanos e o servicio médico da empresa.

Artigo 40º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal da roupa de traballo adecuada.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas cada ano e, se for necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro. As indicadas dúas fundas mínimas serán entregadas dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural e tamén ó inicio dunha contratación.

En relación co calzado, o empresario dotará o traballador dun par de botas de seguranza como mínimo, que lle protexan dos riscos que a súa actividade poida provocar, e sempre que tal actividade requira estas pezas de protección.

Se proverá de roupa e calzado impermeable o persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de chuvias frecuentes, así como tamén ós que tivesen que actuar en lugares notablemente alagados ou lamacentos. En contactos con ácido dotarase o traballador de roupa adecuada.

Así mesmo, dotarase o persoal técnico e administrativo que o solicite da roupa adecuada para a realización das súas tarefas (bata, ...).

En calquera caso, as pezas de roupa (EPIS) terán que te-la aprobación do servicio de prevención de riscos laborais.

Para aqueles traballos que o requiran por unha especial sucidade, disporase dun stock de fundas para tal función, sendo a súa limpeza responsabilidade da empresa. Especialmente refírese a engraxamento de guindastres, limpeza de cárteres, limpeza de tanques, montaxe de tubos impregnados en aceite e traballos a criterio do xefe de departamento.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, a empresa terá que proporcionarlle uns, sempre que en función do traballo que realice as rompese ou sufrisen deterioración que impida seguilas usando.

Se o traballador necesita vidros correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.

Artigo 41º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocuparen os postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Capítulo VIII

Percepcións económicas (concepto, estructura, compensacións, indemnizacións)

Artigo 42º.-Sistema retributivo e pagamento de retribucións.

As retribucións anuais do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base e os complementos.

As retribucións que perciban tódolos traballadores por tódolos conceptos enumerados terán a consideración de retribucións brutas anuais e, por tanto, inclúen dúas pagas extraordinarias que serán distribuídas en doce meses.

En cuanto ós anticipos observarase o disposto na lexislación vixente. Os anticipos solicitaranse con 48 horas de anticipación, no departamento de recursos humanos.

Artigo 43º.-Descrición das retribucións.

As retribucións anuais do persoal estarán formadas polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Complemento persoal non absorbible.

c) Complemento de antigüidade.

d) Complemento de puntualidade.

e) Complemento convenio.

f) Complemento de producción.

Artigo 44º.-Salario base.

A táboa de salarios base mínima anual para 2003 por cada grupo profesional, expresadas en A é a seguinte:

Grupo 1: 25.271,06 A.

Grupo 2: 21.589,74 A.

Grupo 3: 18.163,75 A.

Grupo 4: 17.214,26 A.

Grupo 5: 16.216,29 A.

Grupo 6: 15.467,27 A.

Grupo 7: 14.719,51 A.

Grupo 8: 14.261,46 A.

Grupo 9: 13.814,80 A.

Grupo 10: 12.126,54 A.

Grupo 11: 11.479,36 A.

Aprendices: 5.545,30 A.

Para o ano 2004 o incremento será do IPC máis un punto sobre as táboas do salario base convenio do ano 2003, reflectidas na táboa anterior.

Artigo 45º.-Axuda de custos de alimentación.

Establécese para o ano 2003 unha axuda de custo de alimentación de 3,13 A por día de asistencia ó traballo; e para o ano 2004 será de 3,22 A/ día.

Esta axuda de custo aplicarase só ó persoal que preste os seus servicios no horario de luns a venres de 8.00 a 13.00 e de 14.00 a 17.15 horas.

Artigo 46º.-Complemento persoal non absorbible.

Con o fin de salvagarda-lo dereito adquirido polos traballadores a título persoal, en función da súa procedencia de orixe, a empresa continuará aboando

o complemento persoal non absorbible (CPNA). Estas cantidades non poderán ser absorbidas ou compensadas por outros conceptos retributivos, salvo acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 47º.-Complemento de antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade para tódolos traballadores de 216,36 A/ano por quinquenio tanto para o ano 2003 como para o 2004, pagadoiro en doce mensualidades de igual contía e calculado en función da data de alta na empresa da seguinte forma:

Alta do 1 ó 15: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes en que se cumpre o quinquenio.

Alta do 16 a fin de mes: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes seguinte en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 48º.-Complemento de puntualidade.

Aboarase un complemento de puntualidade, consistente nun 3,35% calculado sobre o salario base e pagadoiro en doce mensualidades de igual contía.

A súa percepción estará suxeita á normativa seguinte:

* Descontarase por falta de puntualidade:

* 1 falta: se nos dous meses naturais anteriores non tivo ningunha: cero.

se tivo falta: 10%.

* 2 faltas: 25%.

* 3 faltas: 50%..

* 4 faltas:.100%..

Artigo 49º.-Complemento convenio.

Constitúese un complemento convenio anual que quedará establecido para o ano 2003 da seguinte forma:

Ano 2003

Grupo 1:1.502 A.

Grupo 2:1.460 A.

Grupo 3:1.406 A.

Grupo 4: 767 A.

Grupo 5: 715 A.

Grupo 6: 675 A.

Grupo 7: 640 A.

Grupo 8: 590 A.

Grupo 9: 519 A.

Grupo 10: 462 A.

Grupo 11: 404 A.

Este complemento será de aplicación a tódolos traballadores que na data da sinatura do presente convenio non perciban nin CPNA nin gratificación voluntaria, e sempre e cando o importe que perciba como complemento convenio no 31 de decembro do ano 2002 non exceda esta cantidade.

O criterio será o seguinte: pagarase complemento convenio sempre e cando as percepcións do traba

llador por salario base real e complemento non excedan o salario base segundo táboa convenio e o complemento convenio previsto para o seu grupo.

No caso de que as contías que perciban de CPNA ou gratificación voluntaria sexan inferiores ás sinaladas anteriormente, estas serán completadas ata alcanzaren a contía total prevista para o seu grupo.

Unha vez aplicada a táboa cos criterios sinalados, incrementaránselle a cada grupo as seguintes contías lineais:

Ano 2003

Grupo 1:30 A/ano.

Grupo 2:30 A/ano.

Grupo 3:30 A/ano.

Grupo 4:30 A/ano.

Grupo 5:30 A/ano.

Grupo 6:30 A/ano.

Grupo 7:30 A/ano.

Grupo 8:30 A/ano.

Grupo 9:30 A/ano.

Grupo 10:15 A/ano.

Grupo 11:15 A/ano.

Para o ano 2004 se aplicará un incremento do 35% sobre o importe consolidado, seguindo os mesmos criterios establecidos para o ano 2003.

Artigo 50º.-Complemento producción.

O complemento de producción constitúese como un concepto retributivo ligado á asistencia. Os seus importes anuais para o ano 2003 quedan establecidos da seguinte forma:

Ano 2003

Grupo 4:809,42 A.

Grupo 5:764,45 A.

Grupo 6:701,50 A.

Grupo 7:674,52 A.

Grupo 8:643,04 A.

Grupo 9:584,58 A.

Grupo 10:539,61 A.

Grupo 11:494,64 A.

Este complemento reducirase ou cancelará da forma seguinte:

Ano 2003

Grupo 4:0,46 A.

Grupo 5:0,44 A.

Grupo 6:0,40 A.

Grupo 7:0,39 A.

Grupo 8:0,37 A.

Grupo 9:0,34 A.

Grupo 10:0,31 A.

Grupo 11:0,28 A.

Aplicable a calquera ausencia exceptuando accidentes de traballo e período de vacacións.

Para o ano 2004 incrementaranse tanto as percepcións como os descontos correspondentes, no IPC + 1 punto.

Artigo 51º.-Axudas de custo, desprazamentos e aloxamentos.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar desprazamentos ou viaxes a poboacións distintas daquela onde estea o centro de traballo, percibirán no ano 2003:

a) Unha axuda de custo de mantenza e aloxamento de acordo co seguinte criterio e distribución:

* Realizando unha comida fóra e pernoitando no seu domicilio 12,62 A.

* Realizando dúas comidas fóra e pernoitando no seu domicilio 21,50 A.

* Por pernoita e almorzo fóra de domicilio 27,44 A.

b) Os gastos de locomoción serán a cargo da empresa, a cal establecerá o medio de transporte máis idóneo.

Se entre empresa e traballador se acorda que o desprazamento sexa en vehículo propio do traballador, establécese unha compensación de 0,23 A por km, co que quedan cubertos tódolos factores do custo, excepto a peaxe de autoestrada.

c) Se o desprazamento ou viaxe non orixina gasto ningún por locomoción, mantenza, aloxamento, etc., por asumilo a empresa na súa totalidade, a empresa non aboará ningunha cantidade por estes conceptos.

Se por realización de traballos dentro da localidade onde se encontra o centro de traballo, o traballador se encontrase realizando horas extraordinarias, na que se vise imposibilitado o desprazamento ó seu domicilio para xantar ou cear, a empresa aboará por cada unha das comidas a cantidade de 5,68 A.

Ademais da compensación por gastos de viaxe e desprazamento, establécese:

1. Por día pernoitado fóra do domicilio, aboaráselle ó traballador o valor de dúas horas extras, pagadas como tales horas extras, sen compensalas por tempo de descanso, máis as horas traballadas que excedan 8 h 15 min.

2. As horas de viaxe consideraranse todas como horas normais traballadas, excepto sábados, domingos, festivos e pontes, que serán consideradas como horas extras.

3. Cando o traballador vaia navegando 24 ou máis horas en buque en garantía ou reparacións, con aloxamento e mantenza a bordo, considerarase traballada a xornada completa nos días laborables, e ademais recibirá unha gratificación de 35,53 A/día.

Os sábados, domingos, festivos e pontes daráselle o mesmo tratamento en canto ás horas como se se traballase en factoría, recibíndose, así mesmo, a cantidade de 35,53 A por día como gratificación, a excepción do punto 3º.

Estas contías referenciadas serán de aplicación no ano 2003. A aplicación será idéntica para o ano 2004 incrementándose as súas contías no IPC.

Artigo 52º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Se, a pesar dos medios dispostos e medidas tomadas, se presentase de forma puntual un traballo considerado tóxico, penoso ou perigoso aboaráselle ó persoal afectado e polo tempo que dure este traballo, segundo acordo asinado en data 20 de xaneiro de 2003 coa dirección da empresa.

Artigo 53º.-Seguro de vida, invalidez e accidente.

Manterase o seguro colectivo de vida, invalidez e accidente, a cargo da empresa durante a vixencia do presente convenio, sendo os valores asegurados para o ano 2003 os seguintes:

Falecemento: 13.823,28 A.

Invalidez absoluta e permanente: 13.823,28 A.

Morte por accidente: 13.823,28 A.

Morte por accidente de circulación: 13.823,28 A

E para o ano 2004 os valores anteriores incrementaranse en 601 A.

Artigo 54º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extra aquelas que excedan a duración da xornada de traballo a que se refire o artigo 25º.

A iniciativa do traballo en horas extra corresponde á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador, a excepción daqueles casos en que a súa non realización produza á empresa graves prexuízos e/ou impida a continuidade da producción e/ou sexan causas de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros análogos a non realización das cales produza evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como en caso de risco de perda de materias primas.

As horas extras motivadas por causa de forza maior e as estructurais notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente entre empresa e comité de empresa, para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Horas extra estructurais son aquelas necesarias por perdas ou períodos punta de producción, ausencias impostas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobra de buques, botaduras, varadas e outros supostos similares.

1. Horas extras normais.

Son as realizadas desde as 6.00 ás 22.00 horas e que excedan a xornada normal do traballador. O seu valor establécese na táboa seguinte.

-Hora extra normal.

Ano 2003 en A

Grupo 4:13,72

Grupo 5:12,94

Grupo 6:12,35

Grupo 7:11,83

Grupo 8:11,40

Grupo 9:11,01

Grupo 10: 9,74

Grupo 11: 9,29

2. Horas extras nocturnas, en sábados, domingos e festivos.

Consideraranse horas extras nocturnas as comprendidas entre as 22.00 horas e as 6.00 horas do día seguinte.

O valor das horas citadas no subtítulo establécese na táboa seguinte, no cal está incluído o complemento de nocturnidade.

-Hora extra domingos, festivos.

Ano 2003 en A

Grupo 4:16,90

Grupo 5:15,95

Grupo 6:15,21

Grupo 7:14,56

Grupo 8:14,06

Grupo 9:11,01

Grupo 10:12,01

Grupo 11:11,37

Para o ano 2004 incrementaranse no IPC + 1 punto.

Ademais das horas extras correspondentes, aqueles traballadores que por necesidades de producción teñan que presta-los seus servicios en domingo ou festivo terán unha gratificación de 30 A por cada xornada. De igual forma se fará en casos especiais (como por exemplo, os electricistas).

3. Xornada completa en domingos ou festivos descansando ó día seguinte.

Será aboada cun incremento do 10% sobre o salario base, CPNA, complemento convenio e complemento de puntualidade, non traballándose ó día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. No caso dos días festivos se o día seguinte fose xornada de sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extra, segundo o número 54.2º.

Xornada completa = (A/B) x 8h x 0,10

A= Importe anual de salario base + CPNA + complemento convenio+ p. puntualidade.

B= nº horas xornada anual.

4. Xornada completa de noite por cambio de quenda.

Será aboada cun incremento do 25% sobre o salario base, CPNA, complemento convenio e complemento de puntualidade. Nesta porcentaxe está incluído o complemento de nocturnidade.

Xornada noite cambio quenda = (A/B) x 8h x 0,25.

A= Importe anual de salario base + CPNA + complemento convenio + p. puntualidade.

B= nº horas xornada anual.

5. Traballos en días de ponte.

As horas de traballo realizadas durante estes días pagaranse como horas extras, conforme o establecido nos números 54.1º e 54.2º.

6. Compensacións de horas extras.

O 50% das horas extras realizadas por cada traballador, de luns a venres, serán compensadas por tempo de descanso retribuído, a razón de 1,25 horas por cada hora, acumulándose para seren desfrutadas en días ou medios días.

Unha vez acumuladas as horas dun mes, poderán ser desfrutadas dentro dun prazo de 3 meses. Caso de non poder desfrutalas en tal prazo, estas serían aboadas ó traballador na nómina do mes seguinte de finaliza-lo prazo de 3 meses.

Capítulo IX

Código de conducta laboral

Artigo 55º.-Código de conducta.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores/as que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa graduación das faltas que se establece nos artigos seguintes.

Corresponde á empresa, en uso da facultade de dirección, impor sancións nos termos estipulados no presente acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron. Ó mesmo tempo a empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal da mesma poderase dilatar ata sesenta días despois da data da súa imposición.

Artigo 56º.-Graduación de faltas.

Toda falta cometida polos traballadores/as clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en leve, grave e moi grave.

Artigo 57º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes, entre outras:

1. O incumprimento inxustificado do horario de traballo cando non supoña falta grave.

2. Non notificar previamente ou dentro das 24 horas seguintes á falta a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. O abandono do posto de traballo sen causa fundada, aínda cando sexa por breve tempo. Se como

consecuencia do mesmo se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do equipamento e do material.

5. Non utilización da roupa de traballo obrigatoria.

6. Non atender ó público, compañeiros, subordinados ou superiores coa corrección e dilixencias debidas, se é o caso.

7. Non comunicar á empresa os cambios de residencia e domicilio.

8. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador/a que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

9. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

10. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

11. Falta de aseo e limpeza persoal.

12. A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

Artigo 58º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo nun período de trinta días naturais e de seis faltas, calquera que sexa o atraso, no mesmo período.

2. Ausencia sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta días naturais. Bastará unha soa falta cando houbese que substituír un compañeiro se, como consecuencia dela, se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa, sen aviso á mesma durante a primeira hora de traballo.

3. Non comunicar, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

5. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

6. A simulación de enfermidade ou accidente.

7. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela derivase prexuízo notorio

para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

8. Disimula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

9. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

10. A imprudencia en acto de traballo, se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En tódolos casos, se considerará imprudencia en acto de servicio o non uso da roupa de seguranza e aparellos de seguranza de carácter obrigatorio.

11. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

12. A reincidencia en falta leve (excluída puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado comunicación escrita.

13. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.

14. Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas ou falta de respecto á intimidade ou a dignidade das persoas.

Artigo 59º.-Faltas moi graves.

Considéranse faltas moi graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de doce faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou vintecatro durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, romper ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, obxectos e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa, por calquera outra clase de feito que poidan implicar para esta desconfianza respecto ó seu autor, e, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

7. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar, a elementos estraños a ela, datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade, falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros e subordinados ou ós seus familiares.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo sempre que non estea motivada polo exercicio de algún dereito recoñecido polas leis.

12. Orixinar frecuentes rifas e pendencias cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes de terse producido a primeira.

14. O abuso de autoridade que se puidese cometer por parte dos mandos ou con delegación de mando será sempre considerado como falta moi grave e sancionada en consecuencia, entendendo polo dito abuso o que cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dunha norma ou precepto legal que prexudique notoriamente un inferior.

15. As faltas inxustificadas de asistencia ó traballo durante 3 días consecutivos ou 5 alternos, nun período de 30 días.

16. Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

Artigo 60º.-Réxime de sancións. -Sancións-.

As sancións máximas que poderán imporse pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves:

* Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

* Amoestación por escrito.

* Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

* Amoestación por escrito.

* Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

* Despedimento.

Artigo 61º.-Prescrición.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

* Faltas leves: dez días.

* Faltas graves: vinte días.

* Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas empezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Ademais do aquí sinalado, será de aplicación o código de conducta aprobado polo comité de seguridade e saúde laboral de Metalships & Docks, S.A.

Capítulo X

Dereitos sindicais, formación

Artigo 62º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

A empresa dará conta das novas contratacións que realicen ós representantes legais dos traballadores.

A empresa dotará á representación sindical dun taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. En canto á inserción da propaganda observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Logo da existencia de común acordo entre a empresa, sindicatos e representantes dos traballadores, poderase pacta-la acumulación mensual de horas sindicais nun só representante.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

* Ata 100 traballadores: 15 horas.

* De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais, que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Artigo 63º.-Formación.

Os traballadores poderán asistir a cursos de formación xeral por eles decididos. Logo de xustificación da súa matrícula a empresa facilitará, na medida do posible, as quendas de traballo máis adecuados para a realización dos ditos estudios.

Artigo 64º.-Formación profesional.

Ós traballadores que participen en cursos de formación continua teránselles en conta estes para efectos de promoción interna e para o acceso a categorías superiores.

Capítulo XI

Comisión paritaria, lexislación subsidiaria

Artigo 65º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Constituirase unha comisión mixta como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

A comisión mixta estará composta por catro membros, dous representantes dos traballadores e dous representantes da empresa, os cales, de entre eles, elixirán un secretario que actuará de moderador.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes respecto á interpretación das súas cláusulas serán sometidas ó dictame obrigatorio desa comisión, como trámite previo e necesario a calquera denuncia do convenio.

Esta comisión poderá solicitar asesoramento en caso de discrepancia ós organismos competentes (AGA, SMAC, etc.).

A convocatoria de reunión da comisión mixta poderá ser requirida por calquera das partes, reunión que se celebrará nun prazo máximo de 72 horas. A comisión deberá resolver nun prazo máximo de 15 días posteriores á reunión.

No suposto de non existir acordo, elevarase a acta cos resultados das interpelacións, elevándose á autoridade laboral competente.

ANEXO I

Definición dos grupos profesionales

A pertenza a un determinado grupo profesional vén definida polos seguintes factores:

a) Autonomía. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta a maior ou menor dependencia xerárquica no desempeño da función que se desenvolva.

b) Mando. Factor para a valoración do cal deberá de terse en conta:

I. Capacidade de ordenación de tarefas.

II. Capacidade de interrelación.

III. Natureza do colectivo.

IV. Número de persoas sobre as que se exerce o mando.

c) Responsabilidade. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta tanto o grao de autonomía de acción do titular da función como o grao de influencia sobre os resultados e importancia da conveniencia da xestión.

d) Coñecementos. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta, ademais da formación técnica necesaria para cumprir correctamente a misión, o grao de coñecemento e experiencia adquiridos, así como a dificultade na adquisición deses coñecementos ou esixencias.

e) Iniciativa. Factor para a valoración do cal deberá de terse en conta o maior ou menor sometemento a directrices ou normas para a execución da función.

f) Complexidade. Factor a valoración do cal estará en función do maior ou menor número, así como do maior ou menor grao de integración dos diversos factores antes enumerados na tarefa ou posto encomendado.

En función dos factores anteriores, os grupos profesionais serán os seguintes:

-Grupo profesional 11. Criterios xerais.

Operacións que se executen segundo instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requiren preferentemente esforzo físico e/ou atención e que non necesitan de formación específica, pero si dun período de adaptación.

Formación. Coñecementos a nivel de formación elemental.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que por analoxía son equiparables ás seguintes:

* Actividades manuais en acondicionamento e/ou embalaxes.

* Operacións elementais de máquinas sinxelas, entendendo por tales aquelas que non requiren adestramento e coñecementos específicos.

* Operacións de carga e descarga manuais ou con axuda de elementos mecánicos simples.

* Operacións de limpeza.

* Tarefas que consisten en efectuar recados, encargas, transporte manual, levar ou recoller correspondencia.

* Etcétera.

-Grupo profesional 10. Criterios xerais.

Funcións que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso e concreto, con alto grao de supervisión, que normalmente esixen coñecementos profesionais de carácter elemental.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que por analoxía son equiparables ás seguintes:

* Actividades de axuda en proceso de elaboración de productos.

* Actividades operatorias en acondicionamento e/ou embalaxes con regulación e posta a punto.

* Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, mecánica, pintura, etc. de traballadores que se inician na súa práctica.

* Labores elementais en laboratorio.

* Vixilancia de edificios e locais sen requisitos especiais e sen armas.

* Funcións de recepción que non esixan cualificación especial ou coñecemento de idiomas.

* Traballos de reprografía.

* Traballos sinxelos e rutineiros de mecanografía, arquivo, cálculo, facturación ou similares de administración.

* Etcétera.

-Grupo profesional 9. Criterios xerais

Funcións consistentes na execución de operacións que, aínda cando se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas e a responsabilidade das cales está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada profesionalmente por unha formación específica deste carácter ou pola experiencia profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que por analoxía son equiparables ás seguintes:

* Tarefas de albanelería, electricidade, carpintería, pintura, mecánica, etc., con capacidade suficiente para realiza-las tarefas normais do oficio.

* Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares que requiran algún grao de iniciativa.

* Vixilancia xurada ou con armas.

* Operadora de télex e fax.

* Telefonista-recepcionista sen dominio de idiomas estranxeiros.

* Funcións de pagamento e cobramento a domicilio.

* Tarefas de gravación de datos.

* Tarefas de lectura, anotación, vixilancia e regulación baixo instruccións detalladas dos procesos industriais ou da subministración de servicios xerais de fabricación.

* Traballos de mecanografía, con boa velocidade e esmerada presentación, que poidan levar implícita a redacción de correspondencia segundo formato ou instruccións específicas.

* Tarefas de axuda en almacéns que, ademais de labores de carga e descarga, impliquen outras complementarias dos almaceneiros.

* Tarefas de transporte e paletización, realizadas con elementos mecánicos.

* Labores de calcado de planos.

* Realización de análises sinxelas e rutineiras de fácil comprobación e funcións de toma e preparación de mostras para análises.

* Etcétera.

-Grupo profesional 8. Criterios xerais.

Funcións consistentes na execución de operacións que, mesmo que se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, e a responsabilidade das cales está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada cunha experiencia profesional en empresas do Grupo Rodman, de ó menos 10 anos no grupo profesional 9.

-Grupo profesional 7. Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan habitualmente iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a responsabilidade delas, podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación. Formación básica, graduado escolar, bacharel elemental ou equivalente, complementada con formación específica de carácter profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

* Operador de ordenador.

* Taquimecanografía, que alcance 100 palabras por minuto de taquigrafía e 240 pulsacións en máquina, con boa presentación de traballo e ortografía correcta, capaz de redactar directamente correo de trámite segundo indicacións verbais.

* Redacción de correspondencia comercial, cálculo de prezos á vista de ofertas recibidas, recepción e tramitación de pedidos e facer propostas de contestación.

* Tarefas que consisten en establecer, con base en documentos contables, unha parte da contabilidade.

* Cálculo de salarios e valoración de custos de persoal.

* Tarefa de análises físicas, químicas e determinacións de laboratorio realizadas baixo supervisión, sen que sexa necesario sempre indicar normas e especificacións, implicando, ademais, o coidado dos aparellos e a súa homologación, preparación de reactivos necesarios, obtención de mostras e extensión de certificados e boletíns de análise.

* Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, pintura, mecánica, etc., con capacitación ó mais alto nivel, que permita resolver tódolos requirimentos da súa especialidade.

* Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercadorías e distribución con rexistro en libros ou máquinas para o efecto do movemento diario.

* Tarefas de delineación.

* Conducción ou conducción con repartición, con permiso de conducción de clase C, D ou E, entendendo que poden compaxina-la actividade de conducir coa repartición de mercadorías.

* Funcións de control e regulación nos procesos de producción que xeran transformación de producto.

* Tarefas de regulación e control que se realizan indistintamente en diversas fases e sectores de proceso.

* Vendedores sen especialización.

* Etcétera.

-Grupo profesional 6. Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan habitualmente iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a responsabilidade das mesmas, podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación. Formación básica, equivalente a bacharelato elemental ou ben graduado escolar, complementada con formación específica de carácter profesional e cunha experiencia profesional en empresas do Grupo Rodman, de ó menos 10 anos no grupo profesional 7.

-Grupo profesional 5. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo a realización das funcións de integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe, ademais, a realización de tarefas que, aínda sen implicaren ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación. Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en bacharelato superior, FP-II ou equivalentes, completados cunha experiencia, polos estudios específicos necesarios para desenvolve-la súa función.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que por analoxía son asimilables ás seguintes:

* Tarefas que consisten no exercicio de mando directo ó fronte dun conxunto de operarios de oficios (albanelería, carpintería, pintura, electricidade, mecánica, soldadura, montaxe, caldeirería, etc.).

* Tarefas de traducción, corresponsalía, taquimecanografía e teléfono con dominio dun idioma estranxeiro.

* Programador de informática.

* Tarefas de contabilidade consistentes en reuni-los elementos subministrados polos axudantes e confeccionar estados, balances, custos, provisións

de tesourería e outros traballos análogos, consonte o plan contable da empresa.

* Tarefas que impliquen a responsabilidade da vixilancia e aplicación dos medios e medidas de seguranza.

* Tarefas de confección e desenvolvemento de proxectos, segundo instruccións.

* Responsabilidade da supervisión, segundo especificacións xerais recibidas, da execución práctica das tarefas de análise nun conxunto de laboratorios.

* Actividades que impliquen a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción que poidan ser secundadas por un ou varios traballadores do grupo profesional inferior.

* Vendedores especializados.

* Etcétera.

-Grupo profesional 4. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo a realización das funcións de integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe ademais a realización de tarefas que, aínda sen implicaren ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación. Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en bacharelato superior, FP-II completados cunha experiencia profesional en empresas do Grupo Rodman, de ó menos 10 anos no grupo profesional 5.

-Grupo profesional 3. Criterios xerais.

Funcións que consisten en integrar, coordinar e supervisa-la execución de tarefas heteroxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúese, ademais, a realización de tarefas complexas, pero homoxéneas que, aínda sen implicaren mando, esixen un alto contido intelectual, así como aquelas que consisten en establecer ou desenvolver programas ou aplicar técnicas seguindo instruccións xerais.

Formación. Coñecementos equivalentes a formación académica de grao medio, completada cun período de prácticas ou experiencia adquirida en traballos análogos.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

* Realización de funcións técnicas a nivel académico medio, que consisten en colaborar en traballos de investigación, control de calidade, estudios, vixilancia ou control en procesos industriais ou en servicios profesionais ou científicos de asesoramento.

* Analista de aplicacións de informática.

* Responsabilidade de ordenar e supervisa-la execución de tarefas de producción, mantemento, servicios ou administración do conxunto dos mesmos.

* Responsabilidade dunha unidade homoxénea de carácter administrativo ou do conxunto de servicios administrativos.

* Inspectores ou supervisores da rede de vendas.

* Etcétera.

-Grupo profesional 2. Criterios xerais

Inclúen as funcións que consisten na realización de actividades complexas con obxectivos definidos e con alto grao de esixencia nos factores de autonomía e responsabilidade, dirixen normalmente un conxunto de funcións que comportan unha actividade técnica ou profesional especializada.

Formación. Equivalente a titulación académica superior ou ben de grao medio, completada cunha dilatada experiencia profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

* Realización de funcións que impliquen tarefas de investigación ou control de traballos con capacitación para estudiar e resolve-los problemas que se presenten.

* Supervisión técnica dun proceso ou sección de fabricación ou da totalidade do proceso.

* Supervisión técnica dun grupo de servicios ou da totalidade deles e mesmo de tódolos procesos técnicos.

* Coordinación, supervisión e ordenación de traballos administrativos heteroxéneos.

* Responsabilidade da explotación dun ordenador.

* Análise de sistemas de informática.

* Delegados da rede de vendas.

* Etcétera.

-Grupo profesional 1. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo aqueles postos que requiren un alto grao de autonomía, coñecementos profesionais e responsabilidade que se exercen sobre un ou varios sectores da empresa partindo de directrices xerais moi amplas, debendo de dar conta da súa xestión a algunha das persoas incluídas no grupo 0.

Formación. Equiparable ós niveis académicos superiores, completados con estudios específicos e dilatada experiencia profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que por analoxía son asimilables ás seguintes:

* As funcións consistentes en planificación, ordenación e supervisión dos servicios.

* As consistentes en ordenación e supervisión de sistemas, procesos e circuítos de traballo.

* O desenvolvemento de tarefas de xestión e de investigación a alto nivel como a programación, desenvolvemento e responsabilidade polos resultados.

* A responsabilidade do control, planificación, programación e desenvolvemento do conxunto de tarefas de informática.

* Etcétera.

-Grupo profesional 0. Criterios xerais.

Os traballadores pertencentes a este grupo planifican, organizan, dirixen e coordinan as diversas actividades propias do desenvolvemento da empresa. As súas funcións comprenden a elaboración da política de organización, as liñas xerais da utilización eficaz dos recursos humanos e dos aspectos materiais, a orientación e o control das actividades da organización, conforme o programa establecido e a política adoptada; o establecemento e mantemento de estructuras productivas e de apoio e o desenvolvemento da política industrial, financeira ou comercial.

Toman decisións ou participan no seu elaboración. Desempeñan altos postos de dirección ou execución dos mesmos niveis nos departamentos, divisións, grupos, fábricas, plantas, etc. en que se estructura a empresa e que responden sempre á particular ordenación de cada unha.