Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de maio de 2003 pola que se declara de interese galego a Fundación Familia Naveyra Goday e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Con data do 13 de marzo de 2003 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 26 de febreiro de 2003, pola que se clasifica como de interese benéfico-asistencial a Fundación Familia Naveyra Goday, adscribíndoa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

O obxecto da fundación é segundo establece o artigo 2 dos seus estatutos atende-las necesidades perentorias, en calquera forma que determine o órgano de goberno, das persoas sen medios propios de fortuna, que elixan a residencia El Remanso sita no barrio dos Rosales da cidade da Coruña, pertencente á Fundación El Remanso, de carácter benéfico-asistencial.

En canto non estea en funcionamento a residencia El Remanso, poderanse atende-las necesidades perentorias en calquera forma que determine o órgano de goberno, das persoas sen medios propios de fortuna acollidas en calquera fundación ou asociación domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan por fin a atención de persoas sen medios propios de subsistencia.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e o artigo 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de orga

nización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Familia Naveyra Goday, ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordena-la inscrición da Fundación Familia Naveyra Goday no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de darlle publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada ante o protectorado a lle render contas anualmente e xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presentarlle o proxecto de orzamento con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicita-las preceptivas autorizacións cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Socias, Emprego

e Relacións Laborais