Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de maio de 2003 pola que se establecen axudas para dotacións e adquisicións de equipos para a prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2003.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 108, do 5 de xuño de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 7.212, columna 2, artigo 11º.1, onde di: «As delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente valorarán as peticións segundo os criterios de selección recollidos no artigo 8º», debe

dicir: «As delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente valorarán as peticións segundo os criterios de selección rrecollidos no artigo 7º».

Na páxina 7.214, columna 1, artigo 15º paragrafo 3º, onde di: «No referente ós certificados da Axención Estatal da Administración Tributaria e Economía e Facenda da Xunta de Galicia, será admisible do mesmo xeito a autorización a que se refire o artigo 4º», debe dicir: «No referente ós certificados da Axencia Estatal da Administración Tributaria e Economía e Facenda da Xunta de Galicia, será admisible do mesmo xeito a autorización a que se refire o artigo 12º».