Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.134

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, do Consello Galego de Cooperativas, pola que se fan públicas as bases dos concursos sobre cooperativismo nos centros escolares de Galicia e se procede á súa convocatoria.

A Constitución española no seu artigo 129.2º encoméndalles ós poderes públicos a promoción das diversas formas de participación na empresa e o fomento, mediante unha lexislación adecuada das sociedades cooperativas.

A Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, recoñece de interese social a promoción e o desenvolvemento das sociedades cooperativas, e crea o Consello Galego de Cooperativas como máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma.

Coa finalidade de promove-la educación e a formación cooperativa nos distintos niveis do sistema educativo xeral, o Consello Galego de Cooperativas nas súas reunións do Pleno e da Comisión Permanente, do 28 de febreiro e do 31 de marzo de 2003, respectivamente, acordou a realización de actividades de divulgación do cooperativismo neste ano,

entre as que se atopa a convocatoria de premios en distintas modalidades nos centros de ensino de primaria e secundaria e nos centros de formación profesional.

A concreción e realización destas actividades articúlase a través de acordo de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, que serán as encargadas de designa-lo comité organizador.

Polo que antecede, en uso das atribucións que teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

A publicación das bases dos concursos de premios nas modalidades de debuxo e pintura e de vídeos, sobre o cooperativismo, dirixido ós alumnos dos centros de ensino de primaria e secundaria, nas modalidades de debuxo e pintura, e ós alumnos dos centros de secundaria na modalidade de vídeo, así como na modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixido ós alumnos dos centros de formación profesional, e a súa convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As bases reguladoras recóllense nos anexos I, II e III.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

María José Cimadevila Cea

Presidenta do Consello Galego de Cooperativas

ANEXO I

Bases do concurso de debuxo e pintura

sobre cooperativismo

1. Participantes.

Poden participar neste certame tódolos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma con alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria.

2. Categorías.

Dada a diferencia de idade entre o alumnado, establécense catro categorías:

-A: alumnos de 1º, 2º e 3º de educación primaria.

-B: alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

-C: alumnos do primeiro ciclo de ESO.

-D: alumnos do segundo ciclo de ESO.

3. Condicións técnicas.

Os traballos presentaranse en formato e soporte libre, empregando as técnicas que o alumno decida, podendo optar entre o formato DIN-A4 ou DIN-A2.

No reverso do debuxo consignarase os datos do autor/a : nome, apelidos, idade, curso, enderezo do centro escolar, así como a categoría na que participa.

4. Presentación dos traballos.

Os centros que participen neste certame presentarán os traballos realizados polos seus alumnos antes do 15 de novembro de 2003 na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (San Caetano, s/n, bloque 5º-3ª planta, Santiago de Compostela).

5. Xurado.

a) Os traballos que participen neste certame serán examinados e valorados por un xurado composto polos seguintes membros:

-Dous representantes do Consello Galego de Cooperativas.

-Un representante da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

-Un técnico especialista nas materias de debuxo e pintura.

Os membros do xurado serán nomeados polo comité organizador do certame.

b) O xurado valorará nos traballos presentados a orixinalidade e a representación dos valores e actitudes que fomenta o cooperativismo.

c) As decisións do xurado serán inapelables.

6. Premios.

Os traballos presentados poderán optar ós seguintes premios:

-Un premio ó mellor traballo de cada categoría: o autor/a do traballo premiado en cada categoría recibirá un ordenador e diploma acreditativo.

-Catro accésits por cada categoría: o autor/a de cada traballo premiado recibirá materiais de debuxo e pintura, así como diploma acreditativo.

Tódolos premios e accésits de cada unha das categorías serán outorgados polo xurado.

Ningún premio ou accésit poderá quedar deserto.

7. Publicación e entrega dos premios.

A concesión dos premios publicarase no DOG.

A entrega dos premios terá lugar o día 13 de decembro de 2003, nun acto público.

8. Recollida dos traballos.

Os centros poderán recolle-los traballos dos seus alumnos na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (San Caetano, s/n, bloque 5º-3ª planta, Santiago de Compostela), nun prazo de tres meses a partir do día da publicación dos premios.

9. Aceptación das bases.

A participación no concurso supón a aceptación destas bases, así como a cesión do dereito da propiedade no caso dos debuxos e pinturas gañadores.

ANEXO II

Bases do concurso de vídeos sobre cooperativismo

1. Participantes.

Poden participar neste certame tódolos centros educativos da nosa Comunidade Autónoma con alumnado de secundaria obrigatoria.

2. Categorías.

Dada a diferencia de idade entre o alumnado, establécense dúas categorías:

-A: alumnos do primeiro ciclo de ESO.

-B: alumnos do segundo ciclo de ESO.

3. Condicións técnicas.

a) As produccións presentaranse en vídeo VHS, independentemente do formato en que fosen producidas. Tamén poderán ser presentadas en CD, en formato AVI cun tamaño mínimo de 320x240 píxels, audio en 44.1 e codec de compresión Divx.

De optaren pola opción de presentación electrónica ou páxina web, presentarase nun arquivo Powerpoint (*.ppt), ou a web completa cun arquivo de inicio denominado index.htm nun CD.

Tanto as cintas como os CD, non poderán conter máis dun programa e deberán ser entregadas debidamente identificadas.

b) As obras deberán estar editadas en galego e a súa duración non poderá exceder de 10 minutos.

4. Presentación dos traballos.

Os centros que participen neste certame presentarán os traballo realizados polos seus alumnos antes do 15 de novembro de 2003 na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas.

5. Xurado.

a) Os traballos que participen neste certame serán examinados e valorados por un xurado composto polos seguintes membros:

-Dous representantes do Consello Galego de Cooperativas.

-Un representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Un técnico especialista en audiovisual.

Os membros do xurado serán nomeados polo comité organizador do certame.

b) O xurado valorará nos traballos presentados a orixinalidade e a presentación dos valores e actitudes que fomenta o cooperativismo.

c) As decisións do xurado serán inapelables.

6. Premios.

Os traballos presentados poderán optar ós seguintes premios:

-Un premio ó mellor traballo de cada categoría: o autor/a do traballos premiado en cada categoría recibirá un ordenador e diploma acreditativo.

-Catro accésits por cada categoría: o autor/a de cada traballo premiado recibirá materiais audiovisuais, así como diploma acreditativo.

Tódolos premios e accésits de cada unha das categorías serán outorgados polo xurado.

Ningún premio ou accésit poderá quedar deserto.

7. Publicación e entrega dos premios.

A concesión dos premios publicarase no DOG.

A entrega dos premios terá lugar o día 13 de decembro de 2003, nun acto público.

8. Recollida dos traballos.

Os centros poderán recolle-los traballos dos seus alumnos na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (San Caetano, s/n, bloque 5-planta 3ª, Santiago de Compostela) nun prazo de tres meses a partir do día da publicación dos premios.

9. Aceptación das bases.

A participación no certame supón a aceptación destas bases, así como a cesión do dereito da propiedade no caso dos vídeos gañadores.

ANEXO III

Bases do concurso de proxectos empresariais

cooperativos formación profesional

1. Participantes.

Poden participar neste certame tódolos centros educativos, que impartan formación profesional específica, da nosa Comunidade Autónoma.

2. Fases do certame.

Establécense dúas fases:

-1ª fase: plan de traballo sobre o cooperativismo no centro escolar.

Os centros que desexen participar presentarán antes do 15 de xullo un plan de traballo que desenvolverán no seu centro educativo sobre o fomento do cooperativismo; nel poden verse xornadas sobre o cooperativismo, visitas a cooperativas e calquera outra actividade para desenvolver que propicie o cooperativismo entre o alumnado do centro escolar. Débese especifica-lo número de alumnos que se ten previsto que participen nestas actividades.

De entre tódolos centros participantes seleccionaranse 16 centros, repartidos do seguinte xeito: 5 centros da provincia da Coruña, 5 centros da provincia de Pontevedra, 3 centros da provincia de Lugo e outros 3 centros da provincia de Ourense. A relación de centros seleccionados publicarase nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na súa páxina web antes do 30 de xullo.

Os centros seleccionados contarán cun importe de 1.000 euros para a realización das actividades propostas no seu plan de traballo. Estas actividades realizaranse durante o mes de outubro.

Tendo en conta que o cooperativismo é recoñecido como a expresión práctica de importantes valores sociais e que a súa práctica fomenta actitudes e valores sociais como a solidariedade, o espírito

democrático, a participación, a actuación colectiva, a solución de conflictos de forma pactada, etc., valorase do plan de traballo presentado as actuacións que potencien e propicien estes valores, así como a forza e presencia de accións de animación, divulgación e promoción do cooperativismo como saída laboral dos alumnos de formación profesional, ademais do número de alumnos participantes.

-2ª fase: proxectos empresariais cooperativos.

Cada un dos 16 centros seleccionados deberá presentar un ou varios proxectos empresariais cooperativos. En cada proxecto poderán participar como mínimo cinco alumnos, que deberán estar dirixidos na elaboración deste proxecto por un profesor-director.

Dos proxectos empresariais cooperativos valorarase a súa coherencia, orixinalidade e viabilidade económica, así como a súa relación co contorno onde se desenvolven.

Os proxectos deberán estar redactados en galego.

3. Xurado.

a) O comité organizador do certame seleccionará na fase 1 os dezaseis centros.

b) Os proxectos empresariais cooperativos que participen neste certame serán examinados e valorados por un xurado composto polos seguintes membros:

-Dous representantes do Consello Galego de Cooperativas.

-Un representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Dous técnicos especialistas en temas cooperativos.

Os membros do xurado serán nomeados polo comité organizador do certame.

c) As decisións tanto do comité organizador como do xurado serán inapelables.

4. Premios.

Os proxectos empresariais cooperativos presentados poderán optar ós seguintes premios:

Premios ó mellor proxecto empresarial cooperativo:

-3.000 euros que se repartirán entre os alumnos que elaboraron o proxecto.

-Unha viaxe para visitar unha cooperativa, por valor máximo de 1.000 euros, para o profesor-director do proxecto.

Premios ós catro proxectos empresariais cooperativos finalistas:

-500 euros para cada proxecto finalista, que se repartirán entre os alumnos que elaboraron cada un dos proxectos finalistas.

-200 euros en cheques para libros para cada un dos profesores-directores dos proxectos finalistas.

Tódolos premios serán outorgados polo xurado.

Ningún premio poderá quedar deserto.

5. Inscrición.

-1ª fase:

Os centros participantes neste certame deberán presenta-lo seu plan de traballo na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (San Caetano, s/n, bloque 5º-3ª planta, Santiago de Compostela).

O prazo de presentación finalizará o día 15 de xullo de 2003.

Deberá xuntarse á solicitude, que incluirá os datos identificativos do centro, dos alumnos e do profesor-director, o plan de traballo que se vai desenvolver.

-2ª fase:

Os proxectos empresariais cooperativos, que deberán presenta-los 16 centros seleccionados, deberán entregarse na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (San Caetano, s/n, bloque 5º-3ª planta, Santiago de Compostela).

O seu prazo de presentación finaliza o día 28 de novembro de 2003. Poderase utilizar calquera tipo de envío sempre que garanta a entrega do proxecto no lugar e prazo referidos anteriormente.

Deberá xuntarse ós proxectos empresariais cooperativos:

-Currículum do grupo (nomes, apelidos, idades, estudios dos integrantes do grupo, así como datos sobre o profesor-director do proxecto).

6. Publicación e entrega dos premios.

A concesión dos premios publicarase no DOG.

A entrega dos premios terá lugar o día 13 de decembro de 2003, nun acto público.

7. Recollida dos traballos.

Os centros poderán recolle-los traballos dos seus alumnos na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas (San Caetano, s/n, bloque 5º-3ª planta, Santiago de Compostela), nun prazo de tres meses a partir do día da publicación dos premios.

8. Aceptación das bases.

A participación no certame supón a aceptación destas bases.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA