Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de xuño de 2003 pola que se dá cumprimento ó auto número 43/2003, do 26 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto polo Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo o recurso contencioso-administrativo pro

cedemento abreviado nº 38/1999, interposto por Juan Manuel Carballeira Pereira, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, entre outras, na categoría 68 (pastor/a oficial 1ª e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, (DOG do 11 de decembro) dictou sentencia nº 255/2001, do 14 de xuño, pronunciándose no seguinte sentido:

«Decido que estimo o recurso contencioso-administrativo interposto polo letrado José Manuel Fernández Varela, en nome e representación de Juan Manuel Carballeira Pereira, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, de data 1 de decembro de 1998, pola que se eleva a definitiva a proposta dos que superaron o proceso selectivo para o ingreso nas categorías correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no concreto aspecto de non figurar incluído na lista definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo o recorrente, para o acceso á categoría correspondente ó grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, praza de pastor/oficial de servicios técnicos e outros, categoría 68, acceso libre; e declaro o seu dereito a ser restablecido e a figurar como tal, para os efectos de que poida ser nomeado e tomar posesión do referido posto de traballo. E condeno a Administración demandada a que cumpra tales

declaracións e lle dea efectos desde que o recorrente debería ter tomado posesión, aboándoselle tódolos haberes que correspondan desde aquel momento».

Con data do 24 de xullo de 2001, o director xeral da Función Pública dispuxo a execución da sentencia nos seus propios termos, en virtude do disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Mediante resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de xullo de 2001, aceptouse a renuncia formulada no seu día por Jesús López López á praza correspondente á categoría 68 do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia con efectos desde esa mesma data.

Como consecuencia, procedía publicar unha nova relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 68 (pastor/a oficial 1ª e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, na que se recolla a alteración provocada pola execución da citada sentencia, é dicir, que en lugar de figurar nela Jesús López López debe figurar Juan Manuel Carballeira Pareira,. o que se efectuou pola Orde do 30 de xullo de 2001, pola que se modifica a do 1 de decembro de 1998 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, entre outras, na categoría 68 (pastor/a oficial de primeira e outros) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, de tal xeito, que en lugar de figurar nela Jesús López López figurou

Juan Manuel Carballeira Pereira, DNI 33813014 (DOG nº 165, do 27 de agosto de 2001).

Con data 6 de setembro de 2001, o señor Carballeira Pereira presentou a documentación esixida na base V.1 da orde da convocatoria e, entre ela, a titulación esixida na base I.2 e anexo I.

Seguidamente, procedeuse a citar ó Sr. Carballeira Pereira ó acto de elección dos destinos que se lle ofertan, que tivo lugar o 7 de novembro de 2001 ás 9.30 horas nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública, elixindo o posto co código AG.C99.10.501.15001.040 da categoría 68 do grupo III (pastor/a oficial de primeira e outros).

De acordo co disposto na base V da orde de convocatoria do proceso selectivo, así como no artigo 12 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, os devanditos trámites previos son imprescindibles para poder proceder ó nomeamento como persoal laboral fixo e tomar posesión do posto de traballo que se adxudique.

Solicitada polo recorrente a execución forzosa da sentencia ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, este concede a esta consellería un prazo de dez días para formular alegacións.

Neste prazo a Dirección Xeral da Función Pública pon en coñecemento do xulgado, entre outros extremos, que á vista da documentación presentada polo Sr. Carballeira Pereira, non reuniría o requisito de titulación esixido para ser nomeado persoal laboral fixo da categoría 68 do grupo III de acordo coas bases da convocatoria, polo que non podería ser nomeado laboral fixo da Xunta de Galicia, en aplicación e de acordo co disposto no artigo 12.2º.2. do III convenio colectivo único, e na base V.2 da orde de convocatoria do proceso selectivo.

Por auto do 12 de decembro de 2001 do Xulgado do Contencioso-Adminsitrativo de Lugo notificado o 27 de decembro, requírese a Consellería da Presidencia e Administración Pública para que execute a sentencia nº 255/2001, do 14 de xuño e en consecuencia sinale día e hora para a toma de posesión do actor, absténdose de calquera acto que impida a execución da sentencia e aboe os atrasos conforme o sentenciado. Este auto é inmediatamente executivo.

En cumprimento do dito auto, por Orde do 8 de xaneiro de 2002 (DOG nº 8, do 11 de xaneiro), noméase persoal laboral fixo da Xunta de Galicia a Juan Manuel Carballeira Pereira, do grupo III, categoría 68, adxudicándolle destino definitivo no posto de capataz agrícola, no Servicio de Sanidade e Producción Vexetal (A Coruña), dependente da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (C.P.:AG.C99.10.501.15001 040). O 12.01.02 formalizouse o correspondente contrato como laboral fixo e toma posesión do posto adxudicado o 23-1-2002.

Interposto por esta Administración recurso de apelación contra o devandito auto do xulgado do 12 de decembro de 2001, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dicta o 26-2-2003, auto nº 43, que é firme nos seguintes termos:

A SALA ACORDA:

«Con estimación do recurso de apelación presentado pola letrada da Xunta de Galicia, e revogando o auto de data 12 de decembro de 2001, dictado polo Xuzgado do Contencioso-Administrativo número un de Lugo, debemos ter por executada en debida forma a sentencia, sen que proceda o nomeamento do actor como persoal laboral por no ter acreditado en debida forma a titulación requirida».

Polo tanto, procede dar cumprimento ó auto da sala que revoga o auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo de data do 12 de decembro de 2001 e, en consecuencia, a orde desta Consellería do 8 de xaneiro de 2002 (DOG nº 8, do 11 de xaneiro) pola que se daba cumprimento a este auto.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Deixar sen efecto a Orde do 8 de xaneiro de 2002 (DOG nº 8, do 11 de xaneiro), e, en consecuencia quedan sen efecto, o nomeamento como persoal laboral fixo da categoría 68 do grupo III, da Xunta de Galicia de Juan Manuel Carballeira Pereira, con DNI nº 33813014, por non ter acreditada a titulación esixida para o ingreso na referida categoría, así como os actos derivados desta, perdendo os dereitos derivados do seu nomeamento e se procede a declara-la súa baixa na devandita categoría profesional.

Segundo.-O interesado deberá cesar no posto que lle foi adxudicado o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG, sen prexuízo de que esta orde se lle notifique persoalmente.

Terceiro.-Contra esta orde pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou, directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da dita publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, conforme o artigo 8º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública