Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.068

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (969/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe

e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 969/2002 por instancia de Guillermo Amor Morujosa e outros contra Hermanos Moraes, S.L., intervindo o Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia. Na cidade da Coruña o 20 de maio de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 969/2002, seguidos por instancia de Guillermo Amor Morujosa, Miguel Martínez Varela, Alejandro Aldao López, Manuel Cedeira Martínez, Clodoaldo Guinuino de Souza y Antonio Pilar Mellado, maiores de idade, representados e asistidos pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Hermanos Moraes, S.L., que non compareceu nos autos, intervindo o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Díaz Pérez del Corral, sendo o obxecto da reclamación salarios.

(Seguen feitos e fundamentos de dereito).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes contra a empresa Hermanos Moraes, S.L., e condeno a demandada a lle aboar ós demandantes as cantidades seguintes: a Guillermo Amor Morujosa 3.504,25 euros; a Miguel Martínez Varela 3.145,25 euros; a Alejandro Aldao López 3.145,25 euros; a Manuel Cedeira Martínez 3.798,02 euros; a Clodoaldo Guinuino de Souza 3.101,70 euros; e a Antonio Pilar Mellado 3.145,25 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo comprobante de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada orde e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten domicilio descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 21 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado