Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.068

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (281/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 281/2003, seguidos por instancia de Margarita Gerpe Rosende e outras contra Confecciones Asturgal, S.L. sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 16 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno á empresa Confecciones Asturgal, S.L. a que readmita inmediatamente a Margarita Gerpe Rosende, María del Carmen Vázque Castro e Ana Rosa Vázquez Añón nas mesmas condicións que rexían antes de produci-lo despedimento, ou ben á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ás demandantes das seguintes cantidades en concepto de indemnización:

TraballadoraIndemnización

Margarita Gerpe Rosende1.057,98 euros

María Carmen Vázquez Castro2.030,71 euros

Ana R. Vázquez Añón1.252,84 euros

A devendita opción deberá exercerse dentro do térmo de cinco días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a elección, condeno, así mesmo, á parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascenden ás cantidades seguintes:

TraballadoraSalarios de tramitación

Margarita Gerpe Rosende1.906,52 euros

María Carmen Vázquez Castro2.896,74 euros

Ana R. Vázquez Añón1.906,52 euros

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que lles fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso, que consignou o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Confecciones Asturgal, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido no concello de Arteixo (CP 15142), Meicende, rúa de Oviedo, 8-1º e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado