Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.067

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE OURENSE

EDICTO (636/2002).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ourense.

Xuízo procedemento ordinario 636/2002.

Parte demandante: Félix Sotelo Blanco.

Parte demandada: José María Ferreira Nieto, herdeiros de Gregorio Cachaldora Fernández, Seguros Catalana Occidente.

No xuízo referenciado dictouse a resolución que ten como texto literal o seguinte:

«Parte dispositiva.

1. Admítese a trámite a demanda presentada pola procuradora María Garrido Vázquez, en nome e representación de Félix Sotelo Blanco, fronte a José María Ferreira Nieto, herdeiros de Gregorio Cachaldora Fernández, Seguros Catalana Occidente, substanciándose o proceso polas regras do xuízo ordinario.

2. Déase traslado da demanda á parte demandada, facéndolle entrega da copia desta e dos documentos acompañados, emprazándoa con entrega da oportuna cédula para que a conteste no prazo de vinte días hábiles, computado desde o seguinte ó emprazamento.

Apercíbase á parte demandada de que, se non comparece dentro do prazo, será declarada en situación de rebeldía procesual (artigo 496.1º LACN). Advírtaselle, así mesmo, que a comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador e con asistencia de avogado (artigo 23 e 31 LACN).

3. Lévese a efecto o emprazamento do demandado no domicilio sinalado pola parte demandante, para o cal, en canto ós demandados José María Ferreira Nieto e Catalana Occidente, farase polo fedatario e en canto ós herdeiros, comunidade hereditaria e herdanza xacente de Gregorio Cachaldora Fernández, emprácense a estes por medio de edictos, un dos cales se fixará no taboleiro de anuncios deste xulgado durane o tempo de emprazamento, outro que se publicará no DOG e outro máis que se publicará no BOE, entregando estes dous últimos ó procurador

da demandante para que xestione o seu dilixenciamento co oportuno oficio, o cal preceptúan os artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuízamento civil.

4. Tense por anunciada a achega de dictame pericial. Conforme o disposto no artigo 337.1º da LACN, fágase saber á parte demandante que debe, en todo caso, achegalo antes da iniciación da audiencia previa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así o manda e asina S.S, do que dou fe.

O xuíz/maxistrado-xuíz.

O secretario.

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este empránzanse os herdeiros, comunidade hereditaria formada polos seus herdeiros e a súa herdanza xacente de Gregorio Cachaldora Fernández, a José María Ferreira Nieto, herdeiros de Gregorio Cachaldora Fernández, Seguros Catalana Occidente co fin de que compareza e conteste no prazo de vinte días nestes presentes autos, baixo apercibimento de que, de non facelo así, será declarada a súa rebeldía».

En Ourense o trinta de xaneiro de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado