Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.067

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (136/2002).

Notificación de sentencia.

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Resolvo que estimando parcialmente a demanda presentada pola procuradora sra. Borrero Castro, en nome e representación de Carmen Castiñeira Castiñeira, debo absolver e absolvo os herdeiros descoñecidos e incertos de Esperanza Méndez Méndez das pretensións nela contidas; así mesmo, debo condenar e condeno a Alfonso Castro Rey e a Esperanza Olveira Canosa a que realicen a redisposición dos elementos que constitúen o muro nos dous tramos derrubados por falta de noiro, así como a que rexeneren o terreo desmontado a modo de noiro ou, se é o caso, procedan facer un muro de contención sobre o que se apoiará o muro derrubado por falta de sustentación, todo iso de conformidade coas indicacións efectuadas polo perito Jesús Fuentes Castiñeira no seu informe con data do 16 de outubro de 2002, sen que se faga expresa imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, que debe ser preparado ante este xulgado para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Por esta miña sentencia, dispóñoo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación ós herdeiros descoñecidos e incertos de Esperanza Méndez Méndez, expídese este edicto.

Corcubión, vintecinco de marzo de dous mil tres.

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE OURENSE