Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO (36/2003-H).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión fai saber que nos autos que se tramitan neste xulgado de xuízo verbal 00036/2003, seguidos por instancia de Mª Élida Rodríguez Calvo, contra herdeiros descoñecidos e incertos de Consolación Santos Díaz, consta dictada a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Corcubión, 15 de maio de 2003.

Salomé Martínez Bouzas, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, vistos estes autos seguidos ante este por instancia da procuradora Sra. Borrero Castro na representación que ten en autos de María Élida Rodríguez Calvo, asistida pola letrada Sra. Conde Casanova, sobre declaración de propiedade, contra os herdeiros decoñecidos e incertos de Consolación

de los Santos Días, en situación procesual de rebeldía.

RESOLVO:

Que debo desestimar e desestimo na súa integridade a demanda formulada pola procuradora Sra. Borrero Castro na representación que ten en autos de María Élida Rodríguez Calvo, asistida pola letrada Sra. Conde Casanova, sobre declaración de propiedade, contra herdeiros descoñecidos e incertos de Consolación de los Santos Días, con imposición de custas á parte demandante.

Contra esta resolución poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino».

Asinado.

E para que lles sirva esta cédula de notificación en legal forma ós herdeiros descoñecidos e incertos de Consolación Santos Díaz, en situación procesual de rebeldía, expido e asino este edicto en Corcubión o dezaseis de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CORCUBIÓN