Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DE VIGO

EDICTO (69/2002).

Convocatoria á xunta xeral de acredores na quebra.

En virtude do acordado por S. Sría. por Resolución do 28 de maio de 2003, dictada nos autos número 69/2002, deste Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo, seguidos por instancia da quebrada Mundo Novias, S.L., autos de quebra voluntaria, e formado que foi o estado de acredores, e co fin de proceder ó nomeamento dos sres. síndicos, se procede, convócase a xunta xeral de acredores da entidade quebrada, así como aquelas persoas ou entidades que poidan ter interese no asunto; e que terá lugar na Sala de Audiencias deste xulgado, sito na rúa Lalín 4, 4ª planta de Vigo, o vindeiro día catorce de xullo de 2003, ás 10.00 horas da mañá.

En Vigo o vinteoito de maio de dous mil tres.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN