Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.069

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (29/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 29/2003 por instancia de José Luis Gómez Marzoa contra Acse Logistic, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 12 de maio de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Luis Gómez Marzoa, contra a empresa Acse Logistic, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.176,89 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución as partes facéndolles saber que contra a mesma cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0029.03 de Banesto desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros, en concepto de depósito, sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Acse Logistic, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de maio de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial