Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 7.983

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Puleva Food, S.L. no centro de traballo de Arteixo.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Puleva Food, S.L. no centro de traballo de Arteixo (código convenio 1504021) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-2003, subscrito, en representación da parte económica, pola empresa e, da social, polo seu comité de empresa o día 17-3-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de Puleva Food, S.L.

no seu seu centro de traballo de Arteixo (A Coruña)

anos 2002, 2003, 2004 e 2005

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación no centro de traballo de Puleva Food, S.L., en Arteixo, (A Coruña), Parcela 136-37-38, Polígono de Sabón.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afectará a tódolos traballadores adscritos a este centro de traballo, tanto con carácter fixo como eventual.

Sen embargo, para efectos salariais e de xornada, queda excluído do ámbito de aplicación o persoal directivo, entendendo por tal os directores, subdirectores, xefes de sección e delegados comerciais de zona. A dirección da empresa fixará os incentivos do persoal comercial.

Todo o persoal obrigado por este convenio ten o deber de cumprir e de esixi-lo seu cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Con excepción dos artigos en que expresamente se estableza outra causa, este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002, sendo su vencemento o 31 de decembro de 2005, prorrogándose de ano en ano, salvo o disposto no artigo seguinte.

A súa aplicación será inmediata unha vez asinado, sexa cal sexa a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá formula-la denuncia, propondo a súa revisión ou rescisión cunha antelación dun mes como mínimo, respecto á data da súa finalización, ou do período de vixencia de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Incumprimento.

Todo o persoal afectado por este convenio poderá denuncia-lo seu incumprimento na súa totalidade ou en parte.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaráselles a tódolos traballadores con situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Artigo 7º.-Facultades de compensación e absorción.

Sen prexuízo de que poidan estenderse a calquera situación as melloras establecidas neste convenio, e mantense a facultade empresarial de amplialas, a empresa, se viñese aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos, non estará obrigada a aplica-los incrementos que as presentes estipulacións fixen.

Así mesmo, as melloras establecidas neste convenio, serán compensables ou absorbibles por calquera incremento salarial que por disposición legal puidese establecerse.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria integrada por oito membros, catro en representación da dirección da empresa e catro en representación dos traballadores, estes últimos designados polo comité de empresa, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, en aplicación e interpretación deste convenio.

A comisión paritaria manterá, cando menos, unha reunión bimestral, para efectuar un seguimento dos temas negociados neste convenio colectivo e acorda-los pendentes de concreción.

Artigo 9º.-Difusión do convenio.

A dirección porá á disposición de todo o persoal exemplares deste convenio. Así mesmo o texto permanecerá exposto durante a súa vixencia no taboleiro de anuncios.

TÍTULO II

Disposicións normativas

Capítulo I

Organización do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo, con suxeición ás normas de orientación deste convenio e as disposicións legais, é facultade exclusiva da dirección da empresa.

A empresa poderá adoptar un sistema de distribución do traballo que facilite a formación técnica dos traballadores, con obrigación por parte destes a presta-la súa maior colaboración co fin de completar e perfecciona-los ditos coñecementos, para o cal a empresa lles facilitará os medios necesarios, tanto na práctica diaria, como polo establecemento dun sistema de racionalización do traballo que lles permita alcanzar unha maior eficacia no rendemento, co fin de levar á empresa e os seus traballadores a unha maior prosperidade.

As modificacións que legalmente teñan a consideración de substanciais, terán que realizarse de acordo co disposto nas leis e normas regulamentarias vixentes na materia.

Artigo 11º.-Funcionamento do centro de traballo.

Ante calquera dificultade que se presente na execución do traballo, o traballador deberá solicitar consello ou aclaración do seu superior inmediato, ou tamén se dará parte de calquera deficiencia nos productos, instrumentos de traballo, ferramentas ou máquinas. Toda dificultade apreciada na execución do traballo antes do inicio do mesmo, deberá comunicala ó seu superior inmediato, e cando a importancia desta modificación o requira, farase por escrito, quedándose con duplicado asinado por quen o reciba.

O traballador coidará as máquinas e útiles que se lle confíen, manténdoas en perfecto estado de conservación e funcionamento durante o seu traballo, e será responsable dos desperfectos, estragos ou danos que se produzan pola súa culpa ou neglixencia.

Queda prohibido utilizar, fóra dos centros de traballo, máquinas, ferramentas ou útiles pertencentes á empresa, sen a previa autorización desta, por escrito. Esta autorización será igualmente necesaria para que o traballador poida empregar ferramentas ou útiles da súa propiedade nos labores encomendados.

Artigo 12º.-Discreción profesional.

O segredo profesional deberá gardarse con discreción absoluta, en canto afecte as actividades propias da empresa, procesos de execución, instalacións, proxectos de estudios, contratos, contabilidade, prezos, custos e toda clase de documentos, así como calquera outra información que polo propio traballo se chegue a coñecer.

Artigo 13º.-Coordinación das relacións laborais.

Con obxecto de establece-la debida xerarquía nas distintas ordes da producción, a empresa procurará organiza-los seus servicios de forma que os mandos de calquera categoría transmitan as instruccións da dirección e as suxestións ou peticións do persoal, por conducto xerárquico, co fin de que nunca se desvirtúe o seu contido e finalidade, sen prexuízo das funcións que en materia laboral e de relación lles corresponda ós representantes sindicais.

Capítulo II

Clasificacion, formación e promocion profesional

Artigo 14º.-Clasificación profesional.

A clasificación do persoal ten un carácter meramente definitorio e enunciativo e non supón unha obrigación para a empresa de dotar prazas de todos e cada un dos grupos e categorías profesionais, se as necesidades e volume da empresa non o requiran.

Como anexo I relaciónase a adecuación das categorías profesionais e os postos de traballo existentes neste centro de traballo.

A comisión paritaria fará un seguimento dos novos postos de traballo.

Artigo 15º.-Mobilidade funcional.

Se a empresa dispuxese o cambio dun traballador dun posto de traballo a outro de igual categoría, deberá instruílo suficientemente nos cometidos do novo posto, co fin de que poida ser realizado coas garantías necesarias.

Así mesmo, o traballador está obrigado a desempeñar coa debida dilixencia as tarefas dos postos que se lle encomenden, incluídas, se fose o caso, as tarefas de limpeza e conservación dos elementos e útiles de traballo.

Artigo 16º.-Admisión de persoal.

A admisión do persoal acomodarase ás normas legais e regulamentarias vixentes en cada momento, en materia de contratación.

A empresa poderá somete-los aspirantes ás probas teóricas, prácticas, psicotécnicas, así como ás entrevistas que considere convenientes, realizando as mesmas directamente ou encargándollo a empresas especializadas.

Sempre que a xuízo da dirección, e que as circunstancias profesionais e persoais o permitan, a empresa propiciará unha cobertura interna das vacantes que se produzan na organización.

Artigo 17º.-Contratación.

O comité de empresa e a dirección entenden que hai que afondar, paulatinamente, en formas de contratación estable, que supoñan un estímulo para os traballadores temporais e un recoñecemento do seu bo facer profesional.

A dirección da empresa manterá a liña de facer persoal fixo sempre e cando se dean as situacións oportunas.

Dentro das súas posibilidades, a empresa limitará a utilización dos servicios de empresas de traballo temporal.

Artigo 18º.-Promoción profesional.

Tódolos traballadores con categoría profesional de peón, ascenderán automaticamente á de peón especialista, transcorridos 6 meses, desde a súa incorporación.

Se o posto que o traballador ocupara fose de superior categoría á que tivera recoñecida, producirase un ascenso automático transcorridos os períodos que a continuación se relacionan:

De peón especialista a especialista de 3ª: 6 meses.

De especialista de 3ª a especialista de 2ª: período continuado de 6 meses.

De oficial de 3ª O.V (servicios auxiliares) a oficial 2ª: período continuado de 9 meses.

De auxiliar de laboratorio a oficial 2ª laboratorio: período continuado de 9 meses.

De oficial 2ª laboratorio a oficial 1ª laboratorio: período continuado de 9 meses.

Por outra parte, acórdase en relación con postos de nova creación e aqueloutros que sufrisen modificacións substanciais efectua-la asignación de categorías segundo anexo un.

Artigo 19º.-Formación.

A empresa, de común acordo cos representantes dos traballadores, establecerá os programas e actividades que sexan necesarios para a formación continua do persoal, cuestión esta á que se prestará especial atención e que se plasmará no plan anual de formación.

A empresa aboará como complemento de formación de 10.50 euros por cada xornada, fóra do horario de traballo dedicada a esta tarefa, con obxecto de supli-los gastos en que puideran incorre-los traballadores pola asistencia dos cursos (gastos de desprazamento, manutención, etc.).

Así mesmo, aboaranse os gastos de manutención en que incorran os traballadores que asistan a un curso de formación, sempre que medien menos de 2 horas entre a hora de finalización ou inicio do curso e a hora de finalización ou comezo da xornada de traballo.

En ámbolos casos, deberá tratarse de cursos de formación organizados pola empresa no marco do Plan de Formación.

Capítulo III

Xornada, horas extraordinarias e vacacións

Artigo 20º.-Xornada.

A xornada de traballo, con independencia das quendas asignadas, será de 40 horas semanais.

Durante a vixencia deste convenio colectivo producirase unha reducción anual da xornada de traballo, distribuída da seguinte forma:

Ano 2002: 1.802 horas máximas de traballo efectivas ó ano.

Ano 2003: 1.802 horas máximas de traballo efectivas ó ano.

Ano 2004: 1.794 horas máximas de traballo efectivas ó ano.

Ano 2005: 1.786 horas máximas de traballo efectivas ó ano.

As ditas reduccións de xornada equivalen a reducir dous días de traballo no ano 2002 e 2003, tres días de traballo no ano 2004 e catro días de traballo no ano 2005, sobre a xornada anual de 1.826 horas que recollía o artigo 20 do anterior convenio colectivo.

Os días de descanso por reducción de xornada, colleranse en días laborables e computaranse cada un deles como un día de descanso, gozaranse, todos xuntos ou soltos tamén poderán gozarse en pontes e fins de semana, logo de solicitude dos traballadores seguindo o procedemento habitual de vacacións e permisos establecido no artigo 22 deste convenio, e sendo estes os seguintes:

Ano 2002: 2 días + a festividade de San Isidro.

Ano 2003: 2 días + a festividade de San Isidro.

Ano 2004: 3 días + a festividade de San Isidro.

Ano 2005: 4 días + a festividade de San Isidro.

Cando a festividade de San Isidro coincida en domingo, a dirección da empresa proporá, logo de comunicado á comisión paritaria, outro día para o seu goce.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

A realización das horas extraordinarias axústase ós seguintes criterios:

a) Realizaranse as mínimas imprescindibles, sendo a súa realización de carácter voluntario.

b) Realizaranse as horas extraordinarias por causa de forza maior que veñan esixidas para prever e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta, nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de tales.

c) Entenderase como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trate.

As horas extraordinarias serán comunicadas mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité de empresa, aboaranse cun incremento do 40 % sobre o valor da hora ordinaria de traballo, sendo a fórmula aplicable para o cálculo da hora ordinaria a seguinte:

(S. Base + Gratificación + Complemento Convenio de Orixe + Complemento de Posto) * 15/1826.

As horas extraordinarias realizadas en festivo polo persoal con alta na empresa anterior ó 9-4-1974, aboarase un incremento do 65% sobre o valor da hora ordinaria.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións retribuídas de 30 días naturais.

Para o persoal suxeito a quendas, seguirá vixente o sistema rotativo, aceptado polo persoal, recollido en canto ó seu funcionamento no artigo 13 do convenio colectivo de 1986. Para a asignación de vacacións terase en conta que non coincidan no mesmo mes as persoas asignadas no mesmo posto e que podía quedar sen cubrir ese servicio. Non obstante, recóllese a posibilidade de fraccionar e intercambia-los períodos de vacacións entre traballadores que cubran o mesmo posto ou servicio.

Para este persoal, suxeito no mencionado sistema rotativo, cando conxunturalmente, por descenso da producción ou situacións análogas, fora posible adianta-las vacacións nos meses de verán aumen-

tando o número de persoas neseos meses, terán preferencia os traballadores que tiñan asignadas no mes de novembro as súas vacacións, sempre que quede cuberto o servicio.

Os traballadores que por quenda (isto é, de forma non voluntaria) teñan que goza-las súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, outubro ou novembro, percibirán un complemento de vacacións, no mes do seu goce, de 90 euros para o ano 2002, de 150 euros para o ano 2003, de 210 euros para o ano 2004, e de 300 euros no ano 2005. En caso de goce vacacional en períodos inferiores ó mes dentro dos sinalados, aplicarase o dito complemento proporcionalmente.

Para que os traballadores poidan programa-las súas vacacións, confeccionaranse os correspondentes calendarios, publicandose no taboleiro de anuncios antes do 1 de decembro de cada ano.

Logo de goza-las vacacións, cada traballador deberá face-lo correspondente parte por duplicado, tramitándolo a través do xefe de sección que, ó mesmo tempo, o cursará no prazo máximo de 2 días ó Departamento de Recursos Humanos, quen unha vez recepcionado, devolverá en igual prazo a copia debidamente dilixenciada para que se lle entregue ó traballador.

Quen cese no transcurso do ano sen gozar total ou parcialmente as súas vacacións, terá dereito a que lle sexa aboada a parte proporcional do período non gozado, en función dos meses traballados.

Cando un traballador comece as súas vacacións a metade da semana, tocándolle por quenda de noite, pasará esa semana a una das quendas de día.

En casos extraordinarios, e sempre que as necesidades de servicio o permitan, poderán solicitarse ata un máximo de 2 días illados de vacacións no ano, que computarán cada un deles, como un día de vacacións.

Artigo 23º.-Cadro de quendas e descansos.

Antes das 20 horas de cada venres, a empresa confeccionará e publicará os cadros de quendas e descansos da semana seguinte, correspondentes ó cadro de persoal suxeito a réxime de quendas.

En xeral, terase en conta que o persoal rote nas distintas quendas, e en particular, que aquelas seccións con procesos continuos durante as 24 horas, ningún traballador estea de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.

A empresa, que confecciona a lista de quendas, terá en conta que se descansen a maior cantidade de domingos posibles, salvo no que se refiere ó artigo seguinte.

A rotación entre quendas seguirá o ciclo de tarde-mañá-noche.

Artigo 24º.-Exención ó descanso dominical.

Dada a particularidade da materia prima, que esixe un tratamento e control continuos, para os servicios

de aprovisionamento, pretratamento, recepción, mantemento e caldeiras, o sistema ordinario de quendas incluirá os domingos. Nestes casos, un mesmo traballador non poderá traballar dous domingos consecutivos, salvo adscrición voluntaria, pacto particular ou contratacións específicas para eses días.

Á marxe das compensacións económicas que se sinalan no capítulo de aspectos económicos, o persoal que traballe en domingo descansará, en compensación, un día completo, preferentemente o sábado inmediato anterior á prestación de servicio.

Artigo 25º.-Festivos.

O número de festivos non recuperables para este ano será o que se indique na lexislación vixente. O persoal que entre a formar parte da lista dos domingos terá preferencia para traballa-los festivos.

Os festivos traballados serán retribuídos ó valor das horas extraordinarias.

Artigo 26º.-Festas de Nadal.

Nos días 24 e 31 de decembro a segunda quenda será desde as 14.00 ás 19.00 horas, non traballando en quenda de noite. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, a primeira das quendas será das 9.00 ás 14.00 horas, computándose como xornada laboral completa para tódolos efectos.

Así mesmo, as dúas quendas dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro, realizaranse por quen corresponda os labores de recepción, é dicir, o mesmo que en domingos e festivos.

Artigo 27º.-Licencias.

O persoal terá dereito a licencias retribuídas, segundo se relacionan a continuación:

a) Por defunción de pais, irmáns, cónxuxe, fillos, netos e avós, catro días, se o falecemento ten lugar dentro da provincia, e seis se tivese lugar fóra dos límites, sempre e cando se produza o desprazamento.

b) Por defunción de pais e irmáns políticos, dous días dentro da provincia e tres fóra dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

c) Por enfermidade grave ou hospitalización dos pais, cónxuxe, fillos e irmáns, tres días dentro da provincia e catro fóra dela, sempre que se produza o desprazamento.

En caso de hospitalización de familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, os días de permiso poderán tomarse mentres dure a hospitalización do familiar, debendo achega-lo certificado acreditativo de permanencia da situación de hospitalización, téndose en conta que unha vez dada o alta hospitalaria finaliza o dereito de utilización do dito permiso, tanto non se utilizase como se utilizase parcialmente. A remuneración que se percibirá será a correspondente ó salario convenio.

d) Por nacemento de fillo, catro días.

e) Por matrimonio, quince días.

f) Por traslado de domicilio, un día.

g) Quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario.

Os días considéranse naturais. O persoal terá dereito ós permisos retribuídos logo de aviso e xustificación deles.

Artigo 28º.-Excedencias.

a) A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase por designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

b) O traballador/a con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador/a se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

c) Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, a contar desde a data de nacemento, ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa deste.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano os traballadores/as para atende-lo coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia prevista neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante a dirección da empresa poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio da mesma dará fin ó que, se é o caso, se viñese gozando.

O período en que o traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste punto será computable para efectos de antigüidade

e o traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación dos cales deberá ser convocado pola dirección, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeito ano, terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

d) Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso a situación de excedencia forzosa na empresa os traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

e)O traballador/a excedente voluntario, solicitando o seu reingreso con 15 días de antelación, se non houbese vacante da súa categoría ou similar, terá dereito a reingresar na vacante que exista, ou na primeira que se produza de calquera categoría nas condicións de traballo retributivas e demais propias da vacante que ocupe, con dereito igualmente a ocupa-la primeira vacante da súa categoría ou similar que se produza.

f) A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Capítulo IV

Saúde laboral

Artigo 29º.-Normativa.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores coinciden en afirma-la importancia que ten o estricto cumprimento do conxunto da normativa en materia de prevención, hoxe articulada arredor da Lei de prevención de riscos laborais de 8-11-1995, sobre a base de considerar que a integridade física do traballador é un ben supremo e irrenunciable.

Por iso, manifestan a súa total disposición a colaborar lealmente neste obxectivo común no ámbito das súas respectivas responsabilidades.

O centro de traballo de Arteixo contará con tres delegados de prevención que a lei determine, que serán designados de entre os membros do comité de empresa, e a quen corresponderá:

-Colaborar coa dirección do centro de traballo na mellora da acción preventiva.

-Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.

-Ser consultados pola dirección do centro de traballo con carácter previo á súa execución, acerca das decisións a que se refire o artigo 33 da Lei de prevención de riscos laborais.

-Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, podendo, para tal efecto, inspeccionar tódolos lugares de traballo, emitir informes e propor solucións, podendo contar, para tal fin, con asesores expertos alleos á empresa.

-Os delegados de prevención disporán dun crédito de 40 horas retribuídas anuais para asistir a cursos de formación en materia de saúde laboral. A dirección do centro esixirá, en todo caso, os oportunos xustificantes de asistencia.

No centro de traballo de Arteixo existirá un comité de seguridade e saúde, integrado por tres delegados de prevención, dunha parte, e polos representantes da dirección, designados polo director de Recursos Humanos do centro.

Xunto co comité de seguridade e saúde participarán, con voz pero sen voto, os responsables técnicos de prevención da empresa que non estean incluídos na composición do comité de seguridade e saúde.

Este comité terá as seguintes competencias:

-Participar na elaboración, posta en práctica, avaliación dos plans e programas de prevención de riscos do centro de traballo.

-Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, propondo á dirección do centro de traballo a mellora das condicións ou corrección das deficiencias existentes.

O comité reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións do mesmo.

Artigo 30º.-Vixilancia da saúde.

Fíxase a necesidade de realizar recoñecementos previos e periódicos (anuais) de carácter gratuíto, que serán levados a cabo por persoal especializado. Tales recoñecementos deberán respectar sempre o dereito á dignidade, intimidade e confidencialidade. Neste sentido os informes médicos deberán ser entregados directamente ós traballadores, e poderanse arquiva-las copias dos informes exclusivamente por parte dos servicios médicos. A dirección da empresa só poderá ter acceso a estes datos que lle serán facilitados exclusivamente polos mencionados servicios.

Artigo 31º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará ós traballadores que prestan os servicios na planta, roupa de traballo adecuada ás súas necesidades e respectivas funcións, adecuándose ás regulamentacións técnico-sanitarias e de seguridade e hixiene, logo da entrega da roupa usada.

Os traballadores ós que se refire o parágrafo anterior, independentemente dos equipos de protección específicos obrigatorios, terán como dotación mínima as seguintes pezas de roupa:

Departamentos

Sección

Unidades/vestiario

Recepción, fábrica2 uds, iniciais e reposición s/necesidades

chaqueta

Mantemento e almacén2 uds, iniciais e reposición s/necesidades

pantalón

2 uds, iniciais e reposición s/necesidades polo manga longa

Departamentos

Sección

Unidades/vestiario

2 uds, iniciais e reposición s/necesidades polo manga curta
1 uds, inicial e reposición s/necesidades peza de roupa de abrigo
1 uds, inicial e reposición s/necesidades bota de seguridade
2 uds, iniciais e reposición s/necesidades gorro

Laboratorio2 uds, iniciais e reposición s/necesidades

pantalón

2 uds, inicial e reposición s/necesidades bata ou casaca
1 uds, inicial e reposición s/necesidades zapato
1 uds, inicial e reposición s/necesidades peza de roupa de abrigo
2 uds, inicial e reposición s/necesidades gorro

Esta relación poderá ser modificada como consecuencia do traballo que realicen á dirección e comité de empresa, conforme o sinalado no artigo 28.

Capítulo V

Dereitos e funcións dos representantes

dos traballadores

Artigo 32º.-Dereitos sindicais:

Os membros do comité de empresa ou delegados de persoal disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen supera-lo máximo, poderán ser consumidas co fin de asistir a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou otras entidades.

Os traballadores poderán esixir ó comité de empresa a convocatoria de asemblea, sempre que o solicite un 10% do persoal.

TÍTULO III

Aspectos económicos

Capítulo I

O salario

Artigo 33º.-Salario base.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo II adxunto. Esta táboa salarial entenderase para xornada completa en cada categoría profesional e posto de traballo.

Artigo 34º.-Complemento convenio de orixe.

Este complemento percibirano aqueles traballadores que, de acordo co estipulado no convenio colectivo asinado para os anos 1997 e 1998, teñan dereito a el.

Tal complemento incrementarase tódolos anos, ademais das porcentaxes previstas no artigo 38 deste convenio, nun 2%.

Non se percibirá en concepto de complemento convenio de orixe unha cantidade que supere o 50% do salario base por categoría, salvo no caso daqueles traballadores que, no momento do asinamento do convenio asinado para os anos 1997 e 1998, tiveran consolidados 5 ou máis quinquenios, para os cales traballadores o tope será do 60%.

Artigo 35º.-Complemento de posto.

Establécese un complemento de posto para as categorías de supervisor, oficial 1ª de laboratorio, oficial 1ª oficios varios e oficial 1ª de administración, nas seguintes contías:

Categoría2002200320042005

Supervisor135,90144,05152,70161,80

Oficial 1ª laboratorio68,5073,3077,7082,30

Oficial 1ª O.V.4490,64140,08

Oficial 1ª admón.3061,8065,50

Este complemento de posto será aboado unicamente ó persoal de nova incorporación, ó persoal que ascenda dunha categoría inferior, ou ó persoal que tendo algunha destas categorías non percibise actualmente gratificación, e sempre que se trate de xornadas de corenta horas semanais.

Aquela persoa que por algún motivo cambiase a algunha das categorías anteriores e percibise o concepto de gratificación na nómina, este quedará absorbido ata o importe do dito complemento de posto, quedando por tanto a gratificación reducida neste importe.

Artigo 36º.-Complemento de compensación.

Este complemento englobará os conceptos do antigo convenio colectivo (convenio colectivo de Leyma Alimentos de Galicia, S.A. para os anos 1999, 2000 e 2001): complemento convenio, suplido desgaste vestiario e complemento axuda transporte, aboándose en doce mensualidades, e sendo a súa contía anual a seguinte:

Ano 2002: 1.079,55 euros/ano.

Ano 2003: 1.144,32 euros/ano.

Ano 2004: 1.212,98 euros/ano.

Ano 2005: 1.285,76 euros/ano.

Artigo 37º.-Pagas extraordinarias.

Manteranse as tres gratificacións extraordinarias que se veñen satisfacendo na actualidade, equivalente cada unha delas nunha mensualidade, computándose nas mesmas o salario base, complemento convenio de orixe, gratificación e complemento de posto.

Artigo 38º.-Incremento salarial.

Será o seguinte:

Para o ano 2002: 6%.

Para o ano 2003: 6%.

Para o ano 2004: 6%.

Para o ano 2005: 6%.

No suposto de que o 31 de decembro do ano 2002, 2003, 2004 e 2005 o incremento salarial pactado fose inferior ó IPC real máis o 1,25%, farase unha revisión dos ditos incrementos salariais pola porcentaxe resultante da diferencia. A dita revisión aplicarase ás táboas salariais e ó resto de conceptos económicos.

Capítulo II

Outros aspectos retributivos

Artigo 39º.-Gratificación.

Manteranse as gratificacións que ata a data viñeran percibindo os traballadores por este concepto, que ademais englobará as cantidades que ata a data viñeran percibindo en concepto de complemento persoal. A esta cantidade seranlles aplicables os incrementos salariais pactados neste convenio colectivo e nos sucesivos incrementarase segundo o que se pacte en convenio.

Artigo 40º.-Gratificacións fixas históricas.

Aboarase en concepto de gratificación fixa históricas as cantidades que ata a data se viñeran aboando en concepto de complemento distancia, complemento de compensación de traslado e aboamento IRTP. Este concepto aboarase en 12 mensualidades, respectando o importe anual que se viñera aboando ata a data.

Estas gratificacións quedan consolidadas nas súas contías actuais, e non poderán ser absorbidas por aumento salarial futuro, sexa por disposición legal, por convenio ou laudo.

Artigo 41º.-Póliza de accidentes.

Co fin de contribuír á seguridade dos traballadores/as e a dos seus familiares, incrementarase a póliza de seguro colectivo, por un importe de 12.020,24 euros, tanto en caso de falecemento como de invalidez permanente.

Artigo 42º.-Nocturnidade.

As horas traballadas en período nocturno, sendo este, entre as 10.00 da noite e as 6.00 da mañá, terá unha remuneración adicional cifrada no 25% do valor dunha hora ordinaria.

Así mesmo, os traballadores que cubran a quenda de noite percibirán, ademais do incremento sinalado no parágrafo anterior, a cantidade de 2,60 euros para o ano 2002, 2,85 euros para o ano 2003; 3 euros para o ano 2004 e de 3,30 euros para o ano 2005, por noite traballada. Tanto estas cantidades como as reflectidas no artigo 43 e 44 serán incrementadas no sucesivo co incremento salarial resultante da negociación do convenio colectivo, salvo que no mesmo se determine outro tipo de incremento.

Exclusivamente no caso de que sexa festivo o sábado, o persoal que traballe a xornada do venres na quenda de noite, percibirá ademais como complemento correspondente á xornada do venres 6, 66 horas festivas, que terá esta consideración só para efectos de remuneración.

Artigo 43º.-Domingos e festivos.

As persoas ás que lles corresponda traballa-los domingos e festivos por quenda, percibirán a cantidade de: 18,40 euros para o ano 2002; 19,50 euros

para o 2003, de 20,65 euros para o 2004, e de 21,90 euros para o 2005.

Os traballadores que teñan que prestan os seus servicios (caldeiras, mantemento, laboratorio, toma mostras e cadro sinóptico) os días 25 de decembro e 1 de xaneiro percibirán, por cada quenda de traballo, ademais do complemento correspondente, un complemento de Nadal e Ano novo na cantidade de 60 euros para tódolos anos da vixencia do convenio.

Artigo 44º.-Complemento de frío.

O persoal adscrito á sección de loxística que, de forma continuada, realicen en cámara frigorífica as tarefas que a continuación se indican, percibirán durante a vixencia deste convenio a cantidade de 0,42 euros por hora traballada como complemento de frío. Os postos ós que lles afecta este complemento serán os seguintes:

-Carretilleiros asignados a carga de autovendas na quenda de arranque.

-Preparación de pedidos en cámara e retornos de autovendas (en caso de retorno de autovenda, aboaranse as horas realmente traballadas en cámara).

-Subministración de iogurt, tanto para carga de camións, como para manexo de iogurt en cámaras e túneles.

-Calquera outro traballo en cámara que no futuro puidese realizarse.

Queda exceptuado todo traballo esporádico de entrada en cámara.

O complemento de frío percibirase tan só entrementres se manteñan as circunstancias que motivan o seu cobramento. O cambio de tales circunstancias levará aparellada a supresión do dito plus para os postos e traballadores afectados.

Artigo 45º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da empresa un traballador sexa desprazado fóra da súa residencia habitual por un período superior a 24 horas, aboaráselle, á parte dos gastos de desprazamento e estadía, unha compensación económica suplementaria de 3 euros diarios.

Artigo 46º.-Xubilación.

A idade de xubilación para os traballadores/as afectados por este convenio será ós 65 anos.

A empresa aboaralles ós traballadores que se xubilen ó cumpri-los 65 anos de idade como máximo, un premio nunha contía de 60 euros por ano de servicio.

Esta mesma cantidade será aboada ós que causen baixa definitiva na empresa, por enfermidade, accidente laboral ou falecemento. Neste último caso, aboaranse ós que xustifiquen ser os seus herdeiros.

Artigo 47º.-Fomento de prexubilación.

Os traballadores cunha antigüidade mínima de 5 anos na empresa que causen baixa na mesma por prexubilación percibirán as seguintes cantidades:

-60 anos: 2.404,04 euros.-61 anos: 1.953,28 euros.-62 anos: 1.502,53 euros.-63 anos: 1.051,77 euros.-64 anos: 601,01 euros.

Artigo 48º.-Retribución en caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral.

En caso de baixa por enfermedade ou accidente non laboral, a empresa aboará o complemento necesario, para que xuntamente coa prestación económica da seguridade social, o traballador perciba a partir da data da baixa o salario total fixado por este convenio, é dicir, salario base, complemento convenio de orixe, complementos de convenio e complemento de posto.

A dirección terá a facultade de que o médico de empresa, ou persoa designada, acuda ó seu domicilio e recoñeza ó traballador cantas veces crea conveniente. Así mesmo poderá requiri-lo traballador en baixa para que se presente a recoñecemento coa periodicidade que se estime preciso.

En caso de disconformidade coa situación de baixa, a dirección e o comité de empresa nomeará un facultativo para que efectúe o recoñecemento oportuno; do seu dictame dependerá o aboamento do complemento ó que fai referencia este artigo, así como o seguinte.

Artigo 49º.-Retribución en caso de accidente laboral ou enfermidade profesional.

En caso de accidente de traballo que dea lugar a unha incapacidade temporal, a empresa aboará o complemento necesario, para que xuntamente coa prestación que perciba da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, o traballador accidentado perciba o total do seu salario desde o primeiro día en que resulte accidentado e durante todo o tempo que teña dereito á citada prestación económica, como no caso de enfermidade común.

Recoñéceselle á empresa a facultade de vixilancia e comprobación establecido no artigo anterior.

Artigo 50º.-Cesta de Nadal.

A empresa proporcionará con ocasión das festas de Nadal, un lote de productos típico, desta época, con un importe por traballador de 102,17 euros, importe que se manterá inalterado durante a vixencia deste.

Artigo 51º.-Paga lineal.

Acórdase establecer unha paga lineal durante a vixencia do presente convenio, que será aboada no mes de setembro, que engloba o que se viña per

cibindo como axuda compra de producto, e que ascenderá ás seguintes cantidades:

-Ano 2002: 280 euros.-Ano 2003: 300 euros.-Ano 2004: 340 euros.-Ano 2005: 480 euros.

Artigo 52º.-Anticipos.

Anticiparase o devengo das pagas extraordinarias e a súa devolución poderase fraccionar ata un máximo de 15 mensualidades a partir do mes seguinte á concesión do anticipo. Só se terá un anticipo vixente.

Disposición adicional

Primeira.-En caso de conflicto colectivo de traballo, as partes deciden, expresamente, someterse ós procedementos do Acordo Interprofesional Gallego de Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo, asinado por CC.OO., UGT, CIG e CEG, que xestiona o Consello Galego de Relacións Laborais.

Disposicion derrogatoria

Queda derrogado, e sen efecto ningún, o contido de calquera acta asinada con anterioridade que non se incorpore, de manera expresa, ó articulado deste convenio, con excepción da de data 20 de maio de 2002 relativa á recepción de cisternas e a de 1 de marzo de 2000 relativa ós horarios do persoal administrativo.

Disposición derradeira

No non previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e no convenio estatal de industrias lácteas.

ANEXO I

SecciónPosto de traballoCategoría

RecepciónOperador de elaboraciónsSupervisor
Operador de intermediosEspecialista de 1ª
Operador de recepción

(toma mostras-limpeza depuradora)

Especialista de 3ª

Liña de 1 litroResponsable de liñaSupervisor
Operador de envasadoraEspecialista de 1ª
Operador de agrupadora-paletizadoraEspecialista de 2ª

Liña de 1,5 litroOperador de envasadoraEspecialista de 1ª
Operador de agrupadora-paletizadoraEspecialista de 2ª

FrescosOperador de enchedoraSupervisor
Operador de paletizadoraEspecialista de 3ª
Operador lavadora de bandexasEspecialista de 3ª

Estéril (batidos)Operador de enchedoraEspecialista de 1ª
Operador de torreEspecialista de 2ª
Operador de agrupado-paletizado-

despaletizado

Especialista de 3ª

IogurResponsable de liñaSupervisor
Operador de envasadoraEspecialista de 1ª
Operador de fermentado túnelEspecialista de 2ª
Operador de agrupado-paletizadoEspecialista de 3ª

MantementoMecánicos-electricistas-Xefe de sección
electrónicos-taller-etc...Oficial 1ª (O.V.)
Oficial 2ª (O.V.)
Oficial 3ª (O.V.)

SecciónPosto de traballoCategoría

ServiciosCaldeiras-compresores-transformadores-Oficial 2ª (O.V.)
auxiliaresfrío-depuración de augas-etc...Oficial 3ª (O.V.)

LaboratorioAnálises físico-químicas e bacterio-Ofic. 1ª laboratorio
lóxicas, e todas aquelas analíticasOfic. 2ª laboratorio
propias da industria lácteaAux. laboratorio

AlmacénsOperador de almacén automáticoEspecialista de 1ª
Controlador-caixeiro-preparador deEspecialista de 2ª
pedidos-movemento de materiaisEspecialista de 3ª
Carretilleiro

ANEXO II

Táboas de salario base

Categoría2002200320042005

Técnico xefe20.522,4521.753,7923.059,0224.442,56

Técnico superior19.016,4020.157,3821.366,8322.648,84

Técnico medio14.588,2515.463,5516.391,3617.374,84

Técnico operador13.831,0314.660,8915.540,5416.472,98

Técnico diplomado13.435,1814.241,2915.095,7716.001,52

Xefe 1º admón.13.602,2914.418,4315.283,5316.200,55

Xefe 2º admón.12.862,2013.633,9314.451,9715.319,08

Oficial 1º admón.12.540,1713.292,5814.090,1414.935,54

Oficial 2º admón.12.118,0312.845,1113.615,8114.432,76

Aux. advo.11.154,4911.823,7612.533,1813.285,17

Telefonista10.560,3211.193,9411.865,5812.577,52

Supervisor vendas13.142,8213.931,3914.767,2815.653,31

Vendedor12.056,0912.779,4613.546,2214.359,00

Xefe de sección13.890,8814.724,3315.607,7916.544,26

Encargado13.564,2914.378,1515.240,8416.155,29

Capataz13.142,7813.931,3514.767,2315.653,26

Coordinador zona12.782,8113.549,7714.362,7615.224,53

Inspector distrito11.817,0412.526,0613.277,6314.074,28

Oficial 1º especialista13.142,7813.931,3514.767,2315.653,26

Oficial 1º O.V.12.359,2313.100,7813.886,8314.720,04

Oficial 2º O.V.12.058,2412.781,7413.548,6414.361,56

Oficial 3º O.V.11.828,8112.538,5313.290,8514.088,30

Oficial 1º laboratorio12.658,4713.544,5714.357,2415.218,68

Oficial 2º laboratorio12.118,0312.845,1113.615,8114.432,76

Aux laboratorio11.154,4411.823,7112.533,1313.285,12

Oficial 1º conductor11.997,9812.717,8613.480,9314.289,79

Almaceneiro11.406,5012.090,8912.816,3413.585,33

Auxiliares insp.11.154,4911.823,7612.533,1813.285,17

Supervisor de liña12.359,2313.100,7813.886,8314.720,04

Especialista 1º11.855,6512.685,5413.446,6714.253,47

Especialista 2º11.495,4912.300,1813.038,1913.820,48

Especialista 3º11.154,4911.823,7612.533,1813.285,17

Peón especialista 10.796,5811.444,3712.131,0312.858,90

Peón10.560,3011.193,9211.865,5612.577,49