Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 7.979

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Carchidea, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Carchidea, S.L., con nº de código 3602452 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-4-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 31-3-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Carchidea, S.L.

Título I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Carchidea, S.L. sita na rúa Coutada Nova, 20 A de Vigo, e tódolos traballadores que presten servicio nela.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia deste convenio será de 3 anos, desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2005, con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Denuncia.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, salvo que algunha das partes que o subscriben o denuncien

con antelación mínima dun mes á extinción da súa vixencia ou algunha das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos este convenio colectivo constitúe unha unidade indivisible, polo que non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas cláusulas, rexeitando o resto, senón que deberá ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Título II

Clasificación profesional. Mobilidade funcional

e xeografía

Artigo 5º.-Clasificación profesional.

As clasificacións de persoal que figuran neste convenio son meramente enunciativas e non supoñen a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o precisan.

Sen embargo, desde o mesmo momento en que exista na empresa un traballador, que realice as funcións específicas dunha categoría determinada, terá que ser remunerado polo menos, coa retribución que para esta categoría se estableza neste convenio.

-Persoal administrativo:

Oficial de 1ª.

Oficial de 2ª.

Auxiliar.

-Persoal de fábrica:

Encargado.

Oficial 1ª taller.

Oficial 2ª taller.

Oficial 3ª taller.

Especialista.

Peón.

Aprendiz.

-Persoal administrativo:

1. Oficial de 1ª. É a persoal cun sector de tarefas ó seu cargo que con iniciativa e responsabilidade, con ou sen outros traballadores ó seu cargo, executa, baixo a dependencia do xefe, unha ou varias das seguintes funcións: manexo e custodia dos bens principais da empresa: custodia dos bens principais da empresa: planteamento, cálculo e extensión de facturas complexas, realización de estatísticas nas que interveñan cálculos de importancia e esixan, á mesma persoa, análises e conclusións, imputacións contables a nivel equivalente á dos libros oficiais de Comercio, redacción de correspondencia, con plena e propia iniciativa, en asuntos que excedan ós de mero trámite; taquimecanografía. E ademais o que presta outros servicios, con importancia, iniciativa e responsabilidade, teñan analoxía cos antes citados.

2. Oficial de 2ª. É a persoa que, con iniciativa á subordinación doutras categorías superiores, se as houbese, efectúa unha ou varias das seguintes operacións: estatísticas e contabilidade que requiran cálculos medios, manexo e utilización de ficheiros e arquivos complexos: redacción e correspondencia con iniciativa propia en asuntos que excedan ós de trámite; taquimecanografía. E que preste outros servicios de mérito importante, iniciativa e responsabilidade, teñan analoxía cos antes citados.

3. Auxiliar. É o que, sen iniciativa especial, realiza operacións auxiliares de administración e, en xeral repetitivas, como son a título orientativo: os traballos de mecanografía realizados con pulcritude e corrección; a facturación simple que non requira moitos cálculos, busca e clasificación en ficheiros e arquivos, que só precisan simples anotacións preestablecidas e outras similares.

-Persoal de fábrica:

1. Oficial de 1ª. É aquel operario que executa traballos cualificados dunha especialidade, que esixen unha habilidade particular e coñecemento profesional que non pode ser adquirido máis que por unha intensa práctica da especialidade, ou por unha aprendizaxe metódica, sancionando, se existira, por un certificado de aptitude profesional.

Realizará as funcións propias da súa especialidade cunha habilidade consumada, espíritu de iniciativa e completa responsabilidade, executando calquera tipo de labor que se lle encomende dentro da súa especialidade.

2. Oficial de 2ª. É aquel operario que executa os traballos cualificados dunha especialidade, que esixen unha habilidade particular e coñecemento profesional que non pode ser adquirido máis que por unha intensa práctica da especialidade, ou por unha aprendizaxe metódica pero sen ter chegado a adquiri-la totalidade de coñecementos e pericia do oficial de 1ª.

3. Oficial de 3ª. É aquel operario que executa os traballos cualificados dunha especialidade, que esixen unha habilidade particular e coñecemento profesional que non pode ser adquirido máis que por unha intensa práctica da especialidade, ou por unha aprendizaxe metódica, sancionando se existira, por certificado de aptitud profesional, pero sen ter chegado a adquiri-la totalidade de coñecementos e pericia do oficial de 2ª.

4. Peón. É o operario a quen se lle confían traballos elementais, para os que non se require preparación ningunha, nin coñecementos teórico-prácticos de ningunha clase, requiríndolle predominantemente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo o traballo que se lle ordene. Os traballos só poderán permanecer nesta categoría un máximo de dous anos.

5. Aprendiz. Considéranse aprendices a aqueles traballadores que teñan vixente un contrato de aprendizaxe. Realizarán os labores correspondentes

ó oficio que están aprendendo. Dispoñerán dun 15% da xornada para formación.

Artigo 6º.-Traslado de centro de traballo.

No suposto de que a empresa pretenda traslada-lo centro a outra zona dentro da localidade, sen prexuízo das disposicións vixentes nesta materia, a empresa virá obrigada a comunicalo coa seguinte antelación:

-Dentro da mesma provincia: dous meses.

-Fóra da provincia: tres meses.

Desde a data da comunicación o traballador terá un mes para aceptar ou rexeita-lo traslado. En calquera caso, o persoal terá dereito a:

a) Traslado do centro da mesma cidade: non sufrirán ningunha modificación as condicións pactadas neste convenio, con excepción da quilometraxe que en todo caso sería a tratar.

b) Traslado do centro fóra do termo municipal, pero dentro da mesma provincia: aboaríaselle ó persoal un complemento extrasalarial denominado de distancia, que cubrise a diferencia no gasto de desprazamento desde o antigo centro ata o novo centro, a razón de vintesete pesetas por quilómetro e día traballado.

Esta melloría considérase condición particular e só afectará ó persoal que aceptase ser trasladado e en ningún caso, ó persoal contratado para o novo centro unha vez realizado o traslado.

c) Traslado do centro fóra da provincia. Haberá que aterse ó estableciedo no ET.

Se o traballador renunciase ó traslado, percibirá as compensacións que a lexislación laboral vixente en cada momento sinale.

Artigo 7º.-Mobilidade.

Se por necesidades de producción subcontratase algunha tarefa con empresas auxiliares, co fin de axilizar ó máximo os traballos que esta realice para Carchidea, S.L., a dirección poderá designa-los traballadores que considere oportuno, para que acudan ó centro a realiza-los traballos propios da súa categoría, nas tarefas subcontratadas por Carchidea, S.L. e sempre baixo o seu ámbito e dirección, quedando os traballadores designados obrigados a iso.

Nestes casos, sempre que o desprazamento fose fóra do termo municipal de Vigo, a empresa obrígase a paga-la quilometraxe e se procedese, a súa manutención.

Título III

Sistema retributivo

Artigo 8º.-Aumento salarial e táboas salariais.

As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas por:

Salario base de cada categoría profesional segundo táboa anexa.

Complemento asistencia.

Complemento puntualidade.

Complemento responsable de zona (se é o caso).

Retribución voluntaria (se é o caso).

Retribución voluntaria absorvible (se é o caso).

Horas extras.

Os traballadores terán dereito a percibir anticipos a conta, polo importe do traballo xa realizado. Este dereito farase efectivo no momento de formaliza-la solicitude.

Aumento salarial.

1º ano aplicarase un aumento do 4% no que se inclúe a diferencia do previsto á real do ano anterior (ano 2003).

2º ano, aplicarase un aumento do IPC previsto polo goberno máis un punto (ano 2004).

3º ano, aplicarase un aumento do IPC previsto polo goberno máis un punto (ano 2005).

En 2004 e 2005 ó rematar, se o IPC real é maior á previsión, a diferencia sumarase á subida prevista do ano seguinte.

A retribución voluntaria absorvible do persoal fixo da empresa consolidarase como retribución voluntaria fixa.

Artigo 9º.-Complemento responsable de zona.

Denomínase responsable de zona a aquel traballador, que independentemente da súa categoría e logo de nomeamento pola dirección, ademais da súa tarefa, responsabilízase do control e vixilancia dunha zona determinada da fábrica, o seu persoal e traballo que se desenvolva nela.

Quen fose designado para este cargo, percibirá mentres o desempeñe, un complemento responsable de zona consistente no 5% do soldo base do convenio vixente en cada momento.

A revogación deste cargo poderaa realiza-la dirección en calquera momento, perdendo o traballador a partir do mes seguinte o dereito á percepción do citado complemento de responsabilidade de zona.

Artigo 10º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Establécese un complemento de asistencia consistente no 4% sobre o soldo base mensual para tódalas categorías. Perderase o dereito a percibir este complemento cando no mes se produzan tres ou máis ausencias, xa sexan ou non xustificadas. Non se descontará en caso de licencias da letra a).

No período de vacacións, o complemento de asistencia descontarase proporcionalmente ós días que se computen como tal.

Establécese un complemento de puntualidade, consistente nun 4% sobre o soldo base para tódalas categorías, o cal se perderá cando no mes se produzan tres ou máis faltas sexan ou non xustificadas.

A perda do dereito á percepción deste complemento non lle impedirá á empresa que ademais proceda ós descontos e sancións oportunas en cada caso.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Establécense cuadrienios ó 5% do soldo base vixente en cada momento, os que se acumulan a razón do importe de cada cuadrienio. O tope máximo de cuadrienios que se van percibir será de seis.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias de trinta días de soldo base máis antigüidade, correspondentes ós meses de xullo e decembro.

As pagas de xullo e Nadal aboaranse entre os días quince e vinte de xullo e decembro respectivamente.

Establécese unha paga de beneficios consistente no 25% dos beneficios fiscais anuais (despois de impostos), a repartir proporcionalmente entre tódolos empregados ata un máximo do 100% do salario empregado segundo categoría, a cal se fará efectiva no mes de maio.

Título IV

Xornada, horarios, horas extras e vacacións

Artigo 13º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será no ano 2003 de 1.792 horas anuais, en xornada continua de luns a venres a razón de 8 horas diarias, cun descanso intermedio de quince minutos para tomar bocadillo, tempo que se computará como de traballo efectivo. O seu horario será de 7 a 15 horas.

A xornada laboral no ano 2004 será de 1.784 horas anuais. A xornada laboral no ano 2005 será de 1.784 horas anuais.

Artigo 14º.-Horas extras.

As horas extraordinarias poderanse compensar por descansos, sempre a criterio da dirección da empresa, logo de acordo individual co traballador e sen que en ningún caso resulte perturbado o proceso productivo da empresa.

As horas extraordinarias compensadas por descansos dentro dos tres meses seguintes á súa realización non computarán para efectos do tope máximo anual de horas extraordinarias establecido no artigo 35.2º do ET.

Artigo 15º.-Vacacións.

A fábrica cerrará as súas dependencias durante o mes de agosto, desde o día 4 ó 25, ámbolos dous inclusive. O resto desfrutaranse no mes de decembro, adaptándose ó calendario laboral, que se confeccionará cada ano.

Artigo 16º.-Seguridade e hixiene.

A protección da saúde dos traballadores constitúe un obxectivo prioritario das partes asinantes. Considerando que para alcanzado se require o establecemento dunha acción preventiva na empresa, que teña por fin a eliminación ou reducción dos riscos

na súa orixe a partir da súa avaliación, adoptando as medidas necesarias, tanto na corrección da situación existente, como na evolución técnica e organizativa da empresa, para adapta-lo traballo á persoa e protexe-la súa saúde.

Para estes efectos, ámbalas dúas partes acordan dar cumprimento ó establecido na Lei de prevención de riscos laborais, creando a figura do delegado de prevención, que será elixido de entre os representantes dos traballadores e as súas competencias e facultades serán as sinaladas no artigo 36 da Lei 31/1995.

A dirección da empresa, de acordo co establecido no Real decreto 39/1997, polo que se aproba o Regulamento de servicios de prevención elaborará:

a) Evacuación dos riscos dos centros de traballo.

b) Un plan xeral de prevención.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá a tódolos traballadores de dúas batas de traballo, das coñecidas e típicas, para a realización das distintas e diversas actividades que o seu uso vén aconsellando e pantalóns para aqueles que realicen traballos que así o requiran.

Os traballadores, pola súa parte, obríganse a levar posta unha de tales prendas durante a xornada de traballo, a mantelas limpas e, fóra das horas de traballo, a gardalas no lugar correspondente.

Título V

Licencias e permisos de ILT

Artigo 18º.-Licencias.

O traballador, avisando coa antelación posible, poderá faltar ó traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e durante o tempo que a continuación se expón:

a) Matrimonio: 16 días.

Enfermidade grave ou operación cirúrxica de familiar ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade que esixa dous días de hospitalización: 3 días.

Ídem con desprazamento: 4 días.

Falecemento de pais: 5 días.

Falecemento de fillos ou cónxuxe: 6 días.

Nacemento de fillo: 4 días.

Falecemento de familiar ata o 2º grao: 2 días.

Ídem con desprazamento: 4 días.

Traslado de domicilio: 2 días.

Voda de fillos ou irmáns: 1 día.

Voda de fillos ou irmáns fóra da provincia: 2 días.

b) Tempo necesario e imprescindible:

Deber inexcusable de carácter público.

Matricularse ou examinarse en centros oficiais ou recoñecidos.

Asistir ó ambulatorio médico, limitado previa presentación do volante médico e xustificante de asistencia a esta.

Para a aplicación deste artigo terán igual consideración as parellas de feito.

Artigo 19º.-Baixas por enfermidade ou accidente laboral.

Accidente laboral: os traballadores en situación de ILT por accidente de traballo producido durante a xornada de traballo, é dicir, dentro do recinto da factoría, percibirán con cargo á empresa, a diferencia existente entre as prestacións económicas da Seguridade Social ou a entidade e o 100% do salario base, antigüidade e retribución voluntaria e demais complementos.

Os accidentes in itinere enténdense estes os que se produzan no traxecto entre o domicilio habitual e o centro de traballo e viceversa, nun espacio de tempo razonable, considéranse como accidentes de traballo, percibindo con cargo á empresa a diferencia existente entre as prestacións económicas da Seguridade Social ou a entidade ou o 100% do salario base. Garantíndose o cobro mínimo do 75% da base de cotización.

Título VI

Traballos a quendas

Artigo 20º.-Quendas.

Enténdese por quendas un proceso continuo do traballo que debido a necesidades técnicas ou organizativas se realiza durante un período non inferior a dezaseis horas ó día nos períodos do ano denominados de producción punta e eventualmente para reparacións, mantemento, cambio de ciclo ou de producto ou calquera outro motivo alleo ós traballadores, así como por causas de forza maior.

Cando a dirección da empresa o estime, poderá establecer que o persoal con independencia do seu horario, e sen exceder da xornada máxima legal establecida, traballe a quendas por período máximo de tres meses. En tal caso, o horario sería de 7 a 15 horas para a primeira quenda e de 15 a 23 para a segunda.

As partes acordan que esta situación non supón modificación ningunha nas condicións de traballo.

Título VII

Contratación. Cadro de persoal. Ascensos

e cesamentos

Artigo 21º.-Contratación.

Por razón das características do servicio na empresa, os traballadores clasificaranse en fixos, contratados por tempo determinado, eventuais e interinos, contratados a tempo parcial, en aprendizaxe e prácticas.

Poderá celebrarse calquera tipo de contrato de traballo cunha modalidade que estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores contratados por tempo determinado terán os mesmos dereitos e igualdade de trato nas relacións laborais que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que deriven da natureza e duración do seu contrato.

Os contratos de formación e prácticas formalizados de acordo coa lexislación vixente estarán dirixidos a favorece-lo adestramento profesional e a formación naqueles postos que a súa propia natureza requiran un coñecemento e experiencia determinados.

Co fin de potencia-la contratación e evitar no posible a utilización de persoal contratado a empresas de traballo temporal, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15 do ET, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Estes contratos de obra ou servicio determinado poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan, que limitados no tempo e cunha duración que poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa, a duración máxima posible será de doce meses nun período de dezaoito.

Esta inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidade de contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do ET.

Artigo 22º.-Período de proba.

Toda admisión de persoal para as actividades comprendidas neste convenio considerarase provisional dentro dun período de proba variable, de acordo coa categoría que o traballador teña e que non poderá ser superior á que se establece na seguinte escala:

-Titulados superiores: 2 meses.

-Oficiais e especialistas: 1 mes.

-Peóns e aprendices: 15 días.

Durante o período de proba a empresa poderá dar por finalizada a relación laboral, sin alegar máis causa que a non superación do citado período de proba.

A situación de incapacidade laboral transitoria durante un período de proba non interrompe o período de proba.

Título VIII

Comisión mixta e lexislación aplicable

Artigo 23º.-Comisión mixta.

Durante a vixencia deste convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os delegados de persoal, terá por funcións:

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade de reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente.

c) Por parte dos traballadores, a comisión estará composta por catro persoas, dous representantes dos traballadores: o delegado de persoal máis outro elixido pola asemblea de traballadores e dúas persoas en representación da empresa.

Artigo 24º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio haberá que aterse ó que determine o Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións concordantes.

Artigo 25º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado entre a dirección da empresa José Piñón Fernández e a parte social formada polos representantes dos traballadores, é refrendada por tódolos traballadores.

ANEXO

Táboa salarial ano 2003

CategoríaSalario base

-Persoal administrativo
Oficial 1ª administrativo662,02
Oficial 2ª administrativo609,08
Auxiliar administrativo579,86

-Persoal de fábrica
Encargado731,58
Oficial 1ª taller632,12
Oficial 2ª taller597,96
Oficial 3ª taller553,24
Especialista533,88
Peón512,54
Aprendiz375,53