Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 7.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003 pola que se inscribe a asociación Sociedad Filatélica de Arte y Humanidades Eume no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Sociedad Filatélica de Arte y Humanidades Eume, do 20 de maio de 2003.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia.

RESOLVO:

Que a Sociedad Filatélica de Arte y Humanidades Eume quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 145.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2003.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo