Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/276).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Canosa.

Situación: Moeche.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea-aérea de media tensión, a 20 kV, o tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x95) mm Al, de 360 m de lonxitude, coa orixe no apoio que se vai instalar na liña que alimenta o C.T. Trieiro, seguido de tramo aéreo, con apoios de formigón e conductor LA-56, de 637 m de lonxitude e final en C.T. Canosa, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Canosa, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 665 m de lonxitude nos lugares de Canosa e Xan Fero, que se conecta á rede existente. No termo municipal de Moeche.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario dos predios nº 7, 12 e 15, Juan Abel Castro Paz, manifesta que os predios están plantados con eucaliptos, árbores de gran altura, que se lle aboe non só o voo senón o terreo. Que logo da expropiación se sinale o terrreo e se volva medir. Que acepta que se lle expropie ou compre no seu prezo xusto o terreo afectado.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que se é certo que non pode dedica-la superficie afectada á plantación de árbores, si o pode dedicar a calquera outro uso que estime pertinente. Menciona o artigo 162 del Real decreto 1955/2000. Que se non chega a un acordo, poderá presentar folla de taxación polos prexuízos ocasionados co fin de que o Xurado Provincial de Expropiación determine o prezo xusto definitivo. Que o día de levantamento de actas previas á ocupación se comprobará e sinalará a zona afectada nas parcelas. Que para o dito acto se lle notificará o día e a hora.

O propietario do predio nº 30, Manuel Campos Espantoso, manifesta que segundo o comprobado en

campo, o voo da liña afecta unha lonxitude de 62 m lineais e non 55 m segundo reflicte a notificación. Que logo das comprobacións oportunas solicita que se lle notifique.

Unión Fenosa Distribución, S.A. manifesta que segundo lles consta o predio está afectado polo apoio nº 5 (un metro cadrado de chan) e de 55 m lineais que se corresponden con 888 m. A variación canto á superficie afectada comprobarase o día de levantamento de actas previas á ocupación, data que lle será notificada para que poida comparecer na parcela.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 7 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña