Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do paso a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Cangas 4, número 5779.4, da provincia de Lugo e promovida por Ingemarga, S.A.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación

desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de Cangas 4 nº 5779.4, situada en terreos do concello de Lugo, provincia de Lugo e solicitado por Ingemarga, S.A.

Para os efectos informativos, porase ó dispor dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas