Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/230-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tameiga-A Gándara.

Situación: concello de Mos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15 kV con conductor tipo LA-56 de 204 m de lonxitude, con orixe nun apoio que se vai intercalar na L.M.T.A. MOS706, entre os apoios 29 e 30 e remate no apoio 3 da L.M.T.A. proxectada, desde onde continúa subterránea, a 15 kV con conductor tipo R.H.V., 477 m ata o C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 15 kV-380/220 V, na Gándara, Tameiga, no concello de Mos. Dúas R.B.T., unha aérea de 938 m con conductor tipo R.Z. e outra subterránea de 40 m con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra