Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-EN-2002/31 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que, por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se apro

ba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 16 de maio de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/31.

Denunciados: Carlos Eduardo Pais Freitas, con DNI: 11658088, enderezo: rúa Pereira Azevedo, nº 226 4415-081 de Perozinho-Vilanova de Gaia (Portugal); María Lourdes Mendes Rede, con DNI: 6904328, enderezo: rúa Castelo de Numao, nº 42-2º de Ramalde-Porto (Portugal); Daniel Silva Fernández, con DNI: 35570071-L, enderezo: A Ribeira, nº 72-Torneiros (Porriño) e Luis Alberto Barreiro Peixoto, con DNI: 77006316, enderezo: Vilas-Morgadáns (Gondomar).

Feitos denunciados: os denunciados, incumprindo as normas de planificación do parque, montaron a súa tenda nun dos lugares máis visitados do parque e a mantiveron ata o momento en que foi posible a súa identificación. No momento da denuncia alegaron que descoñecían a prohibición, pero segundo as indagacións oportunas ó caso, parece ser que na noite da súa chegada foron apercibidos da dita prohibición no bar-restaurante do Parque Natural do Monte Aloia.

Feitos denunciados o día 17 de agosto de 2002, ás 18.00 horas, no Parque Natural do Monte Aloia, no lugar de Pazos de Reis, do concello de Tui.

Data do acordo da incoación: 28-10-2002.

Precepto infrinxido: artigo 63.6º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 601,02 euros que deberán pagar conxunta e solidariamente os catro denunciados.