Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso público para a subministración de dous vehículos para o Consello Consultivo de Galicia.

Obxecto: adquisición de dous vehículos clase A para o servicio do Consello Consultivo de Galicia.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

Orzamento base de licitación: 70.000 euros, IVE incluído.

División por lotes e número: lote único: dous vehículos de prezo unitario 35.000 euros e entrega de dous vehículos usados.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación que se esixe: non se esixe clasificación.

Garantía provisional: 2% do importe de licitación.

Obtención de documentación e información: Servicio de Xestión Económica e Habilitación do Consello Consultivo de Galicia, sito na rúa Algalia de Abaixo, nº 24, 15704 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación das ofertas.

Data límite de obtención de documentación e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

Data límite para a presentación das ofertas: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Consello Consultivo de Galicia, sito na rúa Algalia de Abaixo, nº 24, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, segundo o previsto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto en acto público na sala de xuntas do Consello Consultivo de Galicia, ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións.

Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

P.D. (Resolución 20-1-1997)

Juan José Gallego Fouz

Secretario xeral