Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador MP-104/2002 (montes-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei de montes do 8 de xuño do 1957 e o Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de montes.

O denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 16 de maio de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: MP-104/2002.

Denunciado: Alfredo Crespo Rivas.

Último enderezo coñecido: Cesantes nº 50, Redondela.

Feito denunciado: rotura de firme de pista forestal.

Precepto infrinxido: artigo 410 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei do 8 de xuño de 1957.

Precepto sancionador: artigo 410 do Regulamento de montes.

Sanción: 627,46 euros.