Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003, da Dirección Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 0000201/2003 interposto por Manuel García Pazos, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 31 de xaneiro de 2003 relativa ó proceso electoral da Federación Galega de Taekwondo.

A Dirección Xeral para o Deporte recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 0000201/2003 interposto por Manuel García Pazos, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 31 de xaneiro de 2003, relativa ó proceso electoral da Federación Galega de Taekwondo.

En consecuencia, esta Dirección Xeral para o Deporte acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nOS autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

José Ramón Lete Lasa

Director xeral para o Deporte