O 3 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dictou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. a 132 kV sub. Boimente-sub. Buio (treito subestación Boimente-apoio nº 13) expediente 10/2001 A.T., que afecta os concellos de Viveiro e Xove.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convoca-los días 3, 4, 9 e 10 de xullo, no Concello de Viveiro, a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo a esta resolución e tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 3 de outubro, no BOP de Lugo do 12 de setembro e no xornal El Progreso do 17 de setembro de 2001, para que comparezan no Concello de Viveiro, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.
Desta convocatoria daráselles traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinalará día e hora para o levantamento de actas previas; así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos intere
sados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).
Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, tentada esta, non se puidera practicar e así entende-las dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.
Lugo, 28 de maio de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 10/2001Provincia: Lugo
L.A.T. 132 kV sub. Boimente/sub. Buio-treito sub. Boimente/apoio nº 13Termo municipal: Viveiro
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Apoio Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
(Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro)
Monte baixo
Prado (Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro)
(Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro)
(Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro)
(Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro)
(Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro) (Rpte. presidente: Venancio Casabella Yáñez) Santo André de Boimente
(Viveiro)
3 Piñeiral MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
2, 3, 4, 5 e 6 150 1.160 33.680
5a Monte alto
MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
7 22 315 8.850
5b Carballeira MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
167 5.010
7 Carballeira MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
17 510
8a Carballeira MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
110 3.300
8b Monte baixo MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
8 e 9 47 640 12.800
8c Piñeiral MVMC Veciños de Boimente
Condomiñas, 2
11, 12 e 13 77 348 10.440