Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Carballeda, número 2590, da provincia de Pontevedra e promovida por Maceiras Filloy, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Carballeda número 2590, situada en terreos do concello de Lalín, provincia de Pontevedra e solicitado por Maceiras Filloy, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas