Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto Addenda ó ramal para a subministración de gas natural a Pontedeume (A Coruña) promovido pola empresa Gas Directo, S.A.

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, o Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto Addenda ó ramal para a subministración de gas natural a Pontedeume (A Coruña), declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Directo, S.A., con enderezo en avda. San Luis nº 77, 28033 Madrid, titular da autorización administrativa outorgada por resolución da Dirección Xeral de Industria do 11 de decembro de 2000 para a distribución de gas natural no termo municipal de Pontedeume (A Coruña).

Obxecto da petición: aprobación do proxecto de instalacións Addenda ó ramal para a subministración de gas natural a Pontedeume (A Coruña).

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

Por Resolución do 18 de abril de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas someteu a información pública o proxecto de autorización de instalacións e o estudio de impacto ambiental do Ramal para a subministración de gas a Pontedeume.

Atendendo ás alegacións formuladas e ás edificacións construídas e en construcción ó longo do trazado proposto, á existencia de mananciais que non foran previamente detectados, así como ós novos datos de consumo, faise necesaria a modificación puntual do trazado en dous puntos e o cambio de diámetro da conducción.

O obxecto desta addenda é defini-lo novo diámetro da conducción así como o novo trazado do ramal

entre o vértice V-18 e o novo vértice V-18 B, entre o vértice V-19 e o novo vértice V-19 E (desaparece o vértice V-20) e, entre o vértice V-24 e o punto final (V-24 K) do ramal no armario de acometida para consumo doméstico, o cal cambia de situación.

Danse por reproducidas as características do proxecto Ramal de subministración a Pontedeume a excepción das referentes ó diámetro, o cal pasa a ser de 6'', á lonxitude total, que se ve incrementada en 221 metros, á situación do armario de acometida para consumo doméstico e á da válvula de acometida que aquel leva implícita. Así mesmo, prodúcese variación en canto ó espesor da tubería, que pasa de 3,6 mm a 4 mm.

O incremento de diámetro non implica ningunha variación en canto a incremento de dimensións da pista de traballo, polo que non orixinará cambios nas afeccións temporais nin nas permanentes. Non terán lugar cambios nas características dos materiais, nin na construcción e montaxe, nin na posta en servicio nin en canto ó réxime de explotación e mantemento.

Diámetro da conducción: 6''.

Situación do armario de acometida para consumo doméstico: p.k. 3,508 (V-24 K).

Incremento de lonxitude: 221 m.

Lonxitude total do proxecto: 3.513 m.

Na relación de bens e dereitos afectados publicada como anexo a esta resolución, inclúense as novas parcelas afectadas polas variantes do trazado efectuadas, así como as afectadas pola instalación do sistema de descarga de corrente pertencente ó sistema de protección catódica.

Da relación de bens e dereitos afectados do proxecto orixinal, deixan de estar afectadas polo novo trazado: C-PD-79; C-PD-80; C-PD-95; C-PD96; C-PD 98 e C-PD-98PO.

Termos municipais afectados: Pontedeume.

Orzamento: o orzamento desta addenda ascende a cento setenta e dous mil trescentos cincuenta e sete euros con vintecinco céntimos (172.357,25 A).

Afección a predios particulares:

A afección a predios de propiedade privada derivada da construcción do ramal e as súas acometidas, concrétase na seguinte forma:

Un.-Expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso ó longo do trazado da conducción, cun largo de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta

servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, contados a partir do eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto algún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, de se-lo caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para eses fins.

Tres.-Para o paso de cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores de protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largo, o correspondente ó da instalación máis un (1) metro a cada lado.

Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a talar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, de se-lo caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal, coma necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación,

e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para eses fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados por este proxecto, esta relación inserirase ó final deste anuncio, para que poidan examinala nesta Dirección Xeral de Industria

Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, praza Luis Seoane 2, edificio administrativo Monelos, e presentar por triplicado nestes centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

PredioTitularEnderezoAfecciónCatastroNatureza

SE mSP (m.l.)OT mPolíg.Parcela

C-PD-4EPCJosé Seco PazosA Orela, 38. Ombre. Pontedeume3015356Prado

C-PD-5EPCJuan Luis Brage CortizasVilamoire, 40. Breamo. Pontedeume7015314Prado

C-PD-63VConcello de PontedeumeRúa Real nº 13. Pontedeume3Camiño

C-PD-70VManuel Feal MartínezCabría Nova, 32. Nogueirosa. Pontedeume363609400Terreo de labor

C-PD-72VJosefina González CalvoPortela, 47. Ombre. Pontedeume474559273Prado

C-PD-76/77VJavier Fernández Baamonde e Josefa Castrillón LópezPza. Zalaeta nº 7, 6º A. A Coruña474509267/270Terreo de labor

C-PD-77-1VAntonio Pazos VarelaA Cruz do Cabildo. Nogueirosa. Pontedeume384709271Terreo de labor

C-PD-77-2VJaime Regueira DíazPazo Grande s/n. 15379 Curtis. A Coruña576509278Prado

C-PD-77-3VEmilio Allegue PenaO Castro. Nogueirosa. Pontedeume0459278Prado

C-PD-78VConcello de PontedeumeRúa Real nº 13. Pontedeume22Pista asfaltada

C-PD-81VManuel Magariños AllegueAvda. de Lugo nº 265, 3º dta. Santiago de Compostela707659194Prado

C-PD-94VHdos. de Ramiro Carpente Luaces. Att. María CarpenteCmño. do Seixo. Nogueirosa. Pontedeume33330914Terreo de labor

C-PD-94-1VConcello de PontedeumeRúa Real nº 13. Pontedeume63Pista asfaltada

C-PD-94-2VConcello de PontedeumeRúa Real nº 13. Pontedeume155Pista asfaltada

C-PD-94-3VSantiago Leira Criado(Ferretería Leira). Nogueirosa. Pontedeume12081Prado

C-PD-94-3POVSantiago Leira Criado(Ferretería Leira). Nogueirosa. Pontedeume6681Prado

C-PD-97VXunta de Galicia. CPTOPVEdificio. admvo. San Caetano. Santiago de Compostela11Estrada AC-144