Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de ampliación da explotación A Farixa, número 96, da provincia de Ourense e promovida por Canteras de Xubín, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública durante trinta días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de ampliación da explotación A Farixa número 96, situada en terreos do concello de Cenlle, provincia de Ourense e solicitado por Canteras de Xubín, S.L.

Para os efectos informativos porase ó dispor dos administrados que o soliciten un exemplar do mesmo para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas