Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado San Ramón, número 2990, no concello de Lalín, da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos Lalín, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Granitos Lalín, S.L., con domicilio social en Faxil, 10, Aguledo, 36600 Barro, Pontevedra, presentou nesta delegación provincial o día 15 de xullo de 2002, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado San Ramón, sobre unha superficie de dúas cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termo municipal de Lalín, da provincia de Pontevedra, e o que lle correspondeu o nº 2990.

A designación de terreo, en coordenadas xeográficas, é o seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Pp-V1-8º 03' 40''42º 42' 20''

V2-8º 03' 00''42º 42' 20''

V3-8º 03' 00''42º 42' 00''

V4-8º 03' 40''42º 42' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen perxuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 8 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra