Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/358-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidrofreixa, S.L.U.

Domicilio social: P. Empresarial O Campiño-parcela B-62, 36158 Pontevedra.

Denominación: substitución instalacións electromecánicas C.H. Feixa I.

Situación: ayuntamiento de Ponte Caldelas.

Características técnicas: substitución de elementos electromecánicos na central hidroeléctrica Feixa I situada no termo municipal de Ponte Caldelas, quedando a instalación coas seguintes características: dúas turbinas Francis de 792,87 kW c/u de 1.000 R/M, dous xeradores de 750 kVA c/u e 4,33 kV cos seus equipos de regulación, parada emerxencia, control e acoplamento, dous transformadores de potencia de 750 kVA R.T. 4,33 kV/15-20 kV, equipo de medida, protección e interconexión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra