Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto, dun contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 132, referencia: 2003-12-252.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipos de cromatografía en fase líquida (HPLC).

b) Número de unidades que se entregarán: segundo o prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: 2 lotes.

-Lote 1: un equipo de cromatografía en fase líquida (HPLC).

-Lote 2: un sistema de cromatografía de alta eficacia (HPLC).

d) Lugar de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 84.000 euros.

-Lote 1: 48.000 euros.

-Lote 2: 36.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

2) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 10 horas.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2579

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro