Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Automóviles de Tuy, S.A.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Automóviles de

Tuy, S.A., con nº de código 3600132, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-4-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 2-4-2003. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos tra

balladores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

Representación económica:

Gustavo Pedro Pou Saracho.

Representación social:

Rafael Pérez Fernández.

Gumersindo López Fernández.

Alfonso Luis Souto Pena.

Tito Brey Francisco.

Acta:

Na Guarda, ás 11.00 horas do día 2 de abril de 2003, reúnense nos locais da empresa Automóviles de Tuy, S.A., os traballadores e a dirección, co obxecto de inicia-las deliberaciones para trata-la revisión do convenio colectivo de empresa, no seu segundo ano de vixencia.

Aberta a sesión, as partes dan a coñece-las súas respectivas representaciones:

Pola parte económica, Gustavo P. Pou Saracho e pola parte social, Rafael Pérez Fernández, Gumersindo López Fernández, Alfonso Luis Souto Pena e Tito Brey Francisco.

Posteriormente e tras un amplo cambio de impresións, as partes acordan a elaboración da táboa salarial anexa, cos aumentos acordados. Despois de confeccionada, procédese a darlle lectura, e é aprobada e asinada en proba de conformidade.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás trece trinta horas do día e do lugar arriba indicados, do que as partes dan fe.

A dirección da empresaO comité de empresa

RubricadoRubricado

ANEXO

Táboa de salarios

CategoríasEurosComp. transp.Comp. ent. re.

-Persoal administrativo
Oficial de primeira693,44 mes 40,89 mes
Oficial de segunda645,67 mes 40,89 mes
Auxiliar administrativo607,82 mes
AspiranteSalario mín. segundo idade

-Persoal de movemento
Inspector23,65 día 40,89 mes
Conductor23,26 día 40,89 mes
Conductor-perceptor23,26 día 40,89 mes15,38 mes
Cobrador20,21 día 40,89 mes15,38 mes

-Persoal de taller
Xefe de taller870,80 mes 40,89 mes
Oficial de primeira23,88 día 40,89 mes
Oficial de segunda23,26 día 40,89 mes
Oficial de terceira22,40 día 40,89 mes
Mozo de taller19,58 día 40,89 mes
AprendicesSalario mín. segundo idade
Lavacoches656,30 mes 40,89 mes
Vendedor de billetes640,54 mes