Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.814

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros da táboa salarial para 2003, do convenio colectivo do sector de comercio de materiais de construcción e saneamento.

Vista a acta da comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo do sector de comercio de materiais de construcción e saneamento, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-4-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Materiales para la Construcción y Saneamiento (ASEMACO), e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC.OO., con data do 27-3-2003, de correción de erros da táboa salarial do ano 2003, e no sentido que se fai figurar no texto da devandita acta.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido na táboa salarial para o ano 2003 do convenio colectivo de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Pontevedra e no sentido, que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector do comercio de materiais para a construcción e o saneamento da provincia de Pontevedra.

Acta.

Asistentes:

CC.OO.: Jorge Carneiro Penedo.

UGT: Roberto Puga Hermida.

Representación empresarial: Andrés Sande Rodríguez.

Secretaria de actas: Marta Iglesias Pereira.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, ás 18.45 horas do día 27 de marzo de 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de comercio de materiais para a construcción e o saneamento da provincia de Pontevedra, co obxecto de proceder á corrección de erros da táboa salarial do ano 2003.

Advertido erro na táboa salarial para o ano 2003, do sector de comercio dos materiais para a construcción e o saneamento da provincia de Pontevedra, cómpre face-la seguinte corrección:

Na categoría de delineante-debuxante, onde di: 600,51 euros, debe dicir 776, 46 euros.

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no DOG e no BOP.

Autorízase a Marta Iglesias Pereira para levar a cabo as xestións necesarias.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 19 horas do día arriba indicado.