Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de derivados do cemento, con nº de código 3600505, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-4-2003, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Derivados do Cemento, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 9-4-2003. De conformidade co disposto na disposición derradeira primeira do II convenio colectivo xeral para derivados do cemento, e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de derivados

do cemento da provincia de Pontevedra

Acta:

Asistentes:

CC.OO.: Francisco Estévez Rodríguez.

CIG: Alberto Fernández Campo.

UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Sergio Silva Maceira.

Jesús Giráldez García.

Ramón Carrera Molares.

Alfonso Castelo Domínguez.

Manuel Veiga Maceira.

Representación empresarial:

Arturo Santos Porto.

Manuel Vázquez Martínez.

Luciano Covelo Soto.

Laureano Pérez Expósito.

Francisco García Carrillo.

Roberto Rabuñal Mosquera.

Asesor: Manuel Vigo Giraldo.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, ás 17.30 horas do día 9 de abril de 2003, reúnese a comisión negociadora do

convenio colectivo de traballo do sector de derivados do cemento de Pontevedra, co obxecto de revisar e asina-las novas táboas salariais para o ano 2003, así como incorporar ó texto do convenio provincial as modificacións necesarias para a súa adaptación ós acordos acadados na acta cuarta da comisión negociadora do convenio xeral sectorial, que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2003 en Madrid.

En aplicación dos acordos acadados na acta cuarta da comisión negociadora do convenio xeral do sector de derivados do cemento ó que se fixo referencia no parágrafo anterior, procedeuse á realización dos cálculos das táboas salariais do ano 2003 por medio da aplicación dun incremento equivalente a un 2,85% ás vixentes a 31 de decembro de 2002.

Unha vez confeccionadas estas táboas, dáselles lectura asinándoas as partes en proba de conformidade, e acordándose a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Autorízase a Manuel Vigo Giraldo para levar a cabo as xestións necesarias.

Modifícase o contido do segundo parágrafo do artigo 4 do convenio provincial de derivados do cemento no sentido seguinte: en todas aquelas materias de negociación non atribuídas en exclusividade ó convenio xeral, a duración deste convenio será dun ano, desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2003.

Modifícase a redacción dada ó artigo 11 a) do texto do convenio provincial de derivados do cemento nos seguinte termos: a duración da xornada anual de traballo durante o período correspondente ó ano 2003 será de 1.744 horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada partida como en xornada continuada.

Modifícase por supresión o contido dos dous últimos parágrafos do punto 1 c) do artigo 12 do texto do convenio colectivo provincial de derivados do cemento.

Acórdase a aplicación para o ano 2003 dos acordos recollidos no artigo 36 (días festivos de convenio) do texto do convenio colectivo provincial.

Acórdase, así mesmo, a modificación do artigo 43 (indemnizacións) para fixa-las novas contías destas indemnizacións para os exercicios 2003, 2004 e 2005 nos seguintes termos:

Exercicio 2003: 38.000 euros.

Exercicio 2004: 39.500 euros.

Exercicio 2005: 41.000 euros.

Asinan esta acta tódolos comparecentes, agás a representación da organización sindical CIG, que non está conforme cos contidos de carácter competencial que reserva para o seu ámbito de negociación o convenio colectivo xeral.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 19 horas do día arriba indicado.

ANEXO

Táboa salarial para o ano 2003. Convenio colectivo provincial derivados do cemento

(A duración desta táboa será dun ano desde o 1-1-2003 ata o 31-12-2003)

NivelCategoríasSalarioPlusesPagas extraordinariasR.A. (2)

ConvenioNon salarialXulloNadal

2Persoal titulado superior1.685,405,553,701.507,121.507,1223.239,04

3Persoal titulado medio, xefe administrativo1.431,134,743,701.279,731.279,7319.733,02

4Xefe persoal, axte. obra encargado xral. de fábrica1.196,394,203,701.069,851.069,8516.496,38

5Xefe amtvo. 2ª, delineante superior, encargado xral. obra, xefe de sección, xefe de obra1.077,803,703,70963,79963,7914.861,18

6Oficial amtvo. 1ª, delineante 1ª, xefe enc. taller ou labor1.004,943,493,70898,60898,6013.856,48

7Delineante 2ª, viaxante, capataz, especialista de oficio949,933,353,70849,63849,6313.098,42

8Oficial admto. 2ª, oficial 1ª oficio895,233,123,70800,52800,5212.343,80

9Auxiliar admtvo., oficial de 2ª de oficio868,103,023,70776,24776,2411.969,68

10Auxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, cobrador, axudante de oficio, especialista de 1ª840,852,953,70751,79751,7911.593,78

11Especialista de 2ª, peón especializado814,242,873,70727,30727,3011.225,48

12Muller limpeza, peón corrente799,222,753,70714,67714,6711.019,98

13 (1)Traballadores con contrato formativo (2º ano)732,142,173,70732,14732,1410.249,96

14 (1)Traballadores con contrato formativo (1º ano)730,082,043,70730,08730,0810.221,12

(1) Os valores dos distintos conceptos existentes nos niveis e columnas referenciados correspóndense cos correspondentes á remuneración bruta anual do nivel IX do convenio colectivo xeral. Nestes niveis e na columna R.A., xa están incluídos os complementos de convenio e non salarial.

(2) Na columna R.A: sumáronse os 12 meses de salario, mailas 2 pagas extraordinarias. Para sabe-la retribución total anual deberán sumarse tanto o complemento de convenio e o extrasalarial, como a antigüidade consolidada, de se-lo caso. Axudas de custo: con pernoita, 38,30 euros; sen pernoita 22,08 euros.