Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(750/2002). Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e

certifica que neste xulgado se seguen autos número 750/2002, por instancia de José Seijas Vales e outro contra Informática y Comunicaciones, S.A. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 30-4-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por José Seijas Vales e José Manuel Sanmiguel Alvariño contra Informática y Comunicaciones, S.A. (Inconsa), debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes, por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: 2.870,42 euros para o sr. Seijas Vales, e 2.830,01 euros para o sr. Sanmiguel Alvariño.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0750 02, a cantidade obxecto da condena; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0750 02 e entrega-lo xustificante na secretaría

ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa Informática y Comunicaciones, S.A. (Inconsa), expido e asino esta cédula na Coruña, 12 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado