Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(103/2003). Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 103/2003 por instancia

de José Ramón García Villamide contra Construcciones Coenge, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 9 de maio de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que, estimando a demanda formulada por José Ramón García Villamide, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Construcciones Coenge, S.L., que a súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 181,56 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 3.732,96 euros.

Notifíqueselles esta resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 0103.03 de Banesto desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a tramitación do procedemento, deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada ésta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Goenge, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de maio de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial