Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.731

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (81/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social numero un da Coruña, fago saber que nos autos número 81/2003 seguidos por instancia de María José Romero Gómez contra Confecciones Asturgal, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 2 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por María José Romero Gómez, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de 1.020,1 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno á empresa Confecciones Asturgal, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe á demandante a cantidade de 1.020,11 euros en concepto de salarios máis o 10 de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non poden presentar recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación a Confecciones Asturgal, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en rúa Oviedo-Meicende, 8-Arteixo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 2 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado