Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.730

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (76/2003).

Pilar Millán Mon, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, fago saber que neste xulgado e co número 76/2003, se tramita procedemento para a liquidación da sociedade de gananciais, no que son parte demandante Rosa Varela Rodríguez e demandado José Bouzán Moreira, nos que no día de hoxe se dictou auto que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Parte dispositiva. Que resulta procedente aproba-la proposta de liquidación efectuada pola procuradora María del Amor Angulo Gascón en representación de Rosa Varela Rodríguez, do 10 de febreiro de 2003, que pasa a formar parte do contido desta resolución e da que se dará copia con cantos testemuños se expidan dela. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación. Así o manda e asina S.S. Dou fe.

O maxistrado-xuíz. A secretaria. Seguen as sinaturas».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Bouzán Moreira, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 7 de maio de 2003.

A secretaria

Rubricado