Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.730

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión de 11 prazas de conserxe (grupo IV-A), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 27 de febreiro).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos das

probas selectivas para para a provisión de 11 prazas de conserxe (grupo IV-A), convocadas por Resolución do 23 de xaneiro de 2003 (DOG do 27 de febreiro), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1, convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposicion, que dará comezo ás 10.00 horas do día 28 de xuño de 2003 na facultade de Informática (Campus de Elviña). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este rectorado, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 26 de maio de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA