Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(750/2002). 7.731

CÉDULA de notificación de sentencia

(86/2002). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 86/2002, por instancia de Francisco Saavedra Barreiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Desinfecciones Natura, S.L., sobre incapacidade, nos que

recaeu sentencia con data do 14-3-2003, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Francisco Saavedra Barreiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Desinfecciones Natura, S.L., debo declarar e declaro que o demandante se encontra en situación constitutiva de invalidez permanente no grao de total para a súa profesión habitual de chofer por accidente de traballo, con dereito a pensión vitalicia na contía inicial do 55% da base reguladora de 584,98 euros ó mes, 14 veces ó ano, condenando á parte demandada a aboarlla cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Desinfecciones Natura, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, o 14 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado