Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (1172/2002).

Eloísa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fago saber:

Que no procedemento de demanda 1172/2002 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Quevedo Mendoza contra a empresa Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., ADT España Servicios de Seguridad S.L., Fogasa, Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre despedimento, se dictou a seguinte:

E para que sirva de notificación a Inversiones Convergentes, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Que se ten por desistido o demandante contra a empresa ADT España Servicios de Seguridad, S.L. e que, estimando a demanda interposta por Guillermo Quevedo Mendoza contra Inversiones Convergentes S.L., Seguranza Norte, S.L., Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e Fogasa, unicamente para os efectos de posible insolvencia empresarial, sobre despedimento, e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento do demandante con efectos desde o 25 de outubro de 2002, e condeno as empresas demandadas a estaren e pasaren por esta declaración e, á súa escolla, notificada ó xulgado por escrito ou comparecencia no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, á readmisión do traballador nas mesmas circunstancias que rexían antes do despedimento, co aboamento dos salarios deixados de percibir ata a readmisión ou o aboamento de 613,28 euros en concepto de indemnización, con carácter solidario.

Notifíquese esta sentencia ás partes, prevíndoas do seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, dentro do prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, debendo deposita-lo importe total de condena na conta deste xulgado aberta no Banesto nº 38550000651173/02, máis outros 150,25 euros na mesma conta e en ingreso separado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

En Santander, nove de maio de dous mil tres.

Advírtese ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia ou cando se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado