Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona o inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Prado Grupo Alimentario, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas

e da orde social, relaciónase: inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economia e Facenda de Vigo, en aplicación dos artigos 35, 110 e 142 da Lei xeral tributaria, e do 36 do Regulamento xeral de inspección tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 8 de maio de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Prado Grupo Alimentario, S.L.

NIF: B-36863157.

Lg. Cruz do Morto, Prado-Morgadáns, Gondomar.

Procedemento: imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 2000.

Número de protocolo: 1106.

Data protocolo: 16-3-2000.