Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx. 7.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (140/2003).

Misael León Noriega, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fago saber que no procedemento da demanda 140/2003 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias, contra a empresa O. y C. Compostela, S.L., sobre ordinario, se dictou o día 5 de maio de 2003 a sentencia que na parte dispositiva, copiada no seu teor literal, di:

«Decido que estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias contra a empresa O. y C. Compostela, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á fundación demandante a cantidade de 5.534,29 euros (cinco mil quiñentos trinta e catro euros con vintenove céntimos).

Notifíquese esta sentencia ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentencia, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ó recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá desposita-la cantidade de 150,25 euros na conta aberta no Banco Banesto sito na r/ Marqués de Santa Cruz de Oviedo a nome deste xulgado co número 3359000065014003, acreditando mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentencia ó pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta na dita entidade

bancaria a nome deste xulgado, co número anteriormente indicado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga consta-la responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ó momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Cristina García Fernández, rubricado e selado».

E para que sirva de notificación en legal forma a O. e C. Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Oviedo, 5 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado