Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 11 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(627/2001). 7.596

CÉDULA de notificación de sentencia

(166/2003). Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 166/2003 por instancia de María del Carman Liñares Golán, contra Quelrus, S.L., sobre despedimento, nos que se dictou sentencia en data 22 de abril de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por María del Carmen Liñares Golán, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Quelrus, S.L. á súa escolla, a efectuar no prazo de cinco días, ou readmitila no seu posto e condicións de traballo ou indemnizala coa cantidade de 13.214,30 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios para o suposto de readmisión a cantidade de 2.237,91 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0166.03 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido o recurso a trámite e ficará firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante la substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que prefira facer uso de tal pagamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Quelrus, S.L., expido e asino a presente na Coruña o 7 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado